sábado, 10 de marzo de 2007

** De anuncios, rivalidades deportivas e días D

Dicir 10 de marzo é dicir F.C.Barcelona -R.Madrid. E diso encargouse de deixalo claro La Sexta, a canle de televisión que vai a retransmitir o partido dos partidos de fútbol en España. Aínda me lembro cando esta televisión anunciaba o encontro afirmando, cal pesado lembrando a diario que antes ou despois vas morrer, "Faltan 100 días". E é que cada día metían a cuña do anuncio restándolle un día. E ese día xa chegou...
Pero unha cousa é que fosen pesados cos anuncios. Incluso a min que me encanta o fútbol pero pareceu que se pasaron anunciando o esperado choque.... Pero aínda máis se pasaron hai un par de semanas cando emitiron dous anuncios moi polémicos....Ve-lo Artigo completo.... Un non o lembro, o outro amosaba unha imaxe dun home que se estaba bañando, resbala, cae e mátase, resucitando -si moi surrealista, pero resucitando- porque non podía perderse o gran partido, tal e como rezaba a voz en off da promo (publicidade dun espacio a emitir na mesma cadea). Creo que se pasaron bastante con ese anuncio e co outro que non lembro agora cómo era, pero que incluso o retiraron antes...

Son do Barcelona. Non sei se gañaremos ou non hoxe. Agardo que si. Do que non cabe dúbida é de que para os que amamos o fútbol, perderse este enfrontamento deportivo é como renegar do teu nome.

Ó mediodía escoiten unhas declaracións dos presidentes de ambos clubs de fútbol e daba gusto oílos. Moi deportivos os dous. Loxicamente os dous queren que gañen os seus respectivos equipos, pero gardando as formas e a educación, algo que parece moi sinxelo. Non obstante no fútbol a lóxica -como na vida mesma- non sempre é lóxica. E senón mirade o que paso no partido de Copa do Rei entre os equipos sevillanos do Sevilla e do Betis: as semanas anteriorees a disputa do partido os presidente parecían críos pequenos insultándose e incitando indirectamente á violencia. Unha violencia que chegou no partido en forma de botellazo que tirou o adestrador do Sevilla ó chan e que motivou a suspensión do encontro. ¿A onde imos se nin os presidentes deste dous equipos non dan exemplo de deportividade?

E triste que un simple partido de fútbol libere tanto odio, rencor e enemistade. Se do que se trata é de tentar gañar, que a todos nos guste, pero se perde, aínda que nos fastidie, perdeu. Outras veces gañará. Sería aburrido gañar sempre.

Ata non se disfrutaría igual cos vaciles se o que gañara fose sempre o mesmo. Hai que saber gañar e hai que saber perder. Tampouco entendín nunca porque se odian a matar equipos dunha mesma cidade, provincia ou rexión. Véxase Celta-Deportivo ou Sevilla-Betis, entre outros. Canto máis cercanos peor se levan, por norma xeral...

So me resta dicir que ogallá lle gañe o F.C.Barcelona hoxe - o tan agardao día D - ó Real Madrid no estadio do Nou Camp. Se finalamente non é así, pois que lle imos facer... Doerá, claro que doerá, pero a vida non se acaba aí, non. Por sorte.

O meu prognóstico é F.C. Barcelona 3 - Real Madrid 1
Carpe Diem e Visca o Barça!!!

--------------------------------------------------------------------
PARTIDO: F.C.Barcelona - R.Madrid
LUGAR: Estadio do Nou Camp (Barecelona)
HORA: 22:00 HORAS
--------------------------------------------------------------------




ARTIGO DE: Julio
A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

RESULTADO FINAL:
F.C.BARCELONA 3 -R.MADRID 3