mércores, 23 de maio de 2012

** "Alvariño" non so é un bo viño


SANXENXO. Julio Torres

Hoxe ó ir a moderar os comentarios vexo o da despedida (espero que so temporal) de Alvariño. Xa sabedes que admiro profundamente a Alvariño e coido que non son o único. O que moit@s non saberedes e que xa hai máis de 5 anos que a súa simpatía e a súa particular visión do mundo agromou en forma de artigos escritos por este mago das letras.

En marzo de 2007, uns días antes que un servidor se fose de vacacións a Lisboa, Alvariño meteulle leña, e leña san, desenfadada, divertida e entretida a base das pequenas cousas da vida diaria. É curioso o artigo co que principiou a escribir no blog, aínda me lembro daquela saga...Vaia, 5 anos e case tres meses pasaron xa. Pasou o tempo voando, pois coma sempre, cando se pasa en boa compañía voa.

Acabo de titular o artigo e saiume unha rima non buscada para dalgunha forma expresar que dicir "Alvariño" (sí, xa sei que a bebida se escribe con b) non é so falar dun bo viño, senón tamén dunha magnífica persoa, colaborador e escritor. Claro que, coma o bo viño, cos anos é mellor. E iso, non tódalas persoas o poden dicir.

Os relatos de A Lareira Máxica vanse quedar orfos. Espero que so temporalmente. Certo é que Alvariño ten ben merecido un descanso, que tod@s necesitamos e un servidor xa colleu algunha que outra vez. Gracias Alvariño polas túas colaboracións. Un día triste para o blog. A simpatía de Alvariño vaise en globo nunha tarde de sol. Amargo contraste. Deica pronto!!!

-----
[O blog seguirá, pero agás que aparezan novos colaboradores, a frecuencia vai diminuír notablemente a partir dos vindeiros meses. Non so pola ausencia de Alvariño, senón porque tampouco lle vou poder adicar o tempo necesario nas vindeiras semanas pois nesta vida cómpre priorizar as cousas e o tempo]

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dixo...

Sorpréndeme a noticia, pois si, faltará a túa presencia Alvariño, os teus artigos, espero que sexa cal sexa a razón todo che vaia moi ben, que o calor do sol e a ledica do arco iris te acompañe, en fin, que sexas feliz.
Julio, que che vou decir, as veces hai que priorizar na vida, tes razón, moito ánimo e enerxía positiva.

Hoxe espero non cometer tantos erros coma outras veces, je. Escribo e non repaso....Unha gran despistada ante o teclado. Desculpade.

A todos que sexades moi felices.

Julio Torres dixo...

Sonia gracias polo teu comentario, tranquila que máis fallos comete un servidor escribindo. Iso de escribir con rapidez e non reler as cousas fai que caia en erros.

Gracias, moitas gracias, polas tús verbas sempre cheas de ánimos e enerxia positiva.

Saúdos máxicos. Carpe Diem