** Efemérides. Tal día coma hoxe...21 a 27 de maio
NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao
maio-21 1997 Domingo García Sabell renuncia á presidencia da Real Academia Galega.
maio-21 2000 A Editorial Galaxia (que celebra o seu 50º aniversario) e o Centro Galego de Barcelona reciben os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, respectivamente.
maio-22 1932 Nace en Pol (Lugo) Nicanor Rielo Carballo, etnógrafo e articulista. Foi un crego comprometido na implantación da liturxia en galego.
maio-22 1966 Celso Emilio Ferreiro embarca cara a Venezuela, onde seguiría usando o galego cos seus compatriotas emigrantes.
maio-22 1995 Publícase en Negreira o primeiro número d´O Tambre, integramente en galego.
maio-24 1711 O Ilustrado Padre Sarmiento pronuncia os seus votos de ingreso, lonxe de Galicia e do seu idioma da infancia, na orde beneditina.
maio-24 1984 Constitúese a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, AFNL.
maio-25 1891 Os restos de Rosalía de Castro son trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres de Santiago.
É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario