** 17 de Maio. Día das Letras Galegas. ¡¡Viva o galego!!
SANXENXO. Julio Torres
Hoxe é o Día das Letras Galegas. Este ano adícase ó pontevedrés Valentín Paz Andrade. Coma tódolos días adicados á algo -ou a alguén coma no caso das Letras Galegas-, a data é simbólica. E como todas elas, de nada vale adicarlle un día a algo se os 364 ou 365 días restantes se mira para outro lado. E co galego pasa o mesmo. Faime gracia escoitar a "persoeiros" que no día de hoxe se lles enche a boca para defender o galego pero o resto do ano apostan máis por outros idiomas e so usan o galego cando lles convén. Fina hipocresía. Din defender algo que non aprecian. Mesmo falan máis en inglés que en galego. Así non é de estrañar que na TVG poñan películas so en inglés sen subtítulos en galego. Non sei, se a TVG non cumpre co seu cometido de divulgar a lingua galega ¿para que servirá a TVG?
Non me parece mal que se falen outros idiomas. Eu mesmo uso o castelán de vez en cando no blog, a pesar de que habitualmente fale en galego (castrapo, pero galego ó fin e ó cabo) e non me importa que se eu falo en galego a persoa coa que falo utilice o castellano.
Con todo, debería apostarse moito máis polo galego e non ceñirse a un so día. Fanme "gracia" os medios de comunicación, políticos e demais que so se acordan e ensalzan o galego so os días 17 de maio, incluso usando ese día so o galego. Non se pode destilar tanta hipocresía xunta. Non se pode ser bo so un día ó ano e o resto comportarse mal...
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Breve, porque xa escribén e borrouse todo, qué rabia da...
O mundo está cheo de incoherencia e hipocresias, pero sen embargo penso que o día 17, ten un significado importante, resaltar aquelas persoas que loitaron por Galicia, polo idioma. A xenta galega que o sinte de corazón o merece. O galego é aquel que sae do pobo, da xente, do corazón, non da Real Academía Galega.
Tamén quero facer unha especial mención a todos os galegos emigrantes, que sempre sentiron a Galicia no seu corazón e así llo transmitiron a fillos e netos, ese é o verdadeiro galego.
O galego da alma, do corazón...Je, ironías da vida, o di unha que no é galego-falante...Pero admiro a quen fala de corazón.
Pregamos a difusión desta ligazón:
http://exvoz.canalblog.com/
Saúdos.
Sonia, estou de acordo contigo, coñezo xente que ainda que non é galego falante xa que seus pais lles ensinaron o castelán, ou ben falan o castelán xa que era a lingua na que se comunicaban a maioría dos seus compañeiros, pero que, sen embargo, lles gusta ser galegos, a súa cultura e a súa lingua, e que incluso a aprenderon. Teño un gran amigo de instituto que era castelán falante na casa e cos compañeiros e comezou a falar o galego no inatituto con nós os galegos falantes, e coma tí, que o escribes no blog. Gracias por mostrar o teu respeto a lingua galega, e mantela viva. Saúdos!
Publicar un comentario