** Saboreando: Milanesa de polo con crema de porros
SANXENXO. Mary Camiña
Esta receita tráeme un especial recordo dos meus anos como estudiante universitaria en Vigo, compartía piso con tres compañeiras, e con dúas delas compartía tamén receitas. Non sei cal delas, Susana ou Diana, ma pasou, pero sí sei que aprendín moitísimo de cociña neses dous anos que compartimos piso.
Teño que decir tamén que ésta non é a receita orixinal, cambieille algúns dos ingredientes, sobre todo por mor do intestino, que cando se pon tonto é único.
Tamén quero deixar constancia, que ainda que a receita orixinal se fai con peituga de polo fileteados, podemos usar calquera outra ave de corral, digamos, por exemplo, pato, galo , pavo..., xa me entendedes, non sí?
Adícolle a receita a tódolos lector@s de "A Lareira Máxica" aos seus colaborador@s, aos seus administrador@s e, especialmente, a tódal@s nen@s que nalgún momento da súa vida foron atacad@s por algunha ave de corral, para que así teñan a oportunidade de obter " vinganza" na mesa...
Esta receita vouna dar sen cantidades fixas, só mediante proporcións, así, cada quen pode axeitala á cantidade de comensais que teña. por outra banda, é recomendable que tódolos ingredientes sexan da nosa zona, pois teñen un saborciño único; eu teño a gran sorte de contar dunha pequena horta que fai as ledicicias do noso paladar...., ummm, inigualable. Os que non teñades esa sorte, sabedes que hoxe en día nas prazas de abastos e algúns supermercados teñen unhas verduriñas e carnes fresquiñas que quitan o sentido... E senón, sempre queda, para os que poidan, ir á aldea, ...
Para comenzar, poñeremos en adobo as peitugas de ave filateadas con allo, sal e perixel, se non temos perixel podemos sustituilo por orégano, que ademáis é bo para os resfriados...
Preparamos a crema de allo-porros (como dín os galegistas, pois na miña casa sempre se chamaron puerros...). Para preparar a crema necesitamos: a mesma cantidade, en volumen, de puerros que de cebola; sal, aceite de oliva, pimienta, e nata líquida para cociñar ( a receita orixinal utiliza iogur natural, pero ao meu intestino antóllaselle un tanto ácido e non o tolera, recomendo a nata porque fai que a crema sexa máis cremosa; eu fagoa con leite desnatado que é o único que de momento tolero ben e ademáis axuda a que este prato teña menos calorías, o resultado é algo menos cremoso pero cáseque igual de rico).
Nunha sartén, (tamén vale un cazo), poñemos o aceite necesario para pochar a cebola e os puerros, máis vale que poñamos de menos que de máis, xa que os dous ingredientes soltan o seu propio líquido, salamos ao gusto e engadimos un pouquiño de pimienta ( da que prefirades). Cando xa está pochada, poñemos todo no vaso da batidora, ou ben no mesmo cazo, e pasámoslle a batidora engadindo a nata pouco a pouco hasta obter unha crema suave e homoxénea, nin moi líquida nen moi espesa, coa consistencia dunha natilla. Reservamos a crema.
Pasamos a preparar as milanesas de ave nunha sartén con aceite quente. Para os que nunca fixeron milanesas, e para os demáis tamén, coidado co aceite que cando está quente queima e moito, e produce unhas queimaduras moi dolorosas e malas de curar. Tamén podemos usar en vez de milanesas, os filetes á prancha, non é tan rico, pero é unha boa opción para as persoas ás que nos preocupa os excesos, ben por problemas de saúde ou por seguimento dalgunha dieta en especial...
Pasamos os filetes polo ovo, despois polo pan rallado e á sartén. Hai quen pasa primeiro o filete por fariña, despois polo ovo e finalmente polo pan rallado, persoalmente as milanesas non me gustan tan "empanadas", supoño que será cuestión de gustos..., deixovolo á vosa elección. Preparamos un prato cunha servilleta de papel e poñemos as milanesas xa feitas enriba, así absorberanos o exceso de aceite. Mentras facemos as milanesas, poñemos a quentar o forno a 250 ºC.
A continuación, collemos unha fonte para forno, poñemos unha capa de crema, unha capa de milanesas e volvemos a cubrir con crema. Metemos no forno e gratinamos.
A estas suculentas milanesas acáelle ben un acompañamento de arroz en branco e unha ensalada, e comelas quentiñas.
Ainda que parece unha receita complicada, non o é en absoluto, dá máis pereza ler a receita que facelo, ademáis, o olorciño que desprende a crema cando se está gratinando é...ummm, sensacional.
Espero que vos guste e ...Bo proveito!!!
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Moi apetitosa! Eu adoito facer peituga á prancha con arroz en blanco e ensalada. Non está tan rico coma a tua proposta pero teño tendencia a engordar.
Alvariño, iso non me vale, tamén o bizcoito engorda e se come, jajaja. De feito, cambiei moitos dos ingredientes, o que fai que este prato sexa máis hipocalórico que o orixinal, e foi aceptado pola miña endocrina como axeitado para dieta hipocalórica, así que anímate a provalo. Peitugas á prancha, e a crema feita con leite desnatado, puerros, allo e cebola, e un chisquiño de sal. Xa me dirás a mín onde están as calorías. E así, de paso, variamos un pouco. Un saúdo!
Hummm ten unha pinta exquisita. Tomo boa nota.
Mui boa receta Mary. Probareina. A crema de porros vaille dar outra substancia coido que saborosa
Mary, levas razón. Ademais de tendencia a engordar, dicir que me da unha pereza tremenda a cociña "elaborada". Sonche unha simple, cada vez máis. E que non teño lavaplatos...
Alvariño, non creo que sexas unha simple, simplemente eres práctica. Os pratos elaborados, coma iste, só os cociño moi de vez en cando, ainda que recoñezo que me encanta cociñar, e mezclar sabores e texturas, cambiar receitas e inventar. Digamos que disfruto coma unha nena na cociña, é o meu templo, unha forma máis de reflexar a miña creatividade, en vez de cores utilizo ingredientes, en vez dun lenzo, pratos, en vez dunha sala de exposición, a mesa dos meus comensais... Para mín cociñar é bastante relaxante se embargo, sei que para moita xente é agobiante, así que, repito, non creo que sexas unha simple, só práctica...
Un saúdo a tod@s!!!
Publicar un comentario