luns, 7 de maio de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...7 a 13 de maio


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao



maio-07 1921 Nace en Logrosa (Negreira) Xesús García Calvo (1921-2011), rexistrador da propiedade, teórico e dirixente do cooperativismo galego, fundador e presidente de Feiraco.
maio-07 1955 Fúndase a Casa de Galicia de São Paulo (Brasil).


maio-09 1955 Falece en Compostela o escritor eumés Antonio Couceiro Freijomil, autor dos tres volumes do tan importante Diccionario bio-bibliográfico de escritores gallegos.
maio-09 1967 O cantautor catalán Raimon deu un recital en catalán no estadio da residencia de estudantes de Santiago. Este concerto está considerado o punto de arrinque da chamada Nova Canción Galega.
maio-09 1986 Morre na súa cidade de Lugo Ánxel Fole, autor que destacou por darlles ós contos nun galego popular e dialectal carácter de cultos.
maio-09 2007 No teatro Colón da Coruña celebrouse a gala dos Premios Mestre Mateo 2006, promovidos pola Academia Audiovisual Galega para fomentar a nosa produción audiovisual.


maio-10 1876 Nace en San Clodio (Leiro-Ourense) Samuel Eiján Lorenzo, frade franciscano que cultivou estudos e poesía en galego.
maio-10 1885 Primeiro número do semanario Galicia, de Ciencias, Literatura e Arte, editado en Ferrol e integramente en idioma galego.
maio-10 1908 Aires da miña terra tamén é unha revista semanal que nace en Bos Aires nesta data.
maio-10 1909 Aparece na Habana Airiños d'a miña terra, revista bilingüe, pero que ten unha importante presenza do galego nas súas páxinas e que se declara «consagrada á propagación da literatura galega».
maio-10 1968 Nace formalmente en Compostela o grupo de cantautores Voces Ceibes, que tiña como un dos seus obxectivos esenciais o de utilizar a música como vehículo para revalorizar o idioma galego.
maio-10 1970 Inauguración do edificio da fábrica de Sargadelos, que pon en valor a lingua galega no mundo da empresa. Na iniciativa están nomes coma os de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.
maio-10 1973 Celso Emilio Ferreiro chega a España, de regreso da súa estadía venezolana, onde, a pesar de compartiren o idioma propio de Galicia, non se entendeu cos dirixentes da Irmandade de emigrantes galegos en Caracas.


maio-11 1828 Nicomedes Pastor Díaz publica o poema «A alborada», peza do Prerrexurdimento.


maio-12 1996 Celébrase en Compostela a I Carreira Popular en defensa da lingua galega.


maio-13 1985 Falece en Ourense o profesor e escritor Alberto Vilanova Rodríguez, autor, entre outros dos dous volumes intitulados Los gallegos en la Argentina (1966).


É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).


20 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dixo...

Vou facer un comentario polémico. Seino, pero tamén sabedes vos que me gusta máis a polémica que a un neno un caramelo.
E é que, francamente Julio, non entendo porque publicas este tipo de "artigos". Na miña opinión non son máis que publicidade encuberta por moito que se presenten como "vitaminas" para o galego. Vitaminas para o galego son os artigos ou comentarios na nosa lingua que facemos todos nos. Non esto que estes señores se ofrecen a publicar nun blog que estou case segura que nin se molestan en ler. A vista está que non vexo ningún tipo de comentario deles a outrs artigos etc. Dubido sequera que visiten o blog. Por tanto, non me gusta. Non me gusat nada. Este tipo de cousas podemolas ler, se estamos interesados, en moitos outros lugarese páxinas, sen necesidade de que atoparnolas tamén aquí. E que me resulta ata molesto abrir a páxina coa esperanza de atopar algo novo e ver que está iso aí colgado. Sinto moito, en serio. Paréceme que todo o que sirva para vitaminizar a nosa lingua é bo. Pero non creo que sexa este o lugar. NOn dis que non admites comentarios de índole política. Pois porque admites isto? Se vas/ imos facer publicidade, polo menos que che paguen por ilo.

Mary C.V. dixo...

Bos días, sorprendeume moitísimo o teu comentario María. Teño entendido que este blog está pensado, e rectificádeme se me equivoco, para que se publique todo tipo de cousas que poidan ser de interese.
Por outra banda, non sei onde ves a publicidade e/ou a relación posible ou semellanza, chámalle como queiras, cos comentarios de índole político????, máis ben eu creo que te refires a publicidade de índole política, propaganda electoral, etc...
Sinto moito que non che guste este tipo de cousas pero eu encóntroas moi culturais. Qué lle queres, déboche ser un "bicho" raro.
Ademáis sempre temos a opción de non lelo se non nos apetece. Ninguén te obliga a lelo, e cando abres a páxina e te encontras con isto con coller e cerrala xa está, é o que fago eu cando non me apetece ler algo, pero non por iso vou pretender que aos que sí lles interesa se queden sen poder lelo. Para iso fas un blog propio, ao teu xeito e co contido que tí queiras.
Sinto ser tan dura,e que conste que o digo sen ánimo de ofender a ninguén, pero é que non me gusta nada a xente que só quere que se publique o que a eles lles gusta sen ter en consideración de que hai persoas ás que sí lles pode interesar, gustar ou incluso apetecer, nun momento dado, botarlle unha ollada.
Un saúdo a tod@s.

Julio Torres dixo...

Estimada María. Antes de nada, alégranme moito que nos deixes comentarios no blog, estea nou non dacordo. Boto en falta algún artigo teu, sexa que rabia ou o que sexa. Debo dicir para os que non seguides o blog desde os inicios, que María foi a primeira colaboradora en publicar un artigo propio no blog. A primeira en deixar un comentario foi Romy.

Sobre o que dis, respeto o que dis, pero como ben di Mary, non nos ten porque gusta todo o que se publica no blog. O que busco é que haxa variedade de temas e colaboradores, para facelo máis rico. Evidentemente na variedade está o gusto. Da mesma maneira que respeto que haxa xente que non lles gusta o que non comenta artigos meus polo que sexa, tamén creo que se deben de respetar o do resto dos colaboradores. Unha cousa e que non gusten e non facer comentarios e outra ben distinta é dicir que preferirías non velos publicado. Creo que hai que ser respetuoso co que outras persoas publican, aínda que non nos guste. A solución é sinxela: non lelos ou non facer comentarios.

Doutra parte, se non che gustan, anímote a que nos envíes os teus. Asegúroche que estou desexando recibir cousas túas para publicar. E asegúroche que gústame ou non, ei de publicar o que me mandes. Seguramente, se ti me mandas un artigo teu, e alguén pon un comentario no que di que non che gustan os teus artigos e que preferiría que non se publicase no blog non che iba a gustar, e terías toda a razón.

O das efemérides foi unha idea de Amancio Liñares, o cal teño o gusto de coñecer pois foi profesor meu de Lingua e Literatura de Galicia. E máis propúxenlle publicalos no blog. Non se trata de ningunha ideoloxía política senón de dar cabida a efemérides relacionadas con Galicia.
Estou contigo en que hai outras páxinas nas que se fala de efemérides, aínda que centradas en Galicia non tantas, e que o ideal sería ter máis artigos feitos en galego.


Sobre o último desde hai bastante tempo propúxenme abrir o blog ó castelán aínda que sexa un galegofalante pois tamén entendo que hai xente de fóra de Galicia (moita) que no sigue, e porque tamén de vez en cando me apetece escribir algo en castelán.

A temática política é certo que ata hai uns meses non tiña cabida no blog, pero finalmente decidín permitila en tanto en canto garde relación con temas de actualidade e non sexa un debate meramente político e que vexa que non é algo abusivo ou no que se falte ó respeto. Unha cousa é abrir ó blog a temática política e outra convertilo nun blog político, que para iso hai outros blogs.

E remato como empecei: procuro, dentro das miñas posibilidades e a dos colaboradores/as que haxa variedade de temas e colaboradores. Se algo non gusta, entendo que non guste pois non pode gustar todo. É lóxico e normal. Non se pode pretender que non se publique o que non guste. Hai que ser tolerante. Pódese non estar dacordo co que aquí se publica, pero entendo que debe respetarse.

Na vida hai moitas cousas coas que non estamos dacordo ou que non nos gustan, ou mesmo que nos defraudan pois esperabamos máis de algo ou de alguén. E isto traéme á memoria unha conversa cunha excelente amiga na que falabamos das redes sociais e de que ás veces nos levamos decepcións cando enviamos invitacións de amizade que non son correspondidas. Como di un servidor: as redes sociais máis que para saber quen son amig@s de verdade sirven para coñecer os que, ó noso pesar, non o son, porque eles non o desexan. Unha pena, pero hai que aceptalo, non queda outra. Non por iso, lles vou deixar de falar ou saludar.


O dito María: AGARDO CON IMPACIENCIA TANTO COMENTARIOS, COMO ARTIGOS TEUS. TEN POR SEGURO QUE SEXA O QUE SEXA, E DIGA O QUE DIGAN OUTROS LECTORES, VOUCHE A PUBLICAR O QUE TI NOS ENVÍES.

Gracias por ser seguidora do blog propiamente dito

Patricia Loureiro dixo...

Gostaríame que o Xulio so puñera artigos en galego no blogue, máis entendo que non todas e todos son do mesmo pensar. O respeto ñevos mui importante i comprensíbel na sociedade. E coma o Xulio boto en falla artigos da María.

María dixo...

Vai ser que me explico fatal. Non dixen, creo, en ningures que tras este tipo de artigos en concreto houbese unha ideoloxía ou propaganda política. Non detrás deste en concreto polo menos.
E claro que non os leo. Faltaría máis que, porque sexa seguidora do blog, teña que ler todo. Claro, o que non me gusta, non o sigo lendo. Coma todos. Pero agora decídeme vos, ti les iso Mary CV? Precisas vir aquí ler iso para saber ese tipo de cousas? Que si, que xa sei que todos lemos moitas cousas que xa sabemos e nos as lemos con intención de aprender algo novo. Pero coño, que isto non é un artigo propio, pensado específicamente para A Lareira como parto da base que si son o resto das cousas que se publican aquí. Isto son iso, Vitaminas para o Galego, e parto tamén da base de que todos os que estamos aquí sabemos o que iso é. Digo eu, vaia.
Igual que , polo xeral, me encantan os artigos de Alvariño e penso que é do mellor que se publica aquí e o decimos. Tod@s, non so eu. E senón basta con mirar os comentarios que soen ter os seus artigos e os que teñen outros. Cantos comentarios suscitan as vitaminas estas das que estamos a falar? Creo que iso é o maior indicativo do que gusta ou non, ou do que se lee ou non por aqui. Pois do mesmo xeito que decimos/digo iso, que os artigos de Alvariño me gustan, pois digo que os destes señores non me gustan. Para gustos, cores. E faltaría máis ca que tiveran que quitarse do blog so pq a unha única lectora non lle gustan. Non se supón tamén que o blog está pensado para que os lectores opinemos? Pois iso.
PD: en canto o comentario de Mary CV sobre que se non nos gusta algo do que lemos ou se publica aquí, nos montemos o noso propio blog persoal, que se diga iso nun sitio que está pensado para a participación pois ......... Iso é como se un escritor recibe unha crítica da súa novela e lle di o lector, que encima tivo o detalle de mercar e ler a súa novela, que se non lle gusta, lea a outro. Un pouquiño de por favor, non?
Saúdos cordiais para todos, je je.

María dixo...

Julio: o das redes sociais si que é un debate do que xa se ten falado moito aquí, pero sobre o que creo que se podería falar aínda máis. Alguén podería escribir un artigo/debate sobre iso. Na miña opinión, as redes sociais so son un caixón desastre no que todo ten cabida. Pero como di un grupo que se move por aí, "se non me saúdas na rúa, para que me agregas aquí?" ou algo así. A min fanme gracia os adolescentes que publican parte da súa vida privada e íntima nos muros e logo agregan a xente sen ton nin son. Esta mesma semana lin varios artigos sobre o tema. Sabíades, ou saberán, os que fan iso, que as redes sociais son cada vez máis usadas polos empresarios á hora de contratar os seus empregados. Que os encargados de admitir ou non os alunos nas universidades americanas primeiro botan un vistazo as redes sociais?

Julio Torres dixo...

María: relee o teu primeiro comentario de novo e verás que o que insinúas (ou dices?) é que porqué publico este tipo de artigos...

Por certo, na páxina do blog no face (non non blog propiamente dito que é éste) o propio Amancio sube as efemérides, se ben aquí facémolo Patricia e máis eu.

Canto ó dos comentarios, poderíamos falar largo e tendido pero pódoche asegurar que hai artigos moi currados que ou non tiveron comentarios ou tiveron moi poucos. Os comentarios non son indicativo da calidade dos artigos.

Doutro lado, ó colgar os artigos do blog tamén no meu muro persoal do facebook e no muro da páxina do blog, hai persoas que xa os comentan alí e non aquí.

Sobre o do facebook dicirche que sobre el xa falei tempo atrás, e sí levas razón non que dis do grupo ese do face. Pero xa non so na rúa pasa iso, mesmo en internet: hai xente que conta a súa vida ou pide axuda pero logo non te coñece nin na rúa nin no propio facebook...


Mariiña, please, deleitanos cos teus artigos!!!! A ver se antes de que acabe o mes nos das unha alegría a máis de un que nos gusta lerte!!!

María dixo...

Calidade non é o mesmo que diversión. Claro que hai artigos moi coidados e traballados, pero se non gustan, non gustan.

Patricia Loureiro dixo...

Vaites, cuido que se trabucan as cousas. Os comentarios non quer dicer nin que os artigos sexan bós nin que gosten máis nin que sexan divertidos (¿e ló non se poden tratar temas que non sexan divertidos?). Algunhos son máis pra ler que pra comentar ou estou dacordo con eles i xa non escribo ou soio non teño ganas de comenta-los. Góstanme muitos dos pubricados mais nembargantes mui poucos comento ou escribo. Non ocorre somentes en A Lareira Máxica, ocorre noutros blogues i tampouco quer dicer nada. Góstanme as efemérides mais non vos é algo que sexa pra comentares pois ¿que dicer?
Na tolerancia agóchase o respeto, na variedade o gusto. E pra gusto cores.
Certamente hai quen gosta máis da polémica que un sugus, ¡co dóce que son! ¡O gran hermano fai desfeitas!

Patricia Loureiro dixo...

Engadires que non tódolos artigos pubricados no blogue son própios, hainos alleos remitidos por colaboradores/as ou pubricados por min ou o Xulio.

María dixo...

Eu pensaba que os blogs se nutrian en gran medida dos comentarios da xente que os le. Tede en conta que este é un blog "colectivo" pero a maioría dos blogs son escritos por unha soa persoa, e se non hai comentarios .......... non vexo que teña demasiado sentido entón o blog en si. Pero seica estou equivocada.

Julio Torres dixo...

Un blog nútrese dos comentarios, sí, pero se é COLECTIVO (sen comillas) como A Lareira Máxica tamén das aportacións d@s colaboradores/as. E cant@s máis mellor que mellor pois hai máis variedade de temas, opinións e de persoas. Así que anímate Maríiña e envíanos tamén os teus que xa hai tempo que non temos o pracer de lerte. E non valen excusas que pódese falar de calquera tema, e non será por temas.

Mary C.V. dixo...

María, eu non sei de onde quitas ás cousas, ¿onde dixen eu que "se non nos gusta algo do que lemos ou se publica aquí, nos montemos o noso propio blog persoal"? Non me gusta que se saquen os meus comentarios de contexto, iso sóenno facer os políticos e manipuladores e quero pensar que foi un malentendido pola túa parte, ao ler o meu comentario. Trascribo o que eu dixen:"Ninguén te obliga a lelo, e cando abres a páxina e te encontras con isto con coller e cerrala xa está, é o que fago eu cando non me apetece ler algo, pero non por iso vou pretender que aos que sí lles interesa se queden sen poder lelo. Para iso fas un blog propio, ao teu xeito e co contido que tí queiras".
Por certo, eu sí leo as Efemérides; máis por curiosidade cultural que por necesidade, pero sí me gustan. E respeto que a tí non che gusten, "para gustos píntanse cores".
Por outra banda, estou completamente de acordo con Julio e compañía ao opinar que nun blog cánta máis variedade temática exista, mellor. Porque na variedade refléxase o respeto hacia os gustos e opinións alleas.
Ainda que son reltivamente nova neste blog, de vez en cando leo artigos anteriores, e coido que realmente é unha pena que non nos deleites con unha das túas creacións literarias, María.
Un saúdo a tod@s!.

María dixo...

Pois creo que é evidente o porqué non o fago, Mary C.V.

- "se non nos gusta algo do que lemos ou se publica aquí, nos montemos o noso propio blog persoal"?

-Ninguén te obliga a lelo, e cando abres a páxina e te encontras con isto con coller e cerrala xa está, é o que fago eu cando non me apetece ler algo, pero non por iso vou pretender que aos que sí lles interesa se queden sen poder lelo. Para iso fas un blog propio, ao teu xeito e co contido que tí queiras".

Leo e releo, mais sigo interpretando o mesmo. Igual é que debería cambiar de profesión tamén.

Finalmente, a mellor opción vai ser seguir o teu consello Mary, e "facer o meu blog propio, ó meu xeito" onde poderedes lerme os que tanto me pedides algún artigo novo.

Julio Torres dixo...

["Vou facer un comentario polémico. Seino, pero tamén sabedes vos que me gusta máis a polémica que a un neno un caramelo. E é que, francamente Julio, non entendo porque publicas este tipo de "artigos"]

Imos ver: non entendo nada. Dixen de sempre, que a min gústame ter cantos máis colaboradores/as mellor e que a xente tamén comente os artigos, sexan de quen sexan.
Evidentemente se non se queren comentar, pois non se comentan. E pódese comentar, dentro do respeto, o que se queira: positivo ou negativo. Os comentarios non teñen que ser necesariamente para dicir que ben todo.

O que non me aparece nada acertado é dicir que non debería publicar a según qué cousas. Iso coido que non é xusto nin respetuoso para os que envían cousas para publicar ó blog.
Asegúrovos que me encantan recibir cousas para publicar e que a xente tamén faga comentarios.

Trátase de que sexa algo variado, que non é nada doado cando un tampouco dispón tempo para adicarlle o blog como quixera.

Hai xente que lle gusta máis o humor, outra a música, outra temas de actualidade, ou que rabias, ou os relatos, frases máxicas, deportes, e así un longo etc.


Sei que hai seccións que gustan máis e seccións que gustan menos, pois recibo comentarios no mail, na páxina de A Lareira Máxica no face, etc. Pero iso é normal. Nunca chove a gusto de tod@s.

María: sempre dixen que botaba en falta os teus artigos e comentarios. E non fun o único. Non o digo agora, díxeno sempre. Pero tampouco me parecería correcto que alguén me dixese porqué publico cousas túas e que non debería pois non lle gusta.

Saúdos a tod@s e que haxa paz, que este blog naceu para ser un lugar no que cada un poderá publicar o que desexase, loxicamente seguindo unhas normas mínimas de respeto e identificación, como xa sabedes.

Alvariño dixo...

A min tampouco me gustan as Vitaminas para o galego. Como non son do meu agrado, paso de largo e xa está. Creo que o creador deste blog ten todo dereito para elexir os contidos que se publican nel.
En canto ós meus artigos, (grazas María pola túa mención), direivos que agora estou a escribir un tipo de relatos moito máis íntimos, máis persoais. Algo así coma un caleidoscopio de vivencias. Son relatos que escribo para min, por si algún día enfermo de Alzheimer.
E con esto quero dicir, que a miña colaboración neste blog está chegando ó seu fin. Teño unha enorme sensación de fin de etapa. Levo por aquí unha longa temporada e eu sempre fun un ser errante.

Julio Torres dixo...

Alvariño: estasme dando unha moi mala noticia, a pesar de que poida entender os teus motivos. Ougallá reconsideres a túa postura pois A Lareira Máxica sen Alvariño non sería o mesmo e botaríase MOI MOI EN FALTA pois a maxia da Lareira non será a mesma sen os teus magníficos relatos e os teus comentarios tan auténticos e inconfundibles.

En fin hai etapas, enténdoo, un servidor mesmo se prantexa cada certo tempo se vale a pena seguir co blog ou non. O día menos pensado ó mellor quen sabe... Polo de agora non é o caso, pero xa tiven tentacións como ben sabedes os habituais do blog. A última hai case agora un ano. O tempo e outras prioridades, así como a falta de colaboradores e/ou comentaristas tamén inflúen.

Insisto que polo de agora non está entre as miñas intencións pechar o blog, pero como todo nesta vida, algún día ocurrirá e seguramente sexa o menos pensado. Espero que tarde moito, pero non so depende de un.

Mary C.V. dixo...

María, non sei cal é a túa profesión nin, sinceramente, é algo me preocupe saber, pero se ten que ver coa compresión lectora, coido que deberías reconsideralo, sen ánimo de ofender, ou simplemente pode que nesta ocasión queiras interpretar o que a tí che apetece e non o que é realmente. Na primeira frase dilo moi claro:"se non che gusta algo do que les fas o teu propio blog", moi respetable a idea, por suposto, pero non é para nada o que dí o meu comentario, traduzcocho:" se non toleras que se escriba nun blog algo que non che gusta e pretendes que por ise motivo non se publique, que a opción é que fagas o teu propio blog". Para mín, o significado é totalmente diferente, agora alá tí e o que queiras interpretar, eres dona e señora dos teus pensamentos e das túas propias interpretacións sexan certas ou non, pero sigo a decirche que non me gusta que se interpreten de forma un tanto "simplista" e sacando de contexto as miñas verbas. Iso é todo e, como creo, ainda que tí poidas pensar que non, que xa está ben claro o que quería decir, non entro máis ao trapo en semellante "pouco oportuna" e "sen sentido" de discusión. Se o que querías decirnos con toda esta trancallada é que vas facelo teu propio blog porque non che gusta o que aquí se escribe, e o respeto que se ten por todo tipo de comentarios e publicacións, procurando sempre e en todo momento non faltarlle o respeto a ninguén, acabáramos... Pero é unha pena que ainda que teñas pensado abrir o teu propio blog deixes de publicar neste, xa que creo que sempre foste ben acollida. Sinto se te fixen sentir incómoda en algunha ocasión, non era nin é a miña intención.
Por outra banda, Alvariño!!!, non te vaias, porfa!!! Vaia panorama nos pintades..., unha marcha, a outra vaise e o outro pensa en cerrar o blog, a vos afectáronvos os raios do cambio da lúa,¿non sí?
Un saúdo a tod@s!!!

Alvariño dixo...

Bueno, eu por agora póñome en off unha temporada, coma se estivese de vacacións, que, por outra parte, tamén me fan boa falta.
Eu non creo ser imprescindible. Este é o blog de Julio Torres, e el quen ten nas súas mans a decisión sobre a continuidade deste proxecto. Eu simplemente pasaba por aquí. Paseino ben un tempo pero todo cansa, non hai que ter medo a recoñecelo.

Mary C.V. dixo...

Alvariño, moitas gracias, polo que a mín respeta, por compartir os teus escritos e comentarios. Respeto a túa retirada e enténdote, necesitamos cambiar e evolucionar. De todas formas, o blog non vai ser o mesmo sen as túas aportacións e, como ben apuntas, seguirá vivo mentras Julio Torres o considere así, esperemos que por bastante tempo, sempre se agradece un sitio onde se poidan reflexar as necesidades literarias e non tan literarias, da xente. Un forte abrazo e ata sempre!!!