** O Obradoiro permanecerá na liga ACB en 2013
SANXENXO. Julio Torres
O Obradoiro conseguiu o seu obxectivo de permanecer na liga A.C.B. de Baloncesto, ou sexa na máxima categoría. Cun moi modesto presuposto e tras gañar a grandes equipos, o conxunto de Santiago de Compostela deulle unha gran alegría a tódolos seus seguidores gañando ó Valencia Básquet por 76 a 72 no Mulitiusos do Sar de Santiago. Selou así a súa permanencia nunha categoría á que regresou esta tempada logo de descender hai dous anos á Liga L.E.B. Ouro (división inmediatametne inferior á A.C.B.)
A aficción -que merece un 10 polo seu apoio- celebrou o triunfo coa canción do grupo galego A Roda "Andar Miudiño", un tema convertido en himno oficioso de equipo. Noraboa pola traballada e merecida permanencia Obra!!!
Canción "Andar Miudiño" de A Roda
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Bravo. Sempre é bo ver que un equipo próximo logra grandes exitos e superase nos seus logros.O dificil destes clubes é aguantar nunha categoría onde os gastos se multiplican. É unha taréa dificil o de lograr mais esponsores que axuden a tirar do clube para arriba. Da pena que ó final si queres estar entre os grandes tes que ter certo poder economico detras.
Publicar un comentario