martes, 1 de maio de 2012

** Xplora chega á TDT


SANXENXO. Julio Torres

Desde hoxe La Sexta 2 chámase Xplora e convértese nun canal de temática documental. Atrás quedarán as repeticións de programas e series xa vista en La Sexta para emitir, entre outros documentais, os producidos pola BBC británica ou por National Geographic. Será por tanto a competencia directa de Discovery Max (anteriormente emitía baixo o nome de La 10 programación convencional), canal especializado na mesma temática.

¿Chegará por fin a cultura á TDT ou so se trata de captar audiencia cando outras fórmulas fallan? Esperemos que os canais documentais se manteñan. Agora xa non so serán algúns programas de La 2 os únicos en emitir documentais, pois tanto Discovery Max coma Xplora son canais que os emitirán as 24 horas. Ougallá a aposta funcione. Mágoa que aínda exista telelixo en forma de Gran Hermano,etc. que da mostra do baixo nivel de audiencia e conformismo que impera na sociedade. Claro que nunca me fiei das medicións das audiencias. ¿Coñecedes a alguén cun medidor de audiencia na t.v.?

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mary C.V. dixo...

Ben!!! Por fin outro canal con documentais. Nunha casa na que hai catro nenos,(dous porque están na idade e os outros dous porque ainda que son adultos seguen a conservar o espírito de neno) e na que non gusta o telelixo é de agradecer outra cadea na que boten algo de proveito. Gracias pola información. De seguro que lle habemos de dar bo uso.
Respeto á pregunta do medidor de audencia, cáseque me parece unha lenda urbana. Nin eu nin ninguén do meu círculo habitual de coñecidos coñece a ninguén que o teña, polo que desconfio do seu sesgo e da súa consistencia e da súa representatividade estadísticamente falando. E por outra banda, nunca, ou cáseque nunca, me vexo reflexada nos resultados que dan dos medidores; se non fose que a maioría da xente que coñezo e coa que teño máis relación tampouco se ven reflexado, íame sentir como un bicho raro, jeje.
Sí,señor, máis cultura e menos telelixo!!!

Un saúdo a tod@s!!! E felicidades a tódalas nais.