** A Lareira Máxica cumpre hoxe 6 anos na blogosfera
SANXENXO. Julio Torres
Coma calquera persoa, os blogs tamén cumpren anos. E xa sabedes que A Lareira Máxica empezou a alumear un 1 de maio de 2006. Tódolos anos por esta data falei dunha chea de cousas, polo que non quixera repetirme moito. Simplemente quero dicir tres cousas:
1- A ilusión que me levou a crear un blog en 2006 sigue tan viva ou máis. Fáltanme moitos temas dos que falar. Gústame escribir e animar a outras persoas que escriban, ou cando menos que opinen do que aquí se fala. Se agora non publico tanto non é porque non teña do qué escribir. ¡¡NON!! É porque outras prioridades reclaman a miña atención. So por iso.
2- É moi grato ver que os artigos que se publican en A Lareira Máxica reciban comentarios, pois animan a seguir escribindo máis artigos e axudan a establece un diálogo de opinións.
3- A Lareira Máxica naceu como un proxecto persoal que pouco despois se abriu a tod@s os que nela quixeran publicar artigos ou propoñer novas seccións. Sen os que escribides no blog, éste non tería vida. Así que quero, un ano máis, darlle as gracias a tódol@s colaboradores/as (os seus nomes aparecen na columna dereita, nas etiquetas de colaboradores/as) e a tódolos comentaristas. Ós que xa estaban e ós que descubriron o blog nos últimos meses. A tod@ MOITÍSIMAS GRACIAS.
[Lembrade que A Lareira Máxica ten páxina no face. O enlace tédelos arriba.]
7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Felicidades!
Que sigas alumeando coa túa lareira moitos anos mais. Saudos a todos os lectores de A Lareira, comentaristas e colaboradores. Aupa A Lareira Máxica
Parabéns!!!
Alvariño, Moucho e María: moitas gracias polas felicitacións e moitas gracias por colaborar no blog.
Aproveito tamén para darlle as gracias a tódalas persoas que a través do face ou doutros medios vos acórdastes do aniversario de A Lareira Máxica. De todo corazón, moitas gracias!!!
Saúdos máxicos e Carpe diem!!!
María: botamos en falta algún artigo teu (que rabia, ou o que sexa). Anímate muller!!!
Tarde, mal e arrastro, je...pero cheguei...Felicidaaaaaaades.
O que loita o consigue.
Ademáis o nome é moi apropiado....A lareira recordame, as xuntanzas ao redor do lume,contando historias, anécdotas,....Percibo alareiramaxica como un lugar de encontro cun ambiente san e agradable. E teño que dicir que fai moito que non me achego por estes lares, fai unhas semanas que voltei a ela. (como o fillo perdido que sempre é ben acollido, je).
Grazas a ti
Gracias Sonia, pero nin tarde, nin mal nin arrastro. Gracias pola felicitación no propio blog!!!
Publicar un comentario