jueves, 26 de abril de 2007

** Atende: se che caen os dentes debes saber...

Nun país moi afastado, ó oriente do gran deserto, vivía un vello Sultán dono dunha inmensa fortuna. O Sultán era un home moi temperamental, ademais de supersticioso. Unha noite soñou que perdera todos os dentes. Inmediatamente logo de espertar, mandou chamar a un dos sabios da súa corte para pedirlle urxentemente que interpretase o seu soño.

- ¡Que desgracia meu Señor! - exclamou o sabio - Cada dente caído representa a perda dun parente da vosa Maxestade.
- ¡Que insolencia! - gritou o Sultán enfurecido - ¿Como te atreves a dicirme semellante cousa? ¡Fora de aquí!


...--->Ve-lo Artigo completo....
Chamou ós seus gardas e ordenoulles que lle desen cen lategazos, por ser un paxaro de mal agoiro. Máis tarde, ordenou que lle trouxesen outro sabio e contoulle o que soñara. Este, logo de escoitar ó Sultán con atención, díxolle:

- Excelso Señor, gran felicidade vos foi reservada. O soño significa que a vosa mercé terá unha longa vida e sobrevivirá a todos os seus parentes. Iluminouse o aspecto do Sultán cun gran sorriso e ordenou que lle desen cen moedas de ouro. Cando saía do Palacio, un dos conselleiros reais díxolle admirado:
- ¡Non é posible! A interpretación que fixo do soño do Sultán é a mesma que a do primeiro sabio. Non entendo por qué ó primeiro castigouno con cen azoutes, mentres que a vos prémiavos con cen moedas de ouro.
- Recorda ben amigo meu -respondeu o segundo sabio- que todo depende da forma en que se din as cousas. A verdade pode compararse cunha pedra preciosa. Se a lanzamos contra o rostro de alguén pode ferir, pero se a metemos nunha delicada embalaxe e a ofrecemos con tenrura certamente será ben aceptada. Non esquezas querido amigo -continuou o sabio- que podes comunicar unha mesma verdade de dúas formas: a pesimista que só recalcará o lado negativo desa verdade; ou a optimista, que saberá atoparlle sempre o lado positivo á mesma verdade.
Di o Libro dos Proverbios: "As palabras do home son augas profundas, río que corre, pozo de sabedoría. Cos seus beizos, o necio métese en líos; coas súas palabras precipitadas búscase bos azoutes. Cada un comerá ata o cansazo do froito das súas palabras. A vida e a morte dependen da lingua; os que falan moito sufrirán as consecuencias".

------------
"Los dientes del Sultán", historia extraída do libro Las Mil y una noches (literatutra árabe)



Historia remitida por: Mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dijo...

Encantoume o relato, sobre todo a mensaxe que transmite.
Claro, todo depende se ves o vaso medio cheo ou medio vacío. Deste modo é coma unha persoa pode transmitir unha mensaxe, en positivo ou en negativo.
Pódes dar unha mensaxe directa ou unha mensaxe un pouco modificada.
Saber coma transmitir certas mensaxe é todo un arte, propio dos bos comunicadores.

Julio Torres dijo...

Excelente relato. Iso lémbrame que os nosos estados de ánimo fan que vexamos as cousas de diferente xeito sen decatarnos. ¿Non vos pasou isto que digo?