luns, 16 de xaneiro de 2012

** Enlaces interesantes de referencias literarias galegas


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut


Vaia para A LAREIRA MÁXICA este pequeno recanto de referencias literarias.Trata especialmente sobre a edición de novidades de libros galegos. Nestas ligazóns que van de seguido non só hai referencias ás publicacións recentes: tamén atoparedes axendas de actos, críticas de obras literarias, convocatorias de certames, novas bibliográficas e biográficas... Velaquí pois esta breve listaxe -non exhaustiva, máis ben só básica- para quen sintades esa curiosidade e teñades paciencia para ir "pinchando" e coñecendo o moito que aquí se nos conta:

-ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES: http://www.editoresgalegos.org/gl/inicio

-ANDEL VIRTUAL: http://www.andelvirtual.com/

-ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA: http://www.aelg.org/

-BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA: http://bvg.udc.es/index.jsp

-CRITICALIA: http://armandorequeixo.blogaliza.org/

-FERVENZAS LITERARIAS: http://www.fervenzasliterarias.com/

-LG3: http://www.culturagalega.org/lg3/

¡TEMOS QUE APOIAR O SECTOR DO LIBRO -NOMEADAMENTE O MUNDO DO LIBRO GALEGO- POR SER UNHA INDUSTRIA CULTURAL ESENCIAL PARA UN PAÍS!

E OS TEMPOS TENSOS QUE VIVIMOS TAMPOUCO SON NADA OPTIMISTAS NIN REPOUSADOS PARA A LECTURA E PARA O MERCADO EDITORIAL.


En fin: lembremos nesta noite ("escura e bretemosa"...) dúas citas dos clásicos:
* "Se preto da biblioteca tendes un xardín xa non vos faltará de nada" (Marco Tulio CICERÓN). 106 a.C.- 43 a.C.. Escritor, orador e político romano.
* "Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luis BORGES). 1899-1986. Escritor arxentino.

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Moitas gracias Amancio por estas referencias. Para tomar boa nota e consultar.

Ougallá se leran máis libros en galego. De tod@s depende!!!

Alvariño dixo...

Pois, eu, na miña modesta opinión, penso que o sector do libro ten que evolucionar. Posiblemente os soportes clásicos estean quedando obsoletos. É máis, ata poida que nun futuro non moi lonxano agromen novas formas de contar. Refírome a unha mistura de poesía, narrativa, deseño gráfico, ilustracións,... En fin, unha visión máis artística, máis ecléctica, máis sorprendente, máis cautivadora.

Mary Camiña dixo...

Pois eu sonche unha clásica respeto aos libros: os libros son para ler, para imaxinarte as personaxes, as súas voces, as súas expresións, os seus xeitos de andar..., si xa che poñen as ilustracións, o son e demáis xa temos unha película... E cantas veces, despois de ler un libro e ver a súa versión no cine nos decepcionamos..., porque cada quen fai que ese libro sexa diferente según quen o lea e no momento da vida en que o lea.
Por outra banda, confeso que leo o mesmo en galego que en castelán, agora sí, identifícome máis co galego ,incluso cando a que escribe son eu, parace que os sentimentos e as palabras afloran con máis naturalidade e fluidez...

Julio Torres dixo...

Un servidor, polo de agora, non se ve cun libto electrónico na man. O pracer de palpar o papel, é inigualable. Seguramente como moi ben apunta Alvariño todo acabará sendo dixital, pero ós que algún día tivemos entre as nosas mans un libro con follas costaranos.

O das películas e o dos libros, penso igual que Mary. Moi poucas películas respetan o libro orixinal.

Alvariño dixo...

Non só me refería ós libros dixitais. Referíame ás novas maneiras de contar, a unha fusión de xéneros narrativos e a un xeito máis artístico de maquetación. Eu penso que os textos poden complementarse coa ilustración e o deseño gráfico para incrementar o seu valor artístico, para crear "libros-xoia". Non falo de cine, falo de libros cheos de arte. Ás veces é moito máis impactante, máis poderosa, a mensaxe que transmite unha fotografía que o que se conta en 10 folios. Cadaquén ten os seus gustos...

María dixo...

Pois eu teño que confesar que me estou pasando ó libro electrónico. E, como todo, ten as súas vantaxes. Pero é certo que, de momento, será que son novata aínda, imaxino que todo será ir acostumándose, pero de momento, eu digo como Julio, está ben, pero falta algo. Para os lectores empedernidos coma min, a sensación de estar lendo nun libro en papel, a facelo nun electrónico é moi diferente. Non cabe duda, de que ten moitas outras vantaxas como xa dixen antes. Secadra, a máis importante de momento para min, que antes sempre ía cargada á praia, ás veces incluso con 2 ou 3 libros na bolsa, e agora irei moito máis cómoda :P
Por certo, se alguén precisa algún tipo de consello en canto a páxinas onde atopar ebooks, formatos etc, ...... por aquí ando.

O Moucho dixo...

Eu ó igual que Julio, prefíro o papel. Sin embargo opino ó igual que Alvariño que tarde ou cedo, poden ser anos ou algun século, o formato dos libros de papel quedará obsoleto. Acaso os imaxinades que na era de hoxe ainda poideramos publicar en papiro ou en arcilla como na antiguedade... O papel é fabuloso pero co tempo é moi posible que quede obsoleto.