miércoles, 4 de abril de 2007

** O libro de tódolos libros

Fai uns días lía no meu xornal habitual unha recesión literaria sobre un libro que podería ser calificado como “o libro dos libros”. Trátase de “1001 libros que hai que ler. Relatos e historias de tódolos tempos”.

O certo é que o artigo atraíame porque unha das miñas maiores pasións é a lectura. Así que prestei atención e logo informeime máis sobre o libro en cuestión. Sentía unha curiosidade raiando no morboso por ver que libros nos recomendaba aquel señor.

Era de esperar unha lista moi subxectiva. Evidentemente o que para uns pode ser de imprescindible lectura, para outros pode ser unha auténtica basura e ó fin e ó cabo, do que se trata cando un lee un libro é de pasalo ben mentras o les, de entreterte, por encima de que poidas aprender moito, pouco ou nada coa súa lectura. Pero aínda así, varias cousas me chamaron a atención.

...--->Ve-lo Artigo completo....


A primeira de todas, o feito de que entre os máis de 1000 libros recomendados, non apareza ningún de poesía, teatro etc, só narrativa.

Para continuar coa lista de incoherencias, outro aspecto sobresae por encima de tódolos demáis. Os responsables da selección son anglosaxóns, por tanto, como comprenderedes, había que barrer para a casa, e como non, a gran maioría dos autores recomendados son ingleses ou americanos. Co cal, unha servidora podería decír que, ademáis de ser unha gran lectora, é unha boísima seleccionadora de títulos segundo o parecer destes señores, porque lín moitos dos libros que eles recomendan. Claro que o conto ten truco. Moitos de vós non o saberedes, pero outros sí e cando unha é filóloga ten a obriga de coñecer moitas desas obras, se para máis inri a túa especialidade é a inglesa ................ que vos vou contar.

Queredes máis “anécdotas” divertidas? Pois veredes, sorprendeume ver que entre tan distinguidos señores/as estaba o noso Javier Marías co seu “Corazón tan blanco” ou unha obra que no seu momento me encantou: “Como Agua para Chocolate” de Laura Esquivel.

Decía tamén o meu xornal que na lista aparecían 14 obras galegas, algunhas delas “A Colmena” de Cela, varias de Alvaro Cunqueiro e Valle-Inclán (que vale que o autor sexa galego pero tanto como consideralas obras galegas .......... non sei eu, habería moito que dicir), “Un millón de Vacas” de Manolo Rivas, otra de Suso de Toro etc.. Curiosamente non aparecía nin Rosalía de Castro nin, por exemplo, Pondal. En calquera caso, na lista orixinal eu non atopei nin ós últimos nen sequera ós primeiros.

Outra das grandes críticas á lista é o feito de que non aparecen nin “A Íliada” nin “A Odisea”.

E para rematar, gustaríame, xa que a cousa vai de literatura, compartir con vós algunhas das obras que, de elaborar algún día a miña listaxe persoal de libros de lectura imprescindible antes de deixar este mundo, formarían parte dela. A ver que opinades vós. Preguntaríavos polo voso libro preferido pero se vos acontece como a min seguro que decantarvos só por un sería difícil , por tanto tamén podedes compartir con nós o voso listado. Este é o meu:

- “El Ruido y la Furia” de William Faulkner.
- “Drácula” de B. Stoker.
- “El Nombre de la Rosa” de U. Eco.
- “Cien Años de Soledad” ou “El Amor en los Tiempos del Cólera” de García Márquez.
- “La Casa de los Espíritus” de I. Allende.
- “Alicia en el País de las Maravillas” de Lewis Carroll.
- “Rojo y Negro” de Stendhal.
- “Crimen y Castigo” de Dowstoyewski.
- “Las Uvas de la Ira” de Steinbeck.
- “El Viejo y el Mar” de Hemingway.
- “Veinte Poemas de Amor y 1 Canción Desesperada” de Neruda.
- “El Perfume” de P Suskind.

E moitísimos máis sobre todo tamén americanos e ingleses, pero tampouco é cuestión de aburrirvos. Espero as vosas recomendacións!!!



ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dijo...

Se leo todos eses libros antes de morrer fijo que vou vivir case a eternidade....¿Vale ter que lelos todos antesde morrer?.jejeje...

Evidentemente tódalas listas son moi subxectivas, ó igual que cando ós que nos gusta o futbol vemos unha selección dos mellores goles da xornada ou dunha temporada. Seguro que a orde diferiría se cada un fixeramos unha lista propia.

E sobre outros libros que deixa fóra como a Iliada....pois máis do mesmo. O autor ten os seus gustos..
.
No dos libros galegos, está ben que se nos teña en conta, aínda que deixen a autores tan importantes fóra.

Por certo, María, como vistes, a frase de hoxe está posta a propósito polo teu primeiro libro na lista. Xa sei que che gusta.

Carpe Diem