martes, 30 de maio de 2006

¡¡Es la bola de Cris..!! ¡¡Es la bola de Cristal!!



Datas atrás foi que, por casualidade, acendín a tv e inmerso nos arduos labores do zapeo, quedeime cun programa que poñían en Televigo. Nese intre observei na "pequena pantalla" a uns seres míticos ós que facía anos que non vía....... os electroduendes.....sí, os auténticos, aqueles que aparecían en "La Bola de Cristal" do anos 80. Aqueles cinco bonecos semítiteres que triunfaban neste programa que TVE1 programaba os sábados polas mañáns (daquela non existía contraprogramación nin máis canales que a primeira e a segunda de TVE). Os cinco electroduendes eran a Bruxa Avería (a mala que facía pócimas con malas intencións), a Bruxa Truca (a bruxa boa), a Fada Vídeo, Maese Cámara e Maese Sonoro.

Os electroduentes marcaron, xunto con Espinete e Don Pimpón, unha época na tv para os que agora temos veintealgo ou máis anos. Faradios, watios e outra serie de palabras electrizantes formaban parte da súa peculiar xerga televisiva que cautivou ós nenos da época que vían “La bola de Cristal”......
Se ben tamén creo recordar que había dous presentadores na primeira parte do prograna (un home e unha muller obxecto dos ataques dos electroduendes e que finalmente foron "fundidos" por estes seres), a presentadora para todos creo que foi Olvido Gara (Alaska), quen interviña máis na segunda parte do programa. En seguidao falarei das partes do programa

A “Bola de Cristal” foi un progama que iniciou a súa andaina o 6 de octubre de 1984. Chea de vida, música, humor e un sinfín de peripecias ás veces surrealistas, que atrapou ós seus fieis telespectadores ós sábados pola mañán. Moitas televisión de hoxendía deberían tomar nota da fórmula utilizada. Éntón, a violencia case non facia falta para engaiolar ós cativos que nos divertiamos e alucinababamos coa Bola de Cristal e, en especial, cuns electroduendes capitaneados pola bruxa Avería.


PARTES DEO PROGRAMA
Estructurábase en catro partes:


--> Na primeira parte, dirixida ós máis pequenos, saían estes seres peculiares procedentes do universo dos trasnos e bruxas. Tamén había un detective chamado "Mantequilla", interpretado por Miguel Ángel Valero (o "piraña" en Verano Azul).

En realidade, viñan a ser uns pequenos seres, que habitaban na televisión e que se burlaban dos humanos ós que a técnica televisiva captaba, e facían a vida imposible ós presentadores do programa ós que lle chamaban "gilivatios".

Tamén se emitía unha incrible serie de animación de bonecos de plastilina "Los plastinots", e pechábase cun tema musical interpretado por "Los electroduendes", que tamén cantaban e tiñan un grupo coa bruxa Avería de batería. Casi ná!!!

Os cinco monicreques interpretaban varías cancións, pero quizás a máis coñecida (xunto coa sintonía do programa interpretada por Alaska e o seu grupo) era “ No se ría, no se ría de la bruja avería". Xa vos porei a letra da canción outro día...

A temblar todos coa malvada bruxa que era máis mala que Angela Chaning e Richard Chaning xuntos....


-->> A segunda parte do programa chamábase "El librovisor". ïa dirixida a nenos máis grandes. Nela Olvido Gara (Alaska) no papel de bruxa "posmoderna" e o detective xuvenil "Mantequilla" (o "Piraña"). víanse envoltos en historietas acompañados de personaxes extraídos dos contos tradicionais. Estas historietas, que actualizaban aqueles contos de maneira divertida e desmitificadora, ían acompañadas de referencias "cultas" con poemas relativos ó tema, que se ilustraban con grabados dos contos, pinturas ou imaxes diversas, unha entrevista cun adulto "famoso" dos diversos ámbitos sociais e unha ou dúas cancións interpretadas pola propia Alaska ou por Santiago Auseron, Kiko Veneno, Loquillo,... Pensedes neles con 20 anos menos....Pois sí que pasaron anos sí


-->> A terceira parte do programa era a de "La banda magnética" e constaba, ó principio do programa, dunha sección chamada "Enseñar a ver cine" presentada por "Mantequilla" (Miguel Angel Valero) e da emisión dunha serie, concretamente americanas. Na primeira etapa emitiuse "La pandilla", se ben era máis coñecida polo nome dun dos seus protagonistas "Alfalfa". Anos máis tarde sería sustituida por "Los Monster", e logo por "Embrujada". Todas elas moi entretidas (qué risas con German e co avó que era un Drácula litermalente...)

--->> A cuarta parte era algo moi novedoso,
creativa e orixinal para os anos 80. Nela interviñan actores coma Pedro Reyes, Pablo Carbonell (líder dos "Toreros Muertos" e posteriormente, entre outras cousas faría de reporteiro en CQC), Javier Gurruchaga....E cabe destacar tamén a outros actores coma Fedra Llorente (tamén interviña no 1,2,3....como "La Bombi"), Anabel Alonso (hoxe famosa pola recentemente desaperecida seria "7 vidas), entre outros que lembre.

Esta cuarta parte daría un xiro e tería un acento máis crítico coa socidade dos 80 antes de se despedir definitivamente o 25 de Xuño de 1988. Que mágoa aquel día....

Seguro que me quedan moitas cousas no tinteiro...Non sei que recordos gardades deste programa. A min particularmente, despertoume unha gran nostalxia lembrar o programa. Certo é que o que botaban en Televigo era so a parte onde saían os electroduendes e o programa tiña outras partes moi agradables e interesantes e risa garantizada. Supoño que as fotos do programa que colguei neste artigo vos estimularían a memoria. Por certo, ver a Pablo Carbonell cómo era hai 20 anos ¿que vós pareceu?.

Que lonxe quedan aqueles tempos e parece que foi aínda onte.......¿nonsí?

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :