** Efemérides. Tal día coma hoxe...20 a 26 de febreiro
NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao
02febreiro-20 1966 Falece en Madrid o crego e literato ourensán Antonio Rey Soto.
02febreiro-21 Día internacional da Lingua Materna.
02febreiro-21 1894 Manuel Curros Enríquez embarca na Coruña, como emigrante, nun barco en que por esta razón de seguro que se falaba moito galego entre os seus pasaxeiros, en dirección á Habana.
02febreiro-21 1900 Morre en Santiago o ideólogo do rexionalismo conservador galego, Alfredo Brañas. Ás veces atópase citado, erroneamente, como día da morte o 22, data esta do Certificado de Defunción do Rexistro Civil de Santiago.
02febreiro-22 1969 Primeiro número da revista quincenal Chan, dirixida dende Madrid polo xornalista e escritor Borobó (Raimundo García Domínguez).
02febreiro-24 1837 Nace en Santiago Rosalía de Castro, a grande autora do Rexurdimento, símbolo de Galicia.
02febreiro-24 1877 M. Curros Enríquez gaña o Certame Poético de Ourense, que o faría moi popular como poeta no noso idioma, con tres poemas en galego: «A Virxe d'o Cristal», «O gueiteiro» e «Unha boda en Einibó».
02febreiro-24 1985 Inicia as súas emisións, en probas, a Radio Galega, o que supuxo un impulso fundamental na difusión e promoción do idioma propio de Galicia.
02febreiro-24 1996 Aparece na Rede Vieiros, primeiro xornal electrónico en galego.
02febreiro-25 1995 A Real Academia Galega acorda, en sesión plenaria, aprobar unha revisión e actualización das Normas ortográficas e morfolóxicas… que foran elaboradas no ano 1982.
02febreiro-25 2000 Homenaxe da USC ó profesor e escritor Xesús Alonso Montero, co gallo da súa xubilación como catedrático emérito de Literatura Galega.
É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario