luns, 6 de febreiro de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...6 a 12 de febreiro.


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao




02febreiro-06 1927 Nace en Ribadeo o escritor Daniel Cortezón Álvarez, que cultivou a novela, o ensaio e o teatro, en galego e castelán.

02febreiro-07 1876 Número 1 do xornal O Tío Marcos da Portela, editado en Ourense, que foi o primeiro periódico da nosa historia escrito integramente en galego.
02febreiro-07 1908 Morre en Cuba, no sanatorio do Centro Asturiano da Habana, Manuel Curros Enríquez, figura do Rexurdimento e poeta civil da Galicia do século XIX.

02febreiro-08 1835 Nace en Ponteceso o poeta do Rexurdimento Eduardo Pondal Abente, autor dos versos do Himno Galego.
02febreiro-08 1846 Nace en Astorga o que podemos considerar primeiro gran editor coñecido de obras en galego da nosa Historia (co que iso supuxo de pulo para o noso idioma), e ademais 2º presidente da RAG tras Murguía: Andrés Martínez Salazar.

02febreiro-11 1899 Vén ó mundo Evaristo Correa Calderón, un deses significativos escritores vangardistas en lingua galega.
02febreiro-11 1910 Nace en Ourense o investigador en temas históricos galegos e escritor, Xurxo Lorenzo Fernández, irmán do etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas.
02febreiro-11 1993 Decreto polo que se crea o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro (dende 1997 Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), que fai pescudas basicamente sobre cuestións lingüísticas e literarias en galego.

02febreiro-12 1863 Nace en Sada Manuel Lugrís Freire, escritor, un dos fundadores da Real Academia Galega e o primeiro en pronunciar en público un discurso político en galego.
02febreiro-12 1918 Nesta data constitúese en Lugo, coa organización de E. Correa Calderón, a Irmandade da Fala desta cidade.
02febreiro-12 1980 Falece en Compostela Manuel Rubén García Álvarez, historiador galego natural de Ribadavia.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :