** Dor de Alma
SANXENXO. Mary Camiña
Hai acontecementos que fan encollela alma. Encóllese, encaracólase, engrúñase, e así permanece días e días, nos que non es persoa nin nada, simplemente un corpo que se move por inercia. Nin dormes, nin queres pensar, porque alma está encollida e non quere falar.
Pero entón, a alma comeza a removerse e quere gritar e doe, doe moito moito. Non queres deixarlle gritar por medo a que doia ainda máis, e intentas facela calar. O pouco que dormes convértese nun pesadelo e todo o que sucede ao teu redor parece un mal soño do que has despertar dun momento a outro. Pero non, nin é un soño nin has despertar.
A alma, que segue adoecendo por gritar farate enfadar e gritar e chorar sen consolo, para despois ir acougando.
E amosarache que a realidade é a que é, chea de cousas malas, pero tamén moitas boas. E a alma debece por agarrarse ás boas: a cada sopro de aire, a cada raiola de sol, a cada sorriso dos nenos, a cada caricia do ser amado, a cada alento de vida...
A alma comeza a te encher por dentro, a facelas paces coa realidade, co mundo no que vives e a desaparecen os pesadelos.
Co tempo, só quedará unha cicatriz, un recordo, que ás veces doe, pero poderás sentir e rir e dormir e disfrutar da vida, xa non querrás despertar porque nunca foi un soño...e a túa alma xa non está encollida.
8 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Moi boa reflexión!!!. Está claro que todo é un círculo vicioso e que unha cousa leva a outra. Agarrarse ás cousas boas da vida é o que nos deixa, precisamente, vivir.
Esta entrada fíxome recordar os meus relatos "Alcanfor y lavanda" e "A alma apolillada". Tratan dun tipo que sinte certos malestares na alma e que busca, case desesperadamente, unha solución que lle axude a engancharse de novo á vida.
A alma, o dor de alma, é unha fonte de inspiración universal. Gustoume o teu relato, a túa interpretación da vivencia dolor de alma.
Gracias. Por desgraza, a cicatriz da última dor de alma que tiven ainda está bastante fresca, nunca o pasara tan mal psicolóxicamente falando, xa que foi algo tan forte que me rompeu tódolos esquemas ao intentar comprendelo, hai cousas ás que é mellor non buscarlle explicacións. Por fortuna, teño moitas cousas boas a que agarrarme, que tiran de mín, que me motivan. Oxalá todos puideran encontrar a súa motivación.
Bueno, o de encontrar a motivación nestes tempos...¡ten o seu mérito! Eu, cando vou pola rúa, vexo xente bastante perdida. De aspecto desaliñado, de andares cansados, tristes, desilusionados. Esta crisis é demoledora. Ás veces penso que xa nada vai volver a ser como era antes. Houbo un consumismo loco, pero, agora, moita xente xa non ten nin para o máis básico.
É certo que a crise está facendo auténticas desfeitas, pero tamén antes, cando había tanta bonanza, a xente pasouse tres pobos gastando, e por riba os bancs animaban a facelo: " Xa que vostede pide unha hipoteca para un pisiño, ¿por qué non aproveita e merca de paso un coche último modelo?" Iso oinno máis dunha vez, e co fácil que é deixarse envaucar polo luxo...; despois hai casos nos que non foi así, e sí que me dan mágoa. De todos xeitos, Alvariño, creme, hai cousas peores que a crise..., que te destrozan por dentro e xa nada volve a ser o de antes, cámbiache por completo a forma de velas cousas... espero que nunca ningún dos que estades lendo isto teña que sufrir un acontecemento como ao que me refiro... Un saúdo.
Bueno, Mary, non sei que che pasou a ti, pero, pódoche asegurar que a miña vida tamén foi intensa dabondo. Ás veces, ata me parece que tiven unha vida en formato comprimido. Dígoo porque teño a sensación de ter pasado, visto e oído moito. Moito máis do que eu quixera, moito máis do que me correspondía.
Hoxe anduven polo campus, coma en Santiago fixo un día precioso aproveitei para dar un longo paseo. Non podedes imaxinar a nostalxia que teño dos tempos da facultade. As estudiantas de agora encántanme. Teño a sensación de que as da miña época, hai vinte anos, éramos unhas rancias. É unha afirmación demasiado categórica, xa o sei. Bueno, pois si non éramos todas unhas rancias, predominaba moito o rancio. Son apreciacións personais. Que opinades vos, ¿éramos unhas reprimidas ou están as rapazas de agora demasiado liberadas?
Pois a mín pásame outro tanto do mesmo, creo que vivín cousas que non me correspondían vivir coa idade que teño, e tamén me sorprendo do forte que podo chegar a ser... pero así che é a vida...Bueno, eu hai vinte anos acababa de entrar no instituto, e a verdade é que nunca me considerei unha rancia... Pola facultade hai anos que non paso pero polo instituto paso bastante a miúdo e dame a sensación de que pouco cambiaron as cousas... unhas espabiladas demçáis, outras normaliñas e outras un tanto rancias, segue a haber de todo...
Todos temos o noso momento no que a alma se resinte. Como di Mary, non ten porque ser por motivos economicos. Pero igualmente nos resultan tráxicos. Eu deso, por desgracia dou boa fé. Saudos para ambalas duas.
Publicar un comentario