venres, 5 de febreiro de 2010

** Elegance is an attitude ou noite de tormenta

COMPOSTELA. Alvariño


Colaborador de A Lareira Máxica

Pois iso: elegante is an attitude and love too, other attitude more. Deixo o inglés, very difficult to me, and paso ó galego. Anque pensándoo ben, podería crear unha nova lingua: o galenglish. Non está nada mal iso de ser innovador. Dentro de nada, e se prosperan os plans de Feijóo, os meniños, children, galegos falarán así, of course. Well, de qué vai isto, de attitudes, de elegance ou de love. De todo e de nada. Concretando: eu quería falar, today, das noites de tormenta.

Vaia inverno nos tocou, si de algo andamos sobrados foi de noites de tormenta. A priori, parecen un fenómeno atmosférico totalmente indesexable. Supoño que será así para a maioría da xente. A min tampouco me agradan as tormentas, anque teño que recoñecer que, dun xeito un tanto inexplicable, axudáronme a coñecer unha nova dimensión da soidade. A soidade da noite de tormenta. A soidade ten moitas caras e todas elas moi desagradables. Ata agora, a peor cara que lle vira foi a soidade que se pode chegar a sentir estando rodeado de xente. É dura. Non era xente que eu non coñecera ou que non me falase. Era que tiña tan pouco en común con eles, tan pouco que compartir,…

A soidade da noite de tormenta tamén produce desacougo. É de noite, estás na cama, o vento e a chuvia non dan tregua e ameazan con romper a ventá. Empezas a dar voltas na cama. Levántaste a beber. Botas unha mexada. Volves para a cama. Marcha a luz. Non tes sono. Estache empezando a doer a cabeza. Tes mocos e non atopas o pañol. Un trono estala no ceo, outro máis, e outro. O aire segue bruando. E así, rodeado deste panorama dáste conta de que ó teu lado non hai ninguén que te abrace. Iso é o peor. Xa non das máis voltas na cama, faste consciente da realidade e quédaste quieto. Estás so. A tormenta non acouga e, paradóxicamente, os pensamentos vanse clarificando. Xa non botas en falta un abrazo, non. Hoxe non é unha noite calquera onde case todo da igual. Hoxe é noite de tormenta. Hoxe non estás para caralladas nin frivolidades das túas. Hoxe telo claro, esa ausencia ten nome, un só nome que se repite unha e outra vez na túa cabeza.


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ] TRANQUILOS: ¡Non se abre nova ventana!



    Coa chegada da luz da maña non queda outra que mergullarse na rutina habitual e as sensacións da noite de tormenta vanse cambiando por preocupacións doutro tipo.

    Hoxe, mentres trato de distraerme cunha revista na sala de espera do dentista, atopo un anuncio dun reloxio que ten como slogan “elegance is an attitude”. O reloxio é un Longines. Pode ser, en parte, soamentes en parte. Unha persoa ordinaria non se pode converter nunha persoa elegante porque vista un traxe de Armani, falta a actitude e falta todo. E viceversa, á persoa máis elegante do mundo seguro que lle queda mellor un traxe de Armani que un chándal do mercadillo. Di Nati Abascal, unha muller elegantísima e moi entendida nestes temas, que a clave da elegancia reside en saber mesturar Chanel, por exemplo, con Zara. Bueno, volvemos ó de sempre, tamén fai falta ter algo de Chanel para facer unha boa mestura. Do que non teño dúbida é da importancia das nosas actitudes. As actitudes son vitais. Somos nós mesmos os que vamos abrindo e pechando camiños coas nosas actitudes. No amor, que non é máis que unha das múltiples facetas da vida, tamén. Escribilo é sinxelo. Levalo á práctica xa é máis complicado. É cousa de dous e xa se sabe, pode haber choque de… actitudes.

24 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Unha noite de tormenta produce moitas sensacións, que ti describes maravillosamente. E dos idiomas, pois eu quedeime no "castrapo" (para os que non son de Galicia: é unha mezcla de castellano e gallego), o cal me gusta e falo habitualmente.

En canto que a vida é cuestión de actitudes pois levas razón, moita razón. Coincido contigo.

Un pracer ler os teus relatos e reflexións tan naturais e profundas amigo Alvariño.

Un saúdo
Carpe Diem

migramundo dixo...

Está ben iso do galenglish, moi ocurrente e, polo visto, oportuno. Pero creo que as cousas xa non pintan, de momento, tan mal como ao principio. Non é sinxelo acabar cunha lingua se os seus falantes no o queren. Eles son, nese sentido, os que deciden, non os políticos.
Canto as tormentas, queda moi ben refrexada no texto a impresión que producen. A min non me dan medo, gústame estar na cama a sentilas. Hai nesa actitude un sentimento protector que non sei ben de onde sae.
Apertas e boa finde.

Mariam dixo...

Nati Abascal combinará moi ben a roupa, non o dubido, que por algo ten o mérito de ter sido a primeira top model española que triunfou en USA. Agora ben, o que fai Nati coa roupa fixéchelo ti aquí coas ideas e as palabras. Alvariño,gústoume moito o resultado da tua mestura de hoxe.

o moucho dixo...

pode que sexa un bicho raro, pero para min as noites de tormenta son moi agradables. Contemplar o gotexar da chuvia nos cristales empuxada x un vento encabuxado. Contemplar eses lostregos q alumean a noite e a continuacion escoitar o estrondo de tan increible fenomeno. É admirar a natureza viva. Ese poder que nos indica que nos somos unha peza moi pequena dun xadrez enorme como é o noso planeta. Escoitar e ver unha forza que o home non poderá dominar. Enton eu atopo unha certa paz interior. Un momento de relax. Enton parece q so estou eu e moi preto a natureza

Alvariño dixo...

Moitas grazas polos vosos comentarios, sodes moi amables.

Alvariño dixo...

¡BOTO MOITÍSIMO DE MENOS A MARÍA! Hoxe ía a escribir sobre o día de San Valentín. Iso tiña pensado facer, o que pasa é que como non estou moi inspirado pode ser que acabe escribindo sobre o San Ballantines. Pois nada, que estiven dando unha volta pola Lareira e ó meu pesar, teño que dicir, que me gustaba máis ALM de antes, cando andaba por aquí unha rapaza que se chamaba María. Sen ela nada é igual, nin sequera parecido. Púxenme triste, hoxe xa non podo escribir.

Julio Torres dixo...

Coincido totalmente contigo, amigo Alvariño. E conste que non somos os únicos, xa houbo máis persoas que me preguntaron por ela. Supoño que andará bastante ocupada. Sería un auténtico pracer que voltase a pasarse por A Lareira Máxica, aínda que so fose de vez en cando. É unha persoa que se bota moito en falta e foi a primeira persoa que me mandou un artigo para publicar no blog. Vamos que é a decana d@s colaboradores no apartado de artigos.

Ougallá que pronto se deixe ver por estes lares e non nos deixe orfos da súa benquerida presencia.

María!!!!

Un saúdo a todos, gracias polo teu relato Alvariño e ó resto polas súas opinións.

Carpe Diem

O Moucho dixo...

Maria xa ves que aquí hai xente que te bota de menos. Esperamoste impacientes Maria

María dixo...

Debedes ser dos poucos que me botan de menos Alvariño e compañía.
Sigo viva, so que un pouco decepcionada con certas cousas e persoas, máis nada.
Din que a vida son etapas, e igual a miña na Lareira está queimada. Quen sabe. Calquera día dame o punto e volvo.
Sempre me gustou escribir e ler e gustaríame volver a ter a inspiración para facelo pero o certo é que últimamente nen sequera leo moito.
Pero grazas por acordarvos de min. E sinto terche jorobado o San Tóntín Alvariño, pero non nos jorobes ti ós demáis e escribe ese relato, anda. Sé bo. Eu non teño ocasión de ser mala :P.
Moitos bicos a todos.

Julio Torres dixo...

¿Queimada a túa etapa en A Lareira Máxica???? ¿É iso????? ¿Pasou algo que non me enterara en relación coa Lareira??? E que tal e como o escribes... Estou seguro que non ten que ver nada con nós, pero seguramente che repercuta nas túas ganas de ler e escribir. Así que ANÍMATE E ESCRIBE O QUE SEXA XA, non me sexas como O Moucho.

Moitos biquiños e ánimos. Carpe Diem

María dixo...

Pobre Moucho, ese comentario .......... En fins.
Prometo que pensarei en vos, pero polo de agora non creo que vaiades ver nada meu publicado. De todos modos, xa sabedes que aínda que na sombra, sigo estando por aí.
Calquera día volvo, se é que algunha vez marchei.
Saúdos para tod@s.

O Moucho dixo...

Animo María. Eu non te coñezo pero polo que me falou Julio, tes que ser de bo corazon. Eu cando me afundo intento pensar en facer cousas que me distraian a cabeza dos meu tormentos. Dame igual si son cousas utiles ou non. Si son de interes para alguen ou son cousas que che fan perder o tempo inutilmente. Por exemplo, xogar a un videoxogo no pc, perder o tempo en internet, marchar a 30 km lonxe da casa solo para leer o xornal,... o que sexa pero que me faga olvidar as miñas desgracias. No ultimo ano, leo moito a lareira de Julio e ata cheguei a publicar algo inda que sexa cutre. Esa pode ser unha vía de escape útil. Espero que non houbeses tido algun problema sentimental con algun colaborador da lareira, pois parece que é o teu caso polo que nos comentas. En calquer caso intenta olvidar e centrate nos contidos da páxina de Julio e si te sintes con forzas publica algo. Polo menos eu, estarei encantado de poder leelo e si cadra comentalo. Agora achegase o san Valentín, e si tes parella centrate tamen nela. Que non che falte o amor, e si che falta aquí estamos todos nos para darcho. Esto dicho un que non se aplica o conto, pero é que non me gusta que os demais o pasen mal, si son boa xente.

Alvariño dixo...

¡Hola María!
Non sei que dicirche, ¡cánto tempo sen saber de ti! Encántame que volveses anque fora unha visita moi breve. Dígoche o mesmo que che dixen o outro día: este blog sen ti non é o mesmo, contigo foise toda a vida que ti lle dabas, que era moita.
Por suposto, respeto a túa vontade. Enténdote perfectamente, escribir nun blog tampouco é que de grandes satisfaccións persoais. Posiblemente haxa actividades moito máis pracenteiras e incluso moito máis produtivas. Eu mesmo, en vez de estar aquí, debería estar na mansión do inglés, por exemplo.
O que non me gusta nada é esa sensación de certa amargura que desprenden as túas palabras. Tes razón neso que dis sobre a vida e as etapas. É certo que despois dunha etapa mala ten que vir outra mellor, anque so sexa para que se produza a alternancia de etapas. Se non fose así, a vida sería terrible, daquela xa non existiría a esperanza nos nosos corazóns.
O relato do día do "San Tontín" non me sae. Lévoo pensando toda a se semana. Puiden tomar unhas notas pero non o fixen. O caso é que cada día se me ocorre un diferente. En fin, non encontro as palabras adecuadas nin creo que este sexa o sitio máis apropiado para escribir en primeira persoa sobre o 14 de febreiro.
Máis nada, pásate por aquí cando queiras, sempre serás benvida.

María dixo...

Rapaces: moitas grazas, pero teño que facer uns pequenos apuntamentos.
En primeiro lugar, non sei porque todos vos empeñades en pensar que me pasa algo, e que ese algo ten que ver con penas de amor. Non é o caso en absoluto.
Moucho: máis quixera eu que ter tido algo cun colaborador da Lareira á vista de como escriben, pero nen sequera teño o gusto de coñecer a ningún. E xa, xa sei que en canto a isto o sr Julio terá algo que decir porque non será polo que el ten insistido, xa o sei.
É simplemente o que vos contei. Etapas, momentos. Igual nun momento concreto adiquei máis tempo á Lareira e agora me centro máis noutras cousas ou incluso páxinas. É a vida, simplemente. Pero xa vos dixen que en canto teña algo sobre o que escribir ou a inspiración precisa, fareino. Igual ca sempre.
En canto a ti Alvariño, creo que a Lareira da cabida a todo tipo de temas agás os políticos. Logo non sei porque non deberías escribir aquí en primeira persoa. Eu fíxeno moitas veces, e creo que no teu caso tampouco sería a primeira. Ademáis, supoño que che pasará coma a min, por tanto, por moito qeu nos contes a túa vida, ninguén saberemos quen eres. Podería cruzarme contigo pola rúa e non sabería nunca que eres ti, logo .......... que mellor que a Lareira para desafogarte. Ademáis xa sabes que o que ti poidas escribir, pode servir para que moitos outros poidamos reflexionar e iso sempre é xenial.
Bicos a todos e gracias polo cariño que me profesades.

María dixo...

Ah outra cousa Alvariño. Se precisas axuda co english: aquí unha servidora. :P

Julio Torres dixo...

Moitas gracias a ti, estimada amiga!!!. Aínda que sexa de vez en cando, agradécense moito as túas visitas, comentario e/ou artigos.

Saúdos máxicos
Carpe Diem

Alvariño dixo...

Pois, quédome máis tranquilo sabendo que María está ben. Non podemos disfrutar da súa compañía tanto como nos gustaría pero ela está ben, está contenta. Eso é o máis importante. Ós amigos tamén hai que deixalos ir e non ser absorventes, que para eso xa están as compresas con alas e os tampax con falda ja...ja...! Carai, nótase ben que hoxe non levo as gafas de intelectual, dígoo pola "gran calidade" literaria das miñas comparacións. Non pasa nada, as lentillas son desechables e dentro dun pouco xas vou tirar. Bueno, habitantes e visitantes do planeta Lareira Máxica, que pasedes unha boa finde e un estupendo Carnaval. Se non vos gusta disfrazarvos, coma a min, facede o que queirades pero tratade de ser felices. ¡Aburiño!

O moucho dixo...

o mesmo digo. eu tampouco me disfrazo, porque un solo non ten razon de ser. Pero espero que poidades todos disfrutar destes días que son un descanso entre as navidades e a semana santa, onde o que pode sacaralle un bo partido e disfrutará da festa e gastronomía típica da nosa terra. Non somos brasil, nin Canarias, pero creo que eiquí os carnavales son mais para celebrar cos amigos, veciños,... Vamos que fai participar mais á xente. E que decir da pequena pero variada riqueza das diversas formas e persoaxes destas festa:Peliqueiros, Pantallas, Xenerais, Choqueiros,... Todo é cultura pòpular. Eu xa percorrín Galicia para acegarme a alguns destes personaxes e admiralos en vivo e en directo. Animo a todos en esta lareira que recorrades a nosa xeografía para disfrutar desta riqueza cultural. Un saudo a todos.

Alvariño dixo...

¿Qué será de María? Oxalá tamén volvera a contarnos algo.

Julio Torres dixo...

A min tamén me gustaría que volvese a escribir cousas no blog, pois facíao moi ben. Ougallá se anime que se bota en falta.

Alva dixo...

Pois, como son moi ocurrente, ja, sigo dicindo o mesmo: ¿qué será de María? Bótoa de menos, dáballe moita vidilla ó blog. Espero que todo lle vaía ben e que algún día se deixe caer por aquí, pola súa casa. ¡Saúdos María!

Julio Torres dixo...

Alva, coincido contigo. A María bótaselle de menos. Non se lle ve a "face" desde hai tempo. Espero que teñamos noticias dela ben pronto e se é en forma de artigos moitísimo mellor. María foi a primeira persoa que foi colaboradora en forma de artigos. En forma de comentarios o honor correspóndelle a Romy.
E María foi unha das grades colaboradoras do blogs nos seus inicios xuntos a outra María: mariam.

Logo foron chegando máis colaboradores: Alvariño, Sonia, O Moucho, Patricia Loureiro, Toupeiro, Jose, Meiguinha, Polizón, Calypso e outras persoas.

Aproveito para voltarte a felicitar por este relato tan intimista co que nos obsequiastes hai case un ano. E segue estando de plena actualidade (aínda que estes días so falten os raios), sobre todo polo do idioma.

Saúdos máxicos e gracias Alva.

Alvariño dixo...

Caín no onanismo intelectual, disfruto lendo os meus posts, ¿será pecado? Teño dudas, como agora nos vai gobernar Rouco, ejem...ejem..., o PP.

Alvariño dixo...

Reconfórtame ler os meus relatos e os vosos comentarios, moito. Hoxe, que non me atopo ben, decateime do que me gusta escribir, e tamén ler.