** TVE: menos publicidade, pero as mesmas tixeiras
SANXENXO. Julio Torres
Como xa sabedes, desde o día 1 de xaneiro TVE xa non emite publicidade (agás aquela ligada a patrocinadores de eventos deportivos como pode ser o caso da Liga ACB de baloncesto). Con todo, sí que emite bastantes promos de programas, series ou películas que van botar en TVE. Pero algo se avanzou.
No que se sigue sen avanzar é no tema das películas, máis en concreto dunha vez que terminan: dos títulos de crédito. Dame moita rabia que se corten os títulos ós dous segundos. Coido que é unha falta de respeto, non so para os telespectadores senón, e sobre todo, para as persoas que fixeron posible a película. A "técnica" de cuasi elminación dos títulos de crédito foi introducida en España polas televisións privadas. E como todo o malo se contaxia pois...TVE non foi menos. Tiña a esperanza que unha vez eliminada a publicidade se respetarían os títulos de crédito completos. Pensaba que incluso lle podía interesar á propia TVE para encher uns minutos de programación e non so ampararse nas promos da cadea. Pero nin con ésas.
Noutras series, as letras ou son pequeniñas pequeniñas pequeniiiiiñas ou van a toda velocidade. É o que está acontecendo cos créditos finais da serie "Cuéntame" desde o ano pasado. Antes non. En fin, que supoño que terán medo á que se lle marchen televidentes, pero como televisión pública que é debería dar exemplo de cultura e "educar" ó resto de televisións. A mala práctica de cortar os títulos de créditos ou restarlles importancia de maneira esaxerada non deixa de ser unha involución cultural. ¿Vós que opinades?
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
É curioso que se faga esto despois de renunciar ós anuncios publicitarios. Certo é, que as veces queres ver un anaco dos titulos de crédito para ver quen fixo a pelicula. Antes era lóxico pois, como o tempo da televisión son cartos, ese era un tempo que podía publicitarse un anunciante. Tiña certa lóxica. Agora ben podia volver a restaurarse ese tempo para os titulos de crédito tal e como fai o canal plus. Supoño que é cuestión de que se acostumaron a suprimilo e non lle dan importancia agora. O mais curioso de todo é que desde que a TVE suprimeu os anuncios increntou en preto de 3 puntos o indice de audiencia, mentres que as canles privadas retrocederon entre 1 e 2 puntos. ¿Por qué creedes que sucedeu esto?
Estou totalmente de acordo contigo, Julio. En efecto, é unha falta de respeto a profesionais que puxeron todo o seu saber a disposición dunha obra. Costaría pouco. Saúdos.
A TVE sen publicidade está mellor e no tema do recorte dos títulos de crédito non me fixara. Penso que agora que non teñen que meter anuncios deberían respetalos.
Sí, en efecto: é unha falta de respeta para os que fixeron posible a película, serie,etc. A ver se se decatan dunha vez!!!!
Nada, que haberá que crear un grupo no Facebook que diga algo así como: "quiero que se respeten los títulos de crédito de las películas y no los corten".
Ah, que se me olvidaba, no cine tamén empeza a pasar cada vez máis...
Un saúdo e gracias ó tres polos vosos comentario. Agradécese moito que a xente opine (a favor ou en contra do que escribo).
Publicar un comentario