** "Y sin embargo..."
SAN XENXO. Julio Torres
Os "pero" ou os "sin embargo" casi sempre vaticinan algo menos agradable ou desagradable. Pero - e isto non é nada desagradable - o artigo de hoxe colle a palabra "sin embargo" non para queixarse nin traer nada negativo. Non. Estas dúas palabras con connotación negativa traen a A Lareira Máxica un zumo de aire nostálxico e evocador. Un zumo froito de mezclar nun so programa a Guillermo Summers, Ignacio Salas e a Pastora Vega. ¡Qué dicir destas tres persoas!. Centrareime nos dous primeiros.
Na década dos 80 os tres facían un programa que se chamaba: "Y sin embargo, quiero", no que o obxecto de adoración era repasar o contido de alguén que, co paso dos anos, se multiplicou pero para pior. Algo así como aquela película dos Greenlins. Había unhas normas, lembrade: que non lle dera a luz, non darlle auga, non darlle de comer logo de medianoite. Ben, nalgún momento, algo disto debeulle pasar á televisión, que se multiplicou pero para ser un contedor de lixo e non precisamente ecolóxico.
Centrándome no obxecto e persoas de recordo, quixera quitarme o sombreiro ante o dúo Ignacio Salas e Guillermo Summers. Sempre me gustou o seu humor. Hai anos que desapareceron da escena televisiva, o seu hábitat natural moitos anos. "Y sin embargo, te quiero" (no que repasaban a programación televisiva), ou "Si te he visto no me acuerdo (zapping de televisión en clave de humor) foron dous dos programas que realizaron. Os últimos traballos que lles lembro foron aquelas campañas publicitarias dunha famosa marca de coches francesa, na que escenificaba o "Olimpo de los Dioses". Un humor intelixente, con xesto serio, pero enriquecedor (velaquí outro "pero" positivo) que nos despertaba amables gargalladas. Sempre me gustou aquela xente que fai rir dicindo cousas graciosas sen perder a templanza de seriedade. ¿Humor inglés quizás? Non sei, pero Guillermo e Ignacio, Ignacio e Guillermo son dous monstruos do humor, poida que de guión, pero uns xenios. Xa non nos vemos na pequena pantalla nin en anuncios publicatarios (os anos quizais non perdoen, non sei), pero sen embargo, (pero ¿os "pero" e os "sen embargo", non eran negativos?), sen embargo queréselles pol seu bo facer. Que agradables e entretidas momentos nos fixeron pasar estes dous (tres, cando os acompañaba Pastora Vega).
Fragmento e cabeceira de "Y sin embargo, te quiero"
Fragmento do programa "Si te visto no me acuerdo"
RECOMENDACIÓN: Visionade os vídeos enteiros, vale a pena recordar bastantes momentos, persoas, programas e música que neles se recollen.
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Adorabeis o Ignacio e o Guillermo. Era moi cativa nos 80 pero aínda lembro algo deles na t.v. Hoxendía non hai cáseque nada que valla a pena visionar. A comparanza dos grenlins mui acertada.
¡Qué ben se conserva D'Artacan! Por él non pasaron os anos. Tamén Pastora Vega estaba guapísima daquela. Do programa de Guillermo e Ignacio case non me acordo, do spot sí que me lembro. ¡Cánto chove! ¿Parará algún día?
Non recordo estes programas.
O que si teño claro,é o cambio tan penoso que deu a televisión. Penso que o nome de "Tele-basura", di moita verdade de gran cantidade de programas da televisión.
É curioso esto da televisión agora. Levo mais de 15 días que por causa do apagon analóxico non vexo a caixa parva. ¿E sabedes? Non a estou botando en falta. Eso pode decir que a programación dos diferentes canais non é tan relevante como a da televisión cando so había pouco mais de 2 canles.
Lembrome ben de Guillermo e Ignacio. Teñen unha chispa moi divertida. Tiñan retranca. Tampouco non entendo porque deixaron de sair na pantalla. O anuncio do coche era moi divertido. ¿que sería deles?
Moucho: ¿xa tes apagón analóxico???
Gracias polos vosos comentarios.
Un saúdo desde o olimpo de los dioses que dirían estes dous.
Carpe Diem
Publicar un comentario