luns, 1 de febreiro de 2010

** A Frase Máxica de....Bertolt Bretch


" Hai persoas que loitan un día e son boas. Hai outras que loitan un ano e son mellores. Hai aquelas que loitan moitos anos e son moi boas. Mais hainas que loita toda a vida. Esas son as imprescindibles "



Bertolt Brecht

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dixo...

E hai as que por mais que loitan todos os días, sempre acaban por encasillalas como xente de segunda, poño por exemplo o meu caso.

Anónimo dixo...

Moucho, non te maltrates. ¿Non te das conta de que ti mesmo eres o que calificas, o que te pos unha etiqueta negativa? ¿Por qué non cambias de rol? Tes que empezar a quererte e a pensar doutra maneira. Ademáis, aquí, neste blog, non creo que ninguén te tratara mal. Sempre te queixas, dame a sensación de que pensas que os demais non temos problemas. Que equivocado estás, vense ve que non miras moito ó teu arredor. E ademáis, a tí qué che importa o que pensen os demais, o protagonista da tua vida eres ti.

O Moucho dixo...

Pode que algo de razon teñas anonymous. Para min non é sinxelo, pero sigo tentando aspirar a cambiar. Polo de agora anoteime a un ximnasio, e a unhas clases de bailes latinos. Creo que é algo que me pode axudar para mellorar. Pouco a pouco. Roma non se fixo en 2 días. De calquera xeito gracias polas tuas palabras. Axudanme a correxirme. Son de moita axuda.