luns, 22 de febreiro de 2010

** O grupo musical "La Quinta Estación" sepárase

SANXENXO. Julio Torres



O anuncio da separación do grupo musical "La Quinta Estación" é unha moi mala nova para tod@s ós que nos gusta a súa música. Hai uns meses o trío musical xa pasou a ser dúo e agora o dúo di adeus. E o que son as cousas: nestes intres, soa de fondo en A Lareira Máxica "Que te quería", último gran éxito desta formación. Pois que se vos quería... De feito, en abril pasado o que escribe xa lle adicou un artigo neste blog.

En fin, quen sabe, ó mellor un día voltan (aínda que os regresos poucas veces segundas partes son boas...). Sorte para as súas respectivas carreiras musicais, que agora deixan de ir da man. Ougallá Natalia Jiménez (a vocalista) recolla na súa carreira en solitario o estilo La Quinta Estación.


Daría - La 5ta estacion




Máis información NESTE ENLACE

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Meiguiña dixo...

Unha verdadeira magoa. Eu descubrinos cando ainda non eran coñecidos en España, botareinos de menos

Biquiños meigos e moita maxia benquerido amigo Julio

migramundo dixo...

Eu tamén o sinto, pero hai que comprender que nada é definitivo. Non consola, pero axuda. Apertas.

María dixo...

Ohhhh, que magoa!!! Eran un dos meus grupos favoritos. Teño feito moitos kilómetros escoitándoos e non vou esquecer fácilmente o seu concerto da Coruña. Unha noite especial.
Eu tamén espero que Natalia nos sorprenda pronto cun novo álbum ó estilo da Quinta Estación.

Alvariño dixo...

Unha mágoa, non entendo porque pasan estas cousas.Tamén Marta e Marilia, de Ella Baila Sola, se separaron cando tiñan moito éxito. Agora, Marta Botía fixo un novo dúo cunha rapaza descoñecida, EBS. Non me gusta demasiado este regreso, voto de menos a Marilia.

O Moucho dixo...

Unha verdadeira lastima. Un Grupo que me encheu o corazón coas suas letras. Julio, colga un video do grupo si non é moita molestia.

Julio Torres dixo...

Ougallá que, como xa dixen, no artigo, Natalia non perda o estilo de La Quinta Estación. Un gran grupo.

Gracias polos vosos comentarios
Carpe Diem