xoves, 9 de novembro de 2006

** ¿Hoxe é 9 de novembro? ¿E o ramiño de violetas?

Recoñezo que esta canción é bonita á par que triste. Pero tódolos 9 de novembro me ven á cabeza Cecilia e "Un ramito de violetas". Ela morreu xoven, víctima dun accidente de coche. Nino Bravo, outro gran cantautor español, finou do mesmo xeito: na carretera. Unha auténtica pena que nos deixaran tan xóvenes estes dous excelentes cantautores que sempre serán recordados.




Por certo, e falando de cousas máis agradables, tal día coma hoxe en 1999 recordo que (...) escoitaba unha entrevista en "El Larguero" da Cadena Ser. ....Facíanlle preguntas a Teresa Rivero, muller do empresario José María Ruíz Mateos e presidenta do Rayo Vallecano (equipo de fútbol madrileño daquela en 1ª división, hoxe en 2ªB). Namentres soaba esta canción de Cecilia de fondo. E é que o motivo da entrevista é que a ela tamén lle regalaban flores nesa data tódolos anos.... Sen que o confesará el, todo apuntaba a que era o seu home. Non nos deixará de sorprender Ruíz Mateos, aquél que se deu en vestir unha vez de "Superman" ou promocionar os seus chocolates "Trapa" e meténdose coa Isabel Preysler e Miguel Boyer.... Peculiar onde os haixa, se ben nesta ocasión, o toque foi moi romántico....¿Ou a ti non che gustaría que che regalasen un ramiño de violetas (ou a flor que che gustase) tódolos 9 de noviembre?.....

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Home, mellor o 19 de decembro, pero se alguén quere regalarmas hoxe, no problem.
Teño que confesarvos un segredo. O único home que me regalou unha flor foi meu cuñado por un cumpreanos. Aiss, xa non quedan homes detallistas.

Anónimo dixo...

María, inda teñen que quedar homes detallistas no mundo, non creo que desapareceran todos cos dinosaurios. Ainda que, eu tamén teño as miñas dúbidas, non creas. Haberá que buscalos con lupa, son rara avis. Por riba, todos parecen iguais, é dicir, que podes cruzarte cun deses homes detallistas en serio perigo de extinción e nin sequera enterarte.

Anónimo dixo...

Vaia, pois que mal, cos poucos que debe haber, como para non saberemos recoñecelos cando saen dos seus escondites. Ti se atopas algún avisa ehhh!!!

Anónimo dixo...

María, o que pasa e que eles disimulan moi ben, sí, fanse os despistados, vamos, que soltan as cousas así como quen as deixa caer, sen expoñerse nada. Eu o que penso facer e fixarme ben en todo o que me rodea e xa che contarei.