martes, 19 de decembro de 2006

** Un artigo con celebración incluida......

Este artigo ten sorpresa......
Encantábame Gila. Morreu pero o seu humor non esmorecerá xamais. O seu tono serio pero cheo de humor intelixente, buscaba captar unha gargallada profunda difrazada dunha aparente inocencia. Pois ben, dicía o xenial e añorado Gila -sempre vestido coa súa inconfundible roupa negra e vermella e equipado cun teléfono "móbil" que non era de última xeneración precisamente- que "alguien mató a alguien". Era unha das súas frases míticas cando da guerra tocaba falar. El que tan conciliador era co enemigo, que quería facer treguas para que ambos bandos tomasen o café xuntos.....
E estaredes pensando que hoxe vou falar deste mosntruo do humor. Errádevos. Non. Hoxe (...) Ve-lo Artigo completo....
non vou falar del, pero a súa frase sírveme para, co seu permiso, facer unha parecida: "Alguén cumnpre hoxe anos, alguén". Je, je!!. E preguntarédesvos. ¿E isto a que ven? Veredes, e permítedeme realizar un pequeno circunloquio explicativo:

É curioso. Si é curioso e reconfortante saber que o proxecto que dei vida alá polo 1 de maio dun ano 2006 que consume os seus últimos días, ten bantantes lectores, aínda que menos colaboradores. Como diría o outro, son poucos, pero son queridos por axudar a facer deste un portal colectivo, un portal "noso" e non so meu. Ata aquí a figura retórica en cuestión.

Feita a explicación, direivos que deses pucos colaboradores, resaltan especialmente dúas persoas, aínda que empezan a agromar algúns máis. E desas dúas persoas, unha delas cumpre hoxe anos "alguén é hoxe un ano maior, algúen" Unha persoa que veu visitar esta vida un 19 de decembro de hai algúns anos......(Acórdabame agora de cómo contaba Gila que el viñera ó mundo: "Eramos pobres. Mi mamá no estaba cuando nací y entonces fui a junto la vecina y le dije Sra. X he nacido. Soy niño")

¿E quen? preguntaredes. Digamos que unha persoa que xunto con Mariam, fai que a Lareira Máxica empece a ser algo máis interactivo do que ata hai uns meses o era. Principiouno a ser co seu "desesmbarco" -cual descubridor dun novo continente- en A Lareira Máxica, hai agora 3 meses. E curiosidades da vida, esta colaboradora de nome Maria, está hoxe de cumpre. Noraboa, feliz cumpreanos e que cumpras moitos moitos máis!!! E gracias por pórlle leñá a esta modesta lareira e ser tan boa amiga!!!

Por último, creo lembrar que nun artigo que fixen o 9 de novembro titulado:¿Hoxe é 9 de novembro non?, se falaba dun ramo de rosas. Pois creo oportuno entón facerche entrega de......

.....¿E a todo isto quen foi a que apagou a vela da tarta mentras lía o artigo?......

-------------------------------------------------------------------------------
Artigo feito polo administrador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Joooo, moitas moitas grazas. Teño que decir que estas son o tipo de cousas que a min me perden. Recibín moitos agasallos hoxe, pero o máis especial, sin desmerecer o ipod, o anel, a blusa , os libros ou os bombóns etc, o máis especial foi iste. Supoño que por inesperado o mellor, pero o certo é que son estas pequenas cousas, eses detalles os que fan dos nosos días únicos e irrepetibles. Só preciso saber que alguén se acorda de min. Nada máis. Serei unha sentimental pero que lle queredes.... E as rosas xa foi o non vai máis. As miñas flores preferidas, aiss, e encima que ben arrecenden Julio, je je. Moitas gracias again!!!!!!!