** Despois da tempestade......máis tempestade
Non aquí non se cumpren os ditos: "Nunca choveu que non escampara" ni moito menos o de "Logo da tempestade chegou a calma". Non!!!. Se en Galicia, e sobre todo, nas provincias de A Coruña e Pontevedra non nos libramos: No verán lume por tódolos lados. No outono máis chuvioso que lembro, temporal tras temporal. Ata o de agora fora de choiva, pero desde onte por estas mesmas horas principiou o de vento, que remitiu a última hora da tarde , aínda que nestes intres parece que volta a soprar con forza o deus Eolo.
Onte pola noite estaba vendo a Gala 50 aniversario de TVE, e acababa de conectarme a internet, cando de súpeto... Ve-lo Artigo completo....
nun abrir e pechar de ollos marchouse a luz e voltou. Todo iso, en décimas de segundo. O PC, como podedes supoñer, apagouse "á machada". A luz voltou a marchar máis tarde e estivo indo e vindo de madrugada. E diredes vós.....¿e por qué o sabes? A resposta é ben simple, non pequei ollo en toda a noite. Os ventos parecían que ían levar a casa en calquera momento.....Na miña vida...E durou a madrugada, a mañán e parte da tarde.....
Por si fora xa pouco, a media tarde, coincidindo coa remisión un tanto do temporal de vento, fixo acto de presencia unha tormenta que, iso si, durou poucos minutos. O que nos faltaba. A choiva e o granizo, que tampouco se perdeu a "festa" completaron un "maravilloso" día 8 de decembro de 2008....
Logo escoitando os medios de comunicación, entérome de que chegaron a acadar os 160 km por hora. Non me estrana. O vento cebouse especialmente coas vilas costeiras, sendo a Costa da Morte unhas das zonas máis afectadas, pero non foi a única. Menos mal que hoxe non tiven que coller o coche, que senón ó mellor estaba facendo a crónica desde o alto dunha árbore...
Aínda coas inundacións nas provincias da Coruña e Pontevedra recentes (zonas como Vilagarcía, Arcade, Valga, Padrón,ou Ferrol, o tempo volta a cebarse connosco de novo. Agardemos que nos deixe en paz unha boa temporada e que todo volte á normalidade.
E o panorama dos vindeiros días non é moi tranquilizador. E menos vendo ó tempo na t.v. no que apenas se adivina onde queda GaliciaEn fin, que se hoxe falei de tempo non foi porque non tiña nada de que falar. Non. Todo o contrario. A este paso teremos que enviarlle a carta non a Papá Noel, nin ós Reis Magos. Non. Haberá que enviarlla ó deus Eolo. Iso, se antes non a ven a buscar e nos leva con el....Particularmente, prefiro a Papá Noel ou ós Reis Magos...¿e vós?
Carpe Diem e Noctem tamén (crucémos os dedos)
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Pois si, a Costa da Morte está sendo máis da morte que nunca, co respeto da familias de todos aqueles que quedaron no mar para sempre. Estamos como queremos, non podemos pedir máis: que se incendios, que se lumes, que se inundacións, que se tormentas, frío, vento, chuvia, non queda de nada, todo o temos aquí, todo menos ó Lorenzo, que parece que, no último mes, se foi de vacacións e se olvidou de nós para sempre.
Ahora só falta por ver se a sabiduría popular é tan sabia como parece, os tópicos deixan de ser tópicos e os pronosticos de algúns se cumpren e nos ven tamén o único que parece faltar: cartiños. A ver se é certo que este ano a lotería do Nadal cae en Cee. (Por certo, ahora que o penso, non teño lotería de Cee, aisssssss)
Este tempo tenme farta. ¡Vaia inverno! Espero que mellore pronto e que a choiva, o vento, o deus Eolo e a nai que o pareu nos deixen en paz dunha vez.
Publicar un comentario