domingo, 8 de outubro de 2006

** Un fénix chamado Fernando, preto de repetir...

Trátase do que o vindeiro día 22 de ocubre pode acadar por segunda vez o piloto español Fernando Alonso. O seu segundo campionato na Fórmula 1. O segundo para un piloto español. Aínda non está todo feito, pero incluso gañando Michael Shumacher, a Fernandinho chegaríalle cun 8º posto. ¿Cómo foi a victoria de hoxe do bravo piloto asturiano?...
O que suscribe estas líñas deitouse onte bastante tarde, e madrugou hoxe ás 7 da mañán para ver a carreira na tele. Nun primeiro momento pensei que non me valera a pena madrugar tanto un.... domingo. Os acontecementos posteriores dictarían o contrario (afortunadamente).


Sonaban o despertador. Eran….as 7:03 da mañán. En realidade sonará cinco minutos antes, pero un que durmira pouco non acertou a despertar á primeira ocasión. Este feito fixo que me perdera a saída e as dúas primeiras curvas da emociontante carreira de coches. O suficiente para perderme en directo como Alonso adiantaba na saída ó italiano Jarno Trulli, o seu gran amigo e outrora compañeiro de equipo en Renault.

O bo da televisión e que logo danche as repeticións. ¿Com foi ó inicio?. Arrancaba Fernando dun quinto posto na parrilla de saída. Por diante tiña a Felipe Massa, Michael Shumacher, Ralph Sumacher e Jarno Trulli.
Logo de dar conta deste último, tentou adiantar ó irmán do sete veces campión do mundo, Michael Schumacher, pero este cual serpiente escurridiza que se move dun lado a outro tentando non ser atrapada, taponou nas primeiras curvas os intentos de adiantamente de Fernando. Este acción fixo que a ansía do español por situarse trala estela dos dous pilotos se visen frustrados.Namentres, por diante, Michael adiantaba a Felipe Massa e sitúabase líder.

Unhas voltas máis tarde, o empuxe constante de Fernando deu os seus froitos conseguindo pasar á Ralph Shumacher. E un par de minutos despois avanzaba ata a segunda posición trala parada en boxes de Felipe Massa. Fernando tirou como un poseso para sacar vantaxe deste feito. Cando lle tocou ó turno de entrar a respostar ó español e saiu de novo á pista, fíxoo por diante de Felipe Massa. A segunda posición xa non a voltaría a perder trala primeira repostaxe.

A todo isto, o outro piloto españo, Pedro Martínez De la Rosa, sufría os rigores propios de saír cun motor de menores revolucións que o do seu compañeiro de equipo en Mclaren, Kimi Railkonen. Finalmente acabaría undécimo, tras sair na posición 13º na grella de saída.


Pasaron as voltas e Fernando seguia segundo, reducindo cada volta que pasaba a súa desvantaxe en relación a Michael Shumacher. Pero o que ninguén esperaba aconteceu. A falta de 16 voltas para o remate da carreira., Michael rompía o motor do seu Ferrari, feito que non acontecía desde o ano 2000….

De aí ata o final, as tres primeiras posicións non variaron e Fernando Alonso gañou a carreira de Xapón, seguido de Felipe Massa e Giancarlo Fisichella.
E tras baixarse do coche, Alonso voltounos obsequiar cun xesto curioso. Desta vez co dun ave fénix, estilo karate kid (Posteriormente, manifestou que se trataba de recreaar que emerxerá das súas cinzas, como un ave fénix). A alegría desbordouno e no podiun pegou uns salto que a piques estivo de facer que agarrase a luna se ésta se descoida.

Agora comanda a clasificación de pilotos cunha vantaxe de 10 puntos sobre Michael Shumacher. So unha victoria do alemán e que Fernando non puntúe (quedar de 9º ou peor) no Gran Premio de Brasil, carreira coa que se dará por concluido o Campionato de Fórmula 1 de 2006, faría que o español non revalidase o seu título de campión mundial.
O 22 de Octubre sairemos todos de dúbidas. Daquela non fará falta madrugar porque polo horaro de Brasil, a carreira será sobre as 8 da tarde (horario español).

Polo de pronto, hoxe a min valeume a pena durmir pouco e madrugar para ver a carreira e todo o que nos depararou. O colofón final, o mellor posible: victoria de Fernando e abandono de Michael. Noraboa Fernandinho.
Carpe Diem.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Alédome moito polos trunfos de Alonso, como española que son e en tanto en canto eso significa un trunfo para España, pero ás veces cómpre lembrar que o automovilismo existía moito antes de Fernando e seguirá existindo moito despois del.

Julio Torres dixo...

Si, e que un español poida gañar un título mundial non vai ocurrir tódolos días. Non nos debemos acostumar a elo como algo normal, senón como algo excepcional que, oxalá se repite cantas máis veces sexa mellor, pero que antes ou despois pasarán moitos anos sen que haxa un español loitando ata o final por un campionato mundial de fórmula 1. Un caso similar pasou cos Tours de Miguel Induráin. Foron 5 seguidos...ata o deste ano de Óscar Pereiro pasaron 11 anos. E iso que temos moitos bos ciclistas españoles. Nembargantes na fórmula 1 so temos 2 pilotos, que, salvo sorpresa en positivo, pasará a ser so Fernando Alonso.