venres, 27 de outubro de 2006

** A FRASE MÁXICA........¿E TI QUE DIRÍAS?


"Se un se deixa domesticar, corre o risco de chorar un pouco" (O Principiño)

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

O mellor é un risco que vale a pena correr, mellor chorar un pouco que ser de ferro, porque soamentes choran os que sinten, e só sinten os que teñen corazón.

Anónimo dixo...

E para que sirve sentir? Só para unha cousa: chorar. Sempre, sempre que se sinte, se remata do mesmo xeito, chorando. O mellor é facerse cun deses corazóns de ferro a proba de bombas e pasar de todo.

Anónimo dixo...

Estás no teu dereito, moita xente é así. Alá ti. As túas razóns terás. A única vantaxe de sentir é que che muda o ánimo por momentos: unhas veces estás triste, outras estás cabreado, outras riste e outras choras, ves, haiche variedade. Pero, si xa non queres sentir nada ¿qué?. Entón, sempre igual, tódolos días tortilla de patacas e pimentos de Padrón, pois..., tamén corres o risco de que che suba o colesterol.

Anónimo dixo...

A min gustaríame que me domesticaran, de verdade. Non sei si Julio mo permitiría, pero estou tentada a pór aquí mesmo un anuncio buscando "domador". A miña é unha situación ben rara, gustaría que me domesticaran pero ó mesmo tempo teño medo, supoño que lle pasa o mesmo a todolos animais feridos. Estes días releín O principiño e hay unha frase que describe ben o que me pasa. "Pero, si me domesticas teremos necesidade o un do outro. Serás para min único no mundo. Serei para ti única no mundo..." É fermoso cando sae ben, e devastador cando sae mal. Eu, esta semana, tamén tiven tempo dabondo para reflexionar, sí, por momentos ata me sinto culpable de haber deixado o que me amaba polo que me gustaba. Sen embargo, nunca tiven intención de facerlle dano a nadie, xamais. E se o fixen inconscientemente pido perdón. Non sei que vai pasar, poño todo nas mans das forzas que rixen os destinos da xente.

Mariam dixo...

¡Qué vivo estivo o blog en tempos! A día de hoxe penso que o único verdadeiramente indomesticable é o corazón. Este vai por libre. Son consciente dos meus erros, tamén estou arrepentida dalgunhas cousas, pero eu sempre dixen o que sentía e nunca vou dicir o que non sinta.
Se algunhas veces calo e porque penso que é mellor non esgarabellar no pasado. Total, o pasado é pasado. O pasado é un tempo irrecuperable. Aínda que hoxe tivera a oportunidade de volver a un momento do pasado, nada sería o mesmo porque as propias vivencias do camiño fóronme moldeando, fóronme deixando a súa pegada. Nunca sería eu, sería eu máis as miñas vivencias.
Outras veces prefiro calar por simple prudencia. A prudencia é unha virtude moi esquecida nestes tempos. Con catro datos xa che fan un traxe a medida. A nosa é unha sociedade moi apurada, a xente sempre vai con moita presa. Sociedade apurada e superficial, especialmente nas cidades.
¿Corazón de ferro? Ten que ser moi triste. Afórraste moitos sufrimentos, eso si. Non creo que compense, tamén se perde todo. E se non se perde todo, pérdese moito.
¡Saúdos!

Julio Torres dixo...

Hola mariam. Alégrame saber de ti!!! Sí, ultimamente non lle podo adicar a A Lareira Máxica o tempo que me gustaría, pero en breve retomarei a subida de artigos. Hoxe, de feito, acabo de subir algo interesante sobre o aceite de oliva.
Logo, xa non depende de min. Depende de que a xente se anime a comentar como faciamos hai uns anos. Por outro lado, o feito de que os artigos se suban a páxina de A Lareira Máxica, tamén contribúe a que a xente tamén publique alí as súas opinións e non o faga xa aquí, cando non é incompatible comentar nos dous lados.

Por certo, acabo de reler os comentarios desta frase, e sí que dou de sí...Particularmente creo que os corazóns non poden ser de ferro, ou non deberían. Claro que tamén hai xente que quere dar a imaxe de corazón de ferro e logo nada de nada...

O corazón é difícil domesticalo. Interesante e certeira reflexión sobre a prudencia e coincido no útimo párrafo sobre o corazón de ferro...