** Porque aínda somos moi Novos....
Coñecinos no ano 1988. Nunca pensei que me fosen deixar tan profunda pegada…Nunca, pero foron pasando os anos, e a súa ausencia, os bos momentos vividos, todo o que me fixeran rir estaban aí. Non se esvaeceran no lúgubre e indiferente baúl dos olvidos. Non. Hoxe, 18 anos despois (como pasa o tempo…) voltaron. Están igual que a última vez que os vin. Iso si, as súas voces cambiaron. A pesar de que nos tratan de convencer que son as súas voces orixinais, algunha, polo menos, non o é. Ademias, agora falar ese “galego normativo” tan insulso e lonxano do pobo que realmente fale o auténtico galego de Galicia. Non esoutro galego de laboratorio..Os novos voltaron. A mítica serie inglesa foi reposta pola TVG. Sabia decisión…..
SÍ, sabia decisión a pesar de que para todo hai unha época. Mike (o empresario cabr--), Neill (o hippie), Rick (o anarquista de pacotilla) e Vyvyan (o punki) eran os protagonista. Residian xuntos nun piso alquilado e pelexaban seguido porque as súas personalidades eran encontradas. Aínda así, eran entrañables e durantes os 30 minutos que duraba a ficción ríaste ben. Tiña lugar na Inglaterra gobernada por Margaret Tatcher e facía as súas críticas veladas (ou incluso sen velar….).
A TVG sucumbiu á petición dos numerosos internautas que pedían a berros a súa reposición. A canle autonómicos accedeu ás súas peticións e comprou de novo os dereitos da serie inglesa, tal e como afirmaron desde a TVG ós medios de comunicación.
Lía o outro día nun xornal unha opinión sobre a volta desta serie. Comentaba o seu redactor que a serie lle gustara cando a vira, pero que era un tremendo erro voltar a pola denovos, xa que a situación política na que se enmarcaba cambiara totalmente e, ademais, para os que a viran –como el- suporía desmitificar a lembranza da serie. Argumentaba algo asó como que non se debe voltar ó pasado aínda cando sexa para recuperar gratos recordos.
Persoalmente, en parte ten algo de razón a situación política é distitna., Pero como a min nunca me gustaron os políticos dáme exatamente igual. Sobre o que é un risco de voltar a ver unha serie moi querida e ver que 18 anos despois que non era tan boa como nos pareceu daquela, pois si que é un risco e seguro que non nos gustara tanto. É certo, pero non menos certo é que ós que a vimos daquela nos congratulará ver novamente a Mike, Neil, Vyvyan e Rick e rirse coas súas tramas (ás veces estrambóticas), Quizás os que vexan por primeira vez non lles cautive ó que os que a viron hai 18 anos, porque a tv de hoxe é distinta….Pero aínda así ten o seu aquél.
Por último, sobre o de que non é aconsellable voltar ós bos momentos do pasado porque é algo pasado aínda que fose bo, para nada estou dacordo. Non se trata de vivir sempre do pasado, pero ¿Por qué non voltar á lembrar cousas boas do pasado de vez en cando? Xa suficientes cousas malas pasan, como para permitirnos o luxo de non acordarnos das boas…Por riba, estamos a falar dunha serie de ficción…Que trabucado estaba o redactor, parececía que non quixese lembrar….!!!! Pero, aínda que non comparto todo o que di, respétoo, faltaba máis.
A min non me borrou a imaxe boa da serie. É verdade que a tiña moi mitificada, e non sexa para tanto, pero é divertida e entretida. Tamén se debe ter presente que é unha serie antiga e que os medios eran outros. Pero ¿acaso unha película antiga boa se nos gustou moito non a vemos varias veces???Entón???
Para os que nunca vístedes a serie, o día eleixido pola TVG para vela son os domingos ás 12 da noite. Mala hora, pero tampouco demasiado mala. Botan dous capítulos. Empezaron a emitilos o domingo 24 de setembro. Ese día descoñecía a súa reposición. Este últmo domingo botaron outros dous. En total consta de 12 capítulos….
Xa vos adianto que deberon de ter que pór infinidade de decorados, porque a cada pouco os protagonistas rompían na ficción a casa ós poucos….Menudo era Vyvyan!!!!!
Se as paredes fosen de verdad, tería roto a cabeza, as cervicais…..logo dos seus cabezazos “punkeiros”….
Amais, a serie faime lembrar toda unha época de incipiente adolescencia….Pero iso é outro tema…
Agora gustaríame que désedes a vosa opinión sobre OS NOVOS: ¿gustouvos? ¿gústavos? ¿Qué faciades no 88 cando a botaron na TVG por primeira vez? ¿Qué recordos ou lembranzas vos trae?, etc. O que vos poida suxerir, en definitiva.
Sexas benvidos de novo "OS NOVOS" e gracias á TVG por repoñer unha serie que nos fixo rir a tod@s hai xa 18 anos...
Carpe Diem
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Pois aquí estou, opinando, mais que nada para que Julio non me siga botando a bronca por aquelo de que ver sen participar non ten chiste (é broma). O certo é que non coñecía a serie (por aquel entón era demasiado nena para ver series tan complexas e sofisticadas, prefería mirar para os nenos:P), pero despois do resumo da mesma que me fixeches o outro día e de ler o artigo, entráronme moitas moitas gañas. Creo que pode ser unha forma amena e interesante de coñecer unha época relevante na historia do país anglofalante. Xa vos contarei se isto é así ou non cando a vexa.
En canto ó que dis do galego este enlatado da tvg ......... habería moito que falar do conto, pero estou contigo en que o verdadeiro "jhalejho" é o que falan a xente na rúa, nin o dos xornalistas nin o dos políticos.
Oxala repuxeran series como estas e non puxeran trapalladas como poñen as televisions. Gustoume moito o teu artigo Julio. Pareceume que estuvera lendo unha novela por veces. Animo e adiante meu!
Os Novos" representa el sentir de los 80 y sus interpretes eran muy divertidos. son de las que hay que guardar en la videoteca. alguien sabe que fue estos cuatro????
uffff!!!!! que bueno que la repongan. no me perdía un capítulo cuando la pusieron en la gallega hace años y ahora tampoco. siempre recodaré la famosa frase tantas veces repetida de "Vai rañala". jeje..Era humor del bueno, a pesar de estar mezclado con groserías....
Original y divertida 100%
Publicar un comentario