luns, 23 de outubro de 2006

** Un bicampeón español na Fórmula 1 de so 25 anos (I)

NORABOA FERNANDO ALONSO. ¿Ou habería que dicir Fernandinho, posto que esta última carreira de Fórmula 1 disputouse en Brasil, cuna de grandes futbolistas, do falecido Ayrton Senna, e doutros moitos ilustres deportistas?. Chames como te chames (eu prefiro a versión galega: "Fernandiño"), te-lo ben merecido paisano!!! Xa eres bicampión mundial de F-1!!
As trampas de Ferrari e as dos que mandan na F-1 non puideron co bravo piloto asturiano. Finalmente levouse o gato á auga (como vulgarmente se di, pero descoñezo porque a frase se mete co animal das 7 vidas....). A carreira de onte foi un paseo para Fernando, beneficiado, todo hai que dicilo, polos problemas de Michael Shumacher(pero non vale como disculpa, porque outras veces isto ou algo similar pasoulle a Fernando).

Se nos ceñimos á carreira de onte, habería que dicir que gañou o brasileiro Felipe Massa, seguido de Alonso e Button. Shumacher foi 4º e Pedro Martínez de la Rosa, 8º (posiblemente, e por desgracia, o vindeiro voltará ó seu rol de piloto de probas de Mclaren). O segundo posto, cousas do destino, tamén levou parello o segundo campionato do mundo para Fernando. Os dous de xeito consecutivo. Chegados a este punto cabe dicir que se o ano pasado convertiuse no piloto máis xoven en gañar un campionato, este ano conseguiu o 2º. A súa idade ningúen antes acadara ningún campionato.....Aí queda o dato!!!!!

Iso si, temos que darlle toda a importancia que ten a que España conte cun gran piloto como Fernando e que xa leve 2 títulos. Incluso se non consigue máis é toda unha fazaña. Hai que sabelo valorar. Tampouco nos acostumbremos a que debe gañar. Non é fácil. Nada fácil. Hai que saborear cada victoria e cada campionato (oxalá cheguen máis) como se fose o primeiro. Logo cando se retire darémonos moito máis mérito. E cando pasen décadas, moitas máis. Oxalá que logo xurda en España outro piloto do potencial de Alonso e triunfa na Fórmula 1, pero vai ser MOI DIFÍCIL. Non nos enganemos. Pero, de momento, hai que disfrutar con el: coa súa condición, cos seus triunfos.....Hai que saber saborear cada fazaña súa.


No 2007, Michael non estará, e os máximos favoritos trocarán de escudería: Fernando deixa Renault e vaise a Mclaren (dous pilotos españois, se ben De la Rosa, como dixen antes, o máis seguro e que sexa o 3º piloto e, por tanto, piloto de probas, e Kimi Raikonen sustituirá a Michael en Ferrari. A ver que pasa e a ver a qué nivel estará Mclaren (este ano foi a 3ª escudería, pero deixou moito que desexar).

PERO ESTE ARTIGO LEVA PARELLOS DOUS MÁIS (Vamos, que vai con premio!!)
- O primeiro escribino o ano pasado por estas datas cando Fernando conquistou o seu primeiro campionato. Reprodúzoo no seguinte artigo. Porque case todo -senón todo- do que alí dixen, habería que aplicarllo novamente no 2006.

- O segundo pretende denunciar tódalas decisións partidistas que se tomaron este ano na Fórmula 1 e que buscaron beneficiar a Michael Shumacher. Creo que agora que o campionato é dos españois e xusto facerse eco destas oscuras e discriminativas decisións das que falo. Se perderamos parecía un pataleo, pero cómo gañamos....
Pero este segundo artigo publicareino mañán......

Carpe Diem

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :