** ¿É igualitario que so as mulleres non paguen entrada?
Nos tempos que corren, parece mentira ter que escoitar anuncios tan retrógrados como o da Discoteca "Canelas" en Portonovo (Sanxenxo). Anuncian que, hoxe, as mulleresulleres non pagarán entrada. A "feliz iniciativa" non estaría mal se é que houbese outro día no que os homes tampouco a pagasen. Pero iso non acontece nunca. Nunha sociedade que tenta buscar a igualdade de sexos, parece un paso atrás saír con estas cousas. É o peor, e que bastantes mulleres que se amosan a favor da igualdade, non teñen reparos en que so elas entren gratis e os homes nin hoxe nin nunca o fagan. ¿E iso igualdade?. Paréceme que a igualdade debe de existir, pero, como no matrimonio: PARA O BO E PARA O MALO.
Esta discoteca ata hai poucos anos, cobraba máis ós homes que ás mulleres por entrar. Hoxendía xa non. Cando parecía que a igualdade de sexos se facía un oco, oio este anuncio.
¿Que opinas de todo isto? ¿axuda na procura da igualdade?
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Aínda que pareza mentira, iniciativas como a da discoteca que mencionas non son feitos aislados. Seguro que non é nin o primeiro nin o último local de ocio que opta por unha publicidade dese tipo. En temas de discotecas non estou moi posta, pero non hai moitos anos aínda se nos cobraba menos as mulleres que ós homes. O peor do asunto é que cando se recurren a estes métodos para publicitarse (xa se sabe, non so no amor e na guerra todo vale, parece que o mundo do marketing tamén se suma a lista) é porque o asunto funciona, e iso si que me parece xa máis grave. Sen ir máis lonxe, algunhas coñecidas páxinas de contactos en internet recurren o mesmo "truco".
Estou contigo en que se as mulleres queremos que se nos deixe de tratar coma na Idade Media non podemos facer oídos sordos e aceptar prácticas coma estas cando se trata de mirar polo noso peto e despois escandalizarnos cando pasan outras cousas.
Día de entrada gratis para os homes XA!!!!!!!!!!!!!

Antes tamén pasaba na publicidade. O icono sexual sempre era a muller. Hoxe a cousa, se ben aínda sigue sucedendo, polo menos tamén aparecen homes. Iso si, non tanto como mulleres.
Nada o 14 de octubre entrada gratis para as mulleres e o 21 para os homes!!!! jeje
Neste caso estase facendo marketing, ó mellor é unha mensaxe un pouco subliminal: si as mulleres non pagan a discoteca estará chea delas, é dicir a porcentaxe de mulleres con respecto a dos homes será maior, esto implica que tódolos homes terán máis posibles alternativas. Entón, moitos homes pensarán, atendendo a simple lóxica matemática, que ese día terán máis posibilidades de ligar que nunca. Xa está, o dono da discoteca venderá moitas entradas e as mulleres seremos empregadas como cebo unha vez máis. Pero, como ese día as mulleres non pagan, seguro que irán por alí moitas seguidoras dese gurú do pensamento feminista actual chamada Inma Sust, xa sabedes, esa que anda na procura dun bricolador que lle monte os mobles de Ikea e lle coloque os cadros do apartamento. E mesmo ese día pode, así coma quen non quere a cousa, que moitas delas se interesen sobre a potencia dos taladros e o tamaño das brocas, porque o tamaño sí importa, que non é o mesmo furar un tabique de pladur que unha parede de formigón. O das brocas éche especialmente complicado, non todas serven para o mesmo cometido, é dicir, que unhas furan moi ben na madeira pero son completamente inservibles para o formigón. Nestes tempos que corren calquera pode confundirse, sobre todo de si é de noite. Sí, querida Inma, sei un pouco de taladros e desparafusadores que non todo vai ser saber do trebello vibratorio.
Caray, para que logo digan que as mulleres non entenden de brocas...jaja!. Inma Sust,cambia os teus mobles do Ikea por uns do país...jaja!
Publicar un comentario