** A noite de tódolos santos (Hallowen para os ingleses)
Acércase a noite do 31 de octubro ó 1 de novembro, a noite de tódolos santos. Chamouse así desde sempre en España, pero a contaminación americana da man do cine, levou parella a posesión do seu nome. Nos últimos anos xa se lle chama a noite de Hallowen.....(A este ritmo acabaremos dicindo hand ou leg en troque de perna ou man, e ós nos@s net@s soáralles raro as actuais palabras...).
Este artigo divídese en 2 partes. Na primeira, a colaboradora máis activa de alareiramaxica (Gracias, María!!) danos unhas pinceladas do que representa esta noite. Na segunda, explicareiros de ónde procede analizarei de ónde procede a tradición da calabaza...
A NOITE DE HALLOWEN
Non sei se a vós vos pasa, pero de cando en cando e abusando de aquilo de que a confianza da asco (é coña), o señor Julio, administrador xeral desta páxina, faime algún que outro encargo. Desta volta a tortilla xiróuseme nas mans cando lle suxerín tema para o seguinte artigo e, sen comelo nin bebelo, nin saber como nin cando, véxome de novo co encargo de ter qeu contarvos algo sobre esa tradición orixinariamente tan "ianqui" pero que por obra e milagre diso do marketing e o Corte Inglés, xa case parece tan nosa coma moitas outras.
Estou a falar, claro está, de Halloween, que por moi anglosaxón que pareza, imos ver que ten bastante relación con nós, de feito poderíamos incluso decir que Halloween aúna nunha soa festividade tres das nosas celebracións máis coñecidas: o San Xoán, posto que orixinariamente Halloween, que é unha festa que ven dos celtas, celebrábase para conmemorar o fin do verán e tamen do ano; Tódolos Santos (a palabra Halloween é unha contracción irregular da expresión inglesa All Hallows Eve = a noite de tódolos santos), e o noso antroido, xa que a máxima representación de Halloween, xunto coas cabazas, son os disfraces.
Por certo, vós ídesvos disfrazar? Que lle toca este ano: bruxa, vampiro, monstruo, pantasma .......? E é que esta celebración está irremediablemente vencellada á morte.
Na noite do 31 de Outubro os rapaces ingleses e americanos poñen os seus disfraces e saen ás rúas a pedir caramelos. Se non obteñen o que pretenden o resultado será que lles fagan algunha que outra trasnada, eso é o famoso "Trick or Treat" algo así como "Regalo ou Trasnada", así que xa sabedes: se o vindeiro martes alguén vos pide algo, eu de vós pensaríao ben antes de respostar ....
Que teñades un bo Halloween!!!!!!!
--------------------
ARTIGO REMITIDO POR: María
Colaboradora de alareiramaxica
---------------------
A TRADICIÓN DA CALABAZA
Lémbrome cando, sendo un neno, a noite do 31 de octubro a xente adoitaba agochar nos valos dos camiños calabazas. Previamente foran limpadas e estaban ocas por dentro. No seu interior unha vela sútilmente colocada, acendía os miolos da hortaliza.
A súa luz saía por uns desafiantes e aterrantes ollos, nariz e boca talados a conciencia na calabaza. A finalidade non era outro que meterlles medo ás persoas que pasaban polo camiño esa noite...E abofé que álgún despistado se levaba o susto do ano esa noite... Desgraciadamente, hoxendía, por onde vivo eu o das calabazas case non se leve (por non dicir que está en perigo de extinción). A sociedade do consumo e as novas formas de entender esta festa, están dando morte as calabazas....
Pero, ¿como xurdiu a tradición das calabazas?
Fai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe llamado Jack. Jack, según algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el mesmo, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo ¡¡ non o deixaría ir ó inferno se Jack facía o mal na teerra!!. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o demo cumpliu a súa parte e non o deixou pasar, pero deulle a Jack unha linterna, unha peculiar linterna en compensación por todo o mal causado. Esta linterna consistía nun nabo oco con carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (máis coñecido por "Jack of the Lantern", Jack o da linterna) deambula polo mundo coa súa linterna en busca dun lugar onde acougar.
A verdade é que esta é unha versión da coñecida lenda de "Jack of the Lantern", pois existen moitísimas máis versións. Outra delas relata de que Jack fíxolle unha broma ó demo; fíxolle trepar por unha árbore seca e quedou encerrado no seu tronco. A cambio da súa liberdade, o demo tería que deixar de tentalo coa bebida. E claro, como fora unha persoa que cometera malas accións, e como o demo en venganza pola broma non lle deixou entrar,quedouse por aí, vagando eternamente coa súa linterna.
A linterna era a base de nabo, entón... ¿de onde ven a calabaza? Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a tradición do nabo, pero atopáronse coa calabaza. Ésta ofrecía mellores características que o nabo:
1- Era máis grande que o nabo e podíase introducir unha vela, dando máis luz.
2- Proporciona máis alimento.
3- É máis vistosa.
Existe tamén a lenda de que se recorta a calabaza en forma de monstruo e se encende unha vela dentro para que Jack, o da Linterna, non se acerque a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tenebras...
Carpe diem
Ja, ja, ja!!!
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A noite de Halloween (con acento na última sílaba,como me gusta decilo a min) foichevos jodidilla para esta menda lerenda. Non soñei con pantasmas, tampouco vin ningún espíritu por ahí, pero uffffffff. Dende que me deitei ata que conseguín dormir, 2 horas e media dando voltas na cama. Menos mal que so hai unha no ano .........
Me encanta esta noche mucho mucho
Publicar un comentario