mércores, 4 de outubro de 2006

** PETICIÓN DE COLABORACIÓN NA PÁXINA

Sen ánimo de ser pesado, gustariame que participarades na páxina. Se vos custa escribir artigos e envialos á lareiramaxica@hotmail.com para que volo publique (co voso nome, claro está), polo menos facede un mínimo comentario dos artigos que publico. Vale unha liña. Podedes criticalo, indicar cal é a vosa opinón sobre o tema tratado, se vos fai lembrar algo, se é algo pasado: que facíades cando aconteceu o feito tratado...En definitiva comentar algo relacionado co artigo. Valen 5 ou 6 palabras. Non pido moito, creo. O que pretendo é que a xente lle dea máis color á páxina en canto á particípación dentro do apartado de artigos.

Ah!!! para facer comentarios, non tedes que enviarmos á lareiramaxica@hotmail.com (o mail so é para publicar artigos vosos ou suxerencias para mellorar o blog ou outras cousas xerais). Para os comentarios, chega con clickar ó final do artigo onde di "--opinións sobre o artigo + tamén podes dar a túa". so tedes que pór o nome (ou non), facer o comentario (sin extensión mínima)e darlle a enviar. NON TEDES PORQUE FIRMAR O COMENTARIO. PODE SER ANONIMO. Acéptanse todo tipo de opinións, agás que conteñan insultos ofensivos.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :