martes, 24 de outubro de 2006

** Un bicampeón español na F-1 de so 25 anos (e III)


Como o prometido é débeda e como xa vos adiantaba onte, hoxe vou relatar os feitos máis destacados polos que se di que, os que mandan na Fórmula 1, tentaron que este ano gañase o campionato do mundo Michael Shumacher. ¡¡Pero non o acadaron, porque ó final gañou Fernandiño!!
O que se reproduce a continuación publicouno o xornal La Voz de Galicia O 11/09/2006, logo da disputa do Gran Premio de Italia (celebrado en Monza o día anterior). Nesta ocasión, o artigo está traducido ó galego.

------------------------------------
UN MUNDIAL BAIXO A SOMBRA DA SOSPEITA
O útimo escándalo implica aos enxeñeiros de Bridgestone, descubertos dando produtos químicos aos pneumáticos usados de Ferrari
Schumacher gaña en Monza o día en que anuncia o seu adeus>

(Axencias)

O mundial de Fórmula Un 2006 que encabeza Fernando Alonso (Renault) con dous puntos de vantaxe sobre o alemán Michael Schumacher (Ferrari), a falta de tres probas para a súa conclusión, está baixo sospeita polas decisións dos comisarios deportivos e do director permanente Charlie Whiting, que sempre favorecen os intereses de Ferrari. As máis recentes, en durante o Gran Premio de Italia no circuíto de Monza.

O pasado sábado cando Fernando Alonso rodaba tan rápido como o Ferrari do brasileiro Felipe Massa, porque tiña que cruzar a liña de meta antes de que finalizase o tempo, fíxoo cando faltaba tan só un segundo, que lle seguía a 100 metros, os representantes de Ferrari acudiron a reclamar a Charlie Withing porque as turbulencias do Renault desequilibraran ao Ferrari na curva Parabólica.

De forma sorprendente Whiting aceptaba a reclamación e os comisarios deportivos sancionaban a Fernando Alonso coa perda dos tres mellores tempos e iso grazas a que consideraron que a acción fora involuntaria.

O último capitulo é o dos enxeñeiros de Bridgestone dando produtos químicos aos pneumáticos usados dos Ferrari os sábados pola noite ¿para mellorar o seu rendemento?, non, a versión oficial de Charlie Whiting é que se fai para illalos do aire e que non se contaminen, antes de ser enviados á fábrica para a súa análise.

O inicio da polémica
Desde antes de iniciarse a tempada tomouse a primeira decisión que beneficiaba claramente a Ferrari. Logo de prohibirse o cambio de rodas a tempada anterior, en aras do aforro, que deu bos resultados en término de espectáculo nas últimas voltas e que prexudicaba aos equipos que equipaban Bridgestone, entre eles Ferrari.

Se para impoñer o pneumático único por carreira a Federación Internacional do Automóbil (FIA) dera unha serie de razóns, para a volta ao cambio non deu ningunha.

A tempada iniciouse coa polémica dos aleróns flexibles dos Ferrari, que cedían a alta velocidade para ofrecer unha menor resistencia ao aire e aumentar a velocidade punta. A protesta unánime do resto dos equipos obrigaron á FIA a intervir finalmente e facer que os modificasen.

A prohibición da utilización do «mass damper» a Renault este verán, logo de habelo usado coa autorización dos comisarios durante máis dun ano, é outro capitulo escuro deste mundial, ao considerarse que era un elemento aerodinámico móbil e que non podía máis que beneficiar a Ferrari na loita polo título.

No Gran Premio de Hungría, Michael Schumacher (Ferrari) cortou nunha par de ocasións a variante para evitar ser adiantado por Pedro da Rosa (McLaren-Mercedes ) e non foi sancionado por iso.


Na seguinte reunión dos pilotos con Charlie Whiting, Pedro da Rosa pediulle explicacións ao director de carreira permanente sobre esta acción e ante o asombro do resto dos pilotos respondeu que a manobra era legal, cando ata entón se obrigaba ao piloto que o facía a deixar adiantarse se cobrara vantaxe ou se lle sancionaba directamente coa perda de tempo ou un paso pola rúa de boxes.

En Turquía, na saída, Michael Schumacher cambiou tres veces de dirección cando só se permiten dúas. Fernando Alonso falou con Whiting e viron o vídeo xuntos. Recoñeceu que a acción do alemán era antirreglamentaria, pero se limitou a dicir que: «falarei con Schumacher».
Tamén en Turquía o australiano Mark Webber molestou a Pedro da Rosa na sesión de clasificación. Unha vez visto o vídeo, o mencionado Charlie Whiting dixo que en efecto lle molestou, pero non o suficiente, e que non había motivo de sanción.

A falta de tres carreiras para a conclusión do mundial, Fernando Alonso terá que apelar á xustiza divina, porque da deportiva é mellor non fiarse.



---------------------------

O 22-10-2006 (tres carreiras despois deste artigo, o piloto español Fernando Alonso alzouse co seu segundo título mundial de Fórmula 1, pero a arbitrariedade dos dirixentes da Fórmula 1 queda en entredito. No 2007 Michael Shumacher (hai que recoñecer que, ata o de agora, foi o mellor piloto da Fórmula 1, e a pesar de tamén ter amosado moi malas artes de conducción ou ter botado co coche, literalmente, a rivais seus fóra da pista) xa non estará, pero oxalá que haxa obxectividade, coherencia e, sobre todo, xogo limpio. Sobre todo iso....

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :