luns, 2 de outubro de 2006

** Resumo dun fin de semana deportivo


Para @s que, por calquera motivo, non puidéstedes seguir o que acontecer nos Deportes esta fin de semana, aí vai o máis destacado que aconteceu:

*** FÚTBOL
- O F.C.Barcelona e o Valencia colideran a Liga de Fútbol en 1ª Divísión, logo das súas respectivas ante o Athletic de Bilbao (victoria en San Mamés por 1 a 3) e Nástic de Tarragona (4-o en Mestalla).
- R.Madrid e Atlético de Madrid empataron a uns nun derbi madrileño que se puido levar o equipo roxiblanco se Agüieron nos compases finais marca unha clara oportunidade de gol
- O Celta so puido empatar a 1 co Rácing de Santanter, namentres que o Deportivo gañoulle en Riazor á Real Sociedad por 2-0

*** FÓRMULA 1
Michael Shumacher gañou no Gran Premio de China e pasa a encabezar á clasificación do Mundial, logo de que Fernando Alons entrara 2ª e tivera problemas cos neumáticos e, ademais, tardaran case 20 segundos na segunda parada en boxes por culpa dunha torca (de novo).

*** BALONCESTO
Principiou a Liga ACB. Gañaron tódolos grandes, agás o Unicaja que caeu vapuleado de 29 puntos polo Real Madrid e o Barcelona que caeu de 8 puntos, contra todo pronóstico, co Etosa Alicante.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :