** JUJEL, a gheada feita buscador
O Google tamén sabe da gheada. So tedes que pinchar en JUJEL e poderedes comprobar que a nosa benquerida gheada tamén lle come a ourella (non a do carnaval) ó xigante americano. Coa axuda de Google, iso si. Os seus creadores afirman que: "Este sitio é basicamente tres cousas: un servizo público, un experimento en cooperación con Google Inc. para limitar as búsquedas á referencias galegas, e unha páxina simpática para chamar a atención e por en liña dous fenómenos manifestos como son a gheada e o seseo no territorio galego".
Boa nova, sen dúbida, que nos foi remitida por María, unha das nosas grandes colaboradoras.
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
pois si efectivamente jujel existe xD
pero cando estas no jujel e clikas imaxes son googleimaxes ¬¬
Publicar un comentario