sábado, 6 de xuño de 2009

** Recordos imborrables co paso dos anos...


Hoxe agromou en min un sentimento de melancolía pasada. Quizais foi o tempo enfurruñado e tristón logo de tanto sol, quizais este post do amigo e blogger Nacho Mirás que lin hoxe, quizais a canción "Un año más" de Mecano que soaba de fondo namentres acontecían os outros dous feitos anteriores ó unísono. Sí, máis ben foi unha conxunción de factores.

O tempo, ese ser sen rostro, faciana ou pernas que, sen embargo, corre, fixo acto de presencia por uns minutos ó redor de min. Pois ben, o tempo pasa sen decatarnos. Onte xa é pasado, viva o futuro!!!. Aínda que moitas veces vivimos máis o futuro que o propio presente. Nisto é onde se trabuca o ser humano: a felicidade consiste en aproveitar os pequenos momentos da vida, sen esperar grandes acontecementos. Saber valorar o que temos e as cousas pequenas constrúen os cimentos da felicidade. Tentar dar o mellor de sí mesmos sen enganar a ninguén, ter a conciencia tranquila, e gozar dos intres maravillosos cos que nos agasalla a vida, son fonte de felicidade interior e exterior, a pesar de tantos problemas e zancadillas cos que nos sorprende a vida.


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]


    Falaba Nacho no seu post de que estes días cumpríronse 30 anos da súa primeira comunión. A primeira imaxe que me veu á mente foi ésa, a da miña primeira comunión, so uns anos despois que Nacho. Axiña o Mundial de España, Naranjito, Sport Billy, Comando G ou a primeira vez que se emitiu Verano Azul, ou o primeiro bico que lle din a unha muller, ou cando so había dúas canles de televisión e non se emitía ininterrumpidamente, senón que unha carta de axuste asomaba pola grella televisiva namentres os programas e os presentadores descansaban e repoñían folgos, quizais para concursar no "Un, Dos, Tres", ou para ir a "625 líneas" ou a "Si lo sé, no vengo" de Jordi Hurtado, que xa era presentador por aquel tempo antes de pasarse á dúas cun concurso cultural...

    Estas e outras son so algunhas imaxes que se me veñen á cabeza... Parece que aconteceu non hai tantos anos, pero xa pasaron arredor de 30 anos destes feitos. Vaia, tantos que xa morreron tanto Chanquete como Antonio Ferrandis.

    "¿Señor, me podría pasar el balón?" "¿É por min? -pensei ó escoitar a aquel cativo de 6 anos". Mirei para os lados e sí, era por min. Como na propaganda de televisión. Se a realidade tamén iguala ou supera á ficción...

    Hoxe estamos en 2009, o ano do triplete histórico do F.C.Barcelona, case un ano despois de que España gañara a súa segunda Eurocopa de Fútbol -logo da conquerida en 1964-, en plena crisis económica, rodeado de moitas -pero pésimas- cadeas de televisión teledirixidas por uns ou por outros, tentando organizando un novo mundial de fútbol, e rodando un novo Verano Azul, iso sí: Nin Chanquete nin Antonio Ferrandis estarán presentes, porque o tempo pasa, e non perdoa. Hai que aproveitar o momento, disfrutar da vida, vivir o momento, "Carpe Diem" que se diría en latín, algo que se soe dicir pero non sempre facer. Claro que hai que disfrutar pero sen perdelo norte e sabendo ben o que se quere sen facer dano a nada nin a ninguén, que logo se pasa dun extremo a outro. E tampouco se trata diso.

    Junio de 2009, podería seguir falando, lembrando e recordando cousas do pasado. Xa o farei noutra ocasión, que lembrar de vez en cando tamén é bo, que tamén convén recordalas.

    Antes de tomar decisións é bo sopesar cousas do pasado, porque do pasado sempre se aprende, se se pon un pouco de atención e non te deixas levar. É época de tomar decisións. A vida está chea delas. Claro que non sempre se acerta. Nas vindeiras semanas gustaríame tomar unha decisión sobre o futuro -importante, aínda que nada do outro mundo- , pero sen perder de vista o presente e, por suposto, o pasado, pois neles hai cousas e persoas que valen moito a pena...Hai que quitarlle a polilla o alma, que diría Alvariño, e disfrutar da vida. Agora, no mesmo momento que escribo estas líneas, empeza a soar o precioso tema de Coldplay "Viva la Vida" e o sol agroma de entre as nubes...




UN ARTIGO-OPINIÓN REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O moucho dixo...

Moi melancolicio estas hoxe, Julio. Eu ás veces tamen acordome deses tempos pasados. Moitos recordos que parecen que foron ainda o outro día. ¡Da gusto recordar os vellos tempos cando temos estos días tan tristes! Pero como dis ti "Carpe Diem", xa que non é moi bo mirar demasiado a aqueles tempos pasados, sobre todo cando pasas dos 30 anos. Ese periodo no que á vista dos rapaces pasas de ser un chaval a ser un señor. ¡ay! O tempo pasa e non perdoa. Non da marcha atras, inda que nos queiramos. Pero ó mellor animote un pouco si che digo que estan facendo unha nova versión sobre "Verano Azul", que non tardarán moito en emitir na televisión. Non estará Antonio Ferrandis, pero supoño que renacerá un novo Chanquete. Por ultimo decir a todos aqueles de mais de 30 anos:"¡Animo! Temos media vida recorrida pero nadie nos quitara o bailado. Tivemos moitas experiencias na vida, pero temos que seguir loitando por vivir outras novas experiencias, que de seguro, nos reconfortarán grandes satisfaccións. Mirate ti Julio xa lle deste un bico a unha muller, experiencia que eu ainda non vivin, pero que espero experimentar co tempo, si Deus quere. Non debo perder a esperanza ainda que vexa moitos nubarrons. Como dicia unha camiseta que vin en León:"Si ligo, existo. Si no ligo, insisto". Carpe Diem a todos.

Alvariño dixo...

Julio, eu xa me puxen ó traballo. Para acabar coa polilla o mellor é o alcanfor. Pois eso, ahí vai un adianto do meu próximo relato. Empeza un chisco melancólico pero a cousa vai mellorar, xa veredes. Moitas gracias a todos polos vosos comentarios, sodes moi amables.

"Alcanfor"

Mi abuela llenaba su armario de bolas de alcanfor. Estaba obsesionada con la idea de que las polillas pudiesen acabar con las sábanas de su ajuar. Todavía las conservamos, son sábanas de algodón blanco delicadamente bordadas. Mis abuelos se casaron en el año 1942. El olor del alcanfor me produce sentimientos contradictorios: por una parte es el olor del armario de mi abuela y por otra es el olor de las beatas de mi parroquia. No sé si a estas alturas quedarán beatas en mi parroquia. Creo que pocas. Desde que hice la Primera Comunión he vuelto a la iglesia en contadas ocasiones. Nuestro párroco es la antítesis del pájaro espino y eso, a la fuerza, tiene que influir en la devoción de las feligresas. Viejos problemas, viejas soluciones. Polillas y alcanfor. Las polillas son terribles. Trabajan lentamente pero sus efectos son devastadores. Las polillas que atacan el alma son igual de indeseables. También trabajan lentamente, también causan daños tremendos. Atacan por todos los frentes hasta que logran ahogarte. Un día por la noche te acuestas y notas que te cuesta respirar. Alarmado, al día siguiente vas al médico. Después de reconocerte te dice que tienes principios de asma y te receta un Ventolín. Mentira. No es asma, son las polillas.

sonia dixo...

Bo día! Xa chegan os raios de luz pola ventá, alégrome.

Bo artigo, un pouco melancólico, sempre hai momentos para todo e as veces estes intres tamén son necesarios para lembrar quen somos, de onde vimos e a onde vamos.
Sen embargo, estou dacordo co Mocuho, en que as veces o pasado, pode ser coma unha carga que non te deixa ver o presente, e tampouco te permite vivir dito presente. Ao igual que coma dicis ti, estar pendente do futuro.
Onte tivén unha conversa co meu irmá sobre o tema da felicidade, si existe ou non....É fíxome cuestionar sobre dúas palabras que dixo " a felicidade é imperfecta"...quizá sempre buscamos algo grande, e como ben dis, esquecemos os simples detalles.
Penso que os momentos chegan, tamén para ti Moucho, coma para todos. Na vida penso que moitas situacións chegan e nese momento é cando hai que "atrapalas", je, é disfrutar delas, sempre por suposto con sentidiño. As veces estamos demasiado "obsesionados" con certas situacións e nese momento non aparecen.
Por outro lado comentar o cheiro de alcanzor, a min tamén me recorda a avoa e a xente maior. Aqueles tempos de xogos na rúa cos compañeiros, os días de clase......A serie de verano azul, canto disfrutei con ela...
Bueno, desexarvos a todos unha feliz semana e que disfrutedes de cada intre, de cada momento sen darlle demasiadas voltas se é posible.