** ARRIBA OS ANIMOS, MAIORES DE 30 ANOS
Como vexo que hai moita añoranza polo pasado, e que nos poñemos melancólicos e tristes todos, envíovos este vídeo do grupo Les Luthiers (grupo que todos coñeceredes e que a min persoalmente me encanta), para que en contrapartida a estos artículos, nos deamos conta de que a vida hai que afrontala con ironía, nos momentos máis baixos.
ENVIADO POR: O Moucho
Colaborador habitual de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Hola a todos!
Tes razón, a semana pasada parece que en xeral estábamos todos un pouco apagados.
Moi boa idea o do video que enviaches.
Moi boa semana e moi bo ánimo para todos
Non sei por qué te refires só aos maiores de 30 anos. Quizá non o pillo, pero paréceme que todos necesitamos animarnos dalgunha maneira, aínda que uns máis que outros. Les Luthiers son un bo antídoto contra a mágoa. Saúdos e gracias polas túas visitas e comentarios.
Guillermo, coincido contigo na apreciación sobre Les Luthiers. Para tódalas idades. Unha cousa: o vídeo foime envíado por O Moucho, seudónimo dun dos colaboradores de A Lareira Máxica. Tanto o texto como o vídeo foime remitido por el. Conste non se me ocurrira o de Les Luthiers, que senón xa o o tería publicado un servidor hai tempo. De aí, que lle teña que dar as gracias a O Moucho por darnos pé para ver a tan fantásticos artistas. Son fabulosos os Les Luthiers.
Sobre o da idade dos 30, o amigo Moucho refírese ó artigo que escribiu servidor o sábado, referente ós que nacemos na década dos 70 e lembramos con nostalxia a década dos 80.
Sobre as miñas visitas e comentarios a Migramundo, o agradecemento é recíproco. Gracias a tí tamén, amigo Guillermo.
Sonia, penso o mesmo ca ti, tamén
Un saúdo e moitas gracias polos vosas visistas e comentarios
8/06/09 16:34
Publicar un comentario