venres, 26 de xuño de 2009

** O Rei do POP díxonos adeus para sempre

Como xa sabedes, onte pola noite, hora española, morreu o cantante Michael Jackson. Un xenio da música que acuñou un estilo propio de baile. Deu que falar por pasar de ser negro de pel, a ser blanco. O nunca visto. Ademais a súa relación cos nenos foi polémica.

Lémbrome daquel "Thriller" no que a mediados dos anos 80 nos sorprendeu a todos. No videoclip do tema musical aparecen aqueles mortos vivintes ou zombies que inundaban a vida coa súa presencia. Entre eles Michael Jackson impresionaba a todos cos seus pasos de baile e xiros case imposibles. Mítico videoclip, mítica canción, quizás o seu primeiro gran éxito e que chegou a ser número moitas semanas.

Din que a súa infancia foi difícil e que lle esixiu moito a un neno que con tan so 5 anos empezou a cantar xuntos cos seus irmáns no grupo "Jackson Five". Non sei, pero dame que algún trauma sí tivo que ter, o que explicaría a súa relación especial cos nenos. Dá a impresión que quixera recuperar a infancia perdida rodeándose de nenos.

O seu pasamento é unha gran perda para o mundo da música. A morte de Michael Jackson penso que pode ser equiparable a de Elvis, non polas formas, senón polo que ambos representaron e por chegar a ser iconos de dous estilos de música. Elvis, do rock: Michael do pop. Ambos deixaron un gran legado artístico.






De negro a blanco en 30 segundos:

Vídeo publicado en ISLAS CIES BLOG






Viñetas gráficas feitas por JRMORA

Descanse en paz Michael Jackson



UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dixo...

Coincido case plenamente contigo. Este é un caso mais de como a sociedade aupa a un gran artista dende moi pequeno e este acaba corrompendose por culpa de este mundo tan comercial que o rodeou dende a infancia. Non cabe duda de que case toda a súa carreira foi espectacular, pero acabou sucumbindo ó vicio e a mediocridad. En certa forma, non me entristece esta perdida. Tampouco quero decir que me alegre, pero dende logo os seus derradeiros anos deron moitisimo que desexar.