venres, 26 de xuño de 2009

** As Frases Máxicas de...Michael Jackson


<>" Se oes unha mentira moi seguido, empezarás a crela "

<> "Non importa o que fagas ou as boas intencións que teñas, sempre haberá un idiota que tratará de afundirte "

<> " A xente sempre está disposta a pensar o peor de ti "

<> " Se podes soñalo podes facelo "

<> " Pensar é o maior erro que un bailarín pode cometer. Non hai que pensar, hai que sentir "

<> " A inocencia dun neno é unha fonte de enerxía inagotable "

<> " O que máis me gusta de actuar é que a xente séntese feliz. Facer sorrir a unha persoa significa para min nin máis nin menos que calquera cousa "

<> " A miña música pretende unir tódalas razas, para que todos vivamos como unha familia "



Michael Jackson

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dixo...

Foise un dos grandes da música sen dúbidas, un dos grandes en moitos sentidos.
Pena, que as veces un non saiba aproveitar todo o que ten, ou aparentemente é o que parece.
Está claro que as apariencias poden enganarnos e tamén parece que o diñeiro as veces "fai que nos descontrolemos". Tamén cada un ten unha idea, unha perspectiva de vida diferente, é o que para un sería o ideal para outro pode ser o oposto.
De todos modos Mikel Jackson deixa algo grande, un legado musical auténtico e esté onde esté o importante é que descanse en paz.

Cristuina dixo...

<> "Non importa o que fagas ou as boas intencións que teñas, sempre haberá un idiota que tratará de afundirte "


Canta razón encerra esta frase. Seino por experiencia propia!