** O señor do anel americano
Los Ángeles Lakers proclamáronse na pasada madrugada, hora española, campións da NBA (ou sexa, a liga americana de baloncesto, catalogada como a mellor do mundo). Neste equipo xoga
Pau Gasol. O catalán conquire así o seu primeiro anel na NBA, logo de 8 anos na liga americana. Ata principios do 2008 xogara sempre cos Memphis Grizzlies ata ó seu traspaso ó equipo dos Lakers. No equipo anxelino é peza importante, xunto a outras estrelas, en especial Kobe Bryant. O de Pau Gasol é unha historia de sacrificio e crer en sí mesmo, que deu os seus froitos. Primeiro triunfou no seu equipo, o F.C.Barcelona, logo deu o salto á NBA, posteriormente fichou por un dos equipos máis grandes (os Lakers) e agora é campión na NBA con este equipo. Entre medias, no 2006 foi campión de Europa con España. Casi nada. E so ten 28 anos. Ademais, é un referente para moitos xóvenes que se deciden a practicar baloncesto. Noraboa Pau!!!
UN ARTIGO FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Felicidades por ese triunfo tan soñado e que siga conseguindo mais triunfos no futuro. Enhoraboa Pau. Eres un novo motivo de inspiración para os nosos nenos. Ainda que non me gusta moito o baloncesto, creo que temos xogadores que teñen un nivel moi alto neste deporte, ainda que non se valoren tanto, ata que saen na NBA. Fomentemos tamén outros deportes nas escolas, pois non todo vai a ser futbol.
Teño que recoñecer que non son nada deportista, e as veces non me informe. De todos modos felicidades ao xogador español de balomncesto.
Ogallá o deporte sexa unha forma de coidarse, de divertirse.
Publicar un comentario