venres, 19 de xuño de 2009

** Non hai tres sen catro....

Ó triplete conquerido hai pouco polo F.C.Barcelona de fútbol (Liga, Copa de Europa e Copa do Rei) hai que engadirlle a Liga ACB que conquistou onte a sección de baloncesto. Na final ó mellor de cinco partidos, os do F.C.Barcelona gañaronlle 3 a 1 ó Tau Vitoria, que foi o campión o ano pasado. A "Bomba" Navarro, o galego Fran Vázquez, Gianluca Basile, Anderson e Ilyasova foron os mellores nesta final por parte do Barça.

O lado negativo ven protagonizado por TVE, que cometeu erros de bulto. O máis grave foi deixar de dar dous minutos do inicio do último cuarto do partido para ofrecer o sorteo da Lotería Primitiva, pero por riba... EN DIFERIDO!!!!. En realidade, si o estaban dando nunha ventaniña pequena á esquerda, pero que non se podía ver ben o partido. Digo eu: tendo en conta que o sorteo xa se celebrara, ¿non sería mellor dar directamente o resultado do sorteo no descanso entre o terceiro e o cuarto e último cuarto ou, si acaso, ofrecelo tamén en íntegro diferido, unha vez rematado o partido (podíase pór un rótulo na pantalla para avisar)?.

Paréceme pouca seriedade porque sempre debe primar o directo ó diferido e tendo en conta que o diferido era un sorteo pois moito máis. Estes erros, únense ós que adoitan a comenter no Teletexto (txt) de TVE. Onte, por exemplo, no txt dicía que Juan Carlos Navarro acadara a 15ª Liga ACB, cando con ésta suma 5 (15 son as que leva o F.C. Barcelona). Por tanto, falta rigor e seriedade. (Preme na imaxe para ler o txt).

Finalizo: ¿Se en vez do Barcelona xogara o Madrid terían feito o mesmo?. Teño as miñas dúbidas. Nada, que non aprenden logo do ridículo coa emisión en diferido do himno de España na retransmisión da final da Copa do Rei de fútbol.



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica


2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

s dixo...

Felicidades ao Barca e a tódolos seguidores.

Julio Torres dixo...

Moitas gracias Sonia!!!