martes, 20 de novembro de 2007

** Amaia deja la La Oreja de Van Gogh

Amaia Montero, a voz de La Oreja De Van Gogh, deixa o grupo, logo de 11 anos na formación musical vasca. A noticia deuse onte na páxina do grupo e na da propia cantante. A min particularmente, paréceme unha triste nova porque La Oreja era un dos meus grupos favoritos. Certo é que os seus últimos discos non tiveron o éxito do "El Viaje de Copperpot", álbum no que discurría o que para min, foi a mellor das cancións do grupo vasco ata o momento. Refírome ó single "París". Para min foi o seu mellor álbum porque case todas dese disco me gustaban. Outra canción doutro disco que tamén me gusa moito é a que lle adican ó autobús "El 28", un dos seus primeiros temas....Pero tamén hai outros temas como "El vestido azul", entre outras.

E decía de momento, porque o grupo, xa sen Amaia, afirma que aínda lle quedan moitas cancións por facer. Iso si, teranse que pór as pilas e buscar unha boa voz. Non calquera. Do que non hai dúbida e de que @ vocalista dun grupo marca sonora do grupo. Sí, xa sei que o cantante non é o único membro dun grupo musical, pero creo que é a máis importante.

O motivo da ruptura estase a dicir que é que Amaia se levaba mal con outro membro do grupo: Pablo Benegas (guitarra). Sinceramente, non o sei. Se é así pois é unha mágoa que acaben así, pero como di unha amiga miña "c'es la Vie" (así es la vida).

Quen sabe, ó mellor un cambio supón aire novo e un cambio a mellor para as dúas partes (ultimamente detectaba que as cancións se parecían moito, non sei se era na composición ou na forma cantalas, ou todo á vez).Tempo ó tempo

O panorama musical está cheo de rupturas de grupos ou cambios de cantantes. La Década Prodigiosa (que por cambiar cambiou ata o nome creo e a todos ou case todos os que a compoñían ó principio) ou Olé Olé son so dous mostras neste sentido. Do caso de Olé Olé xa falei noutra ocasión neste blog (premede o enlace
aquí)

Oxalá que acerten coa nova cantante e La Oreja siga, e siga colleitando éxitos. Penso que o merecen.

E Amaia, a ti tamén che deseo moita sorte. E quen sabe, o destino ás veces é moi caprichoso é o mellor nun futuro ata voltan xuntarse......A saber....

A modo de despedida de Amaia, déixovos cun vídeo de Youtube e a canción "París" con subtítulos en......¿Japonés ou chino? Simpática a anécdota.



ENLACES:

-->Amaia deja La Oreja de Van Gogh
-->Se disolvión la Oreja de Van Gogh
-->Entrevista a Amaaia en Telecinco
-->La Oreja de Van Gogh se separa



UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Pois sí, coincido, é unha pena. Ademáis, creo que o grupo cambia, pode vir outra vocalista estupenda, pero a primeira impresión é a que queda moitas veces. Xa non será a Oreja de Van Go, será diferente.
É algo que tamén me ocurre coas series de televisión cando, de repende no medio da serie, aparecen novos actores.
Xa non é o mesmo. Será bonito, pero diferente.