venres, 16 de novembro de 2007

** A Frase Máxica......dun grego ¿ti que opinas?

"Cásate; se por casualidade dás cunha boa muller, serás feliz; se non, volveraste filósofo, o que sempre é útil para un home"



Sófocles

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

É dicir, as alternativas que ofrece Sófocles son dúas: ou eres feliz ou eres filósofo. Do que podería deducirse que "todos os filósofos son uns infelices", ou tamén que "todos os infelices son filósofos". Sinceramente, non creo que sexa así, non sei porque a filosofía ten que ser necesariamente incompatible coa felicidade. Tampouco teño moi claro que a felicidade proveña exclusivamente do matrimonio, porque logo podería seguir deducindo e chegaría a conclusións tales como que "para ser un bo filósofo hai que estar casado e ser infeliz", ou "todos os homes solteiros son felices".

Logo, podería introducir un novo elemento na miña reflexión: a presunta utilidade da filosofía. ¿Será útil ser filósofo?, ¿será máis útil ser filósofo que ser fontaneiro? Non sei... Cando me gotea un grifo chamo ó fontaneiro, quero dicir que a utilidade ten que ter unha relación co problema a resolver. ¿Qué clase de problemas resolven os filósofos? Aquí radica a clave da utilidade da filosofía. Non sei que clase de cuestións resolven os filósofos, se son as mesmas sempre, se van mudando segundo a época histórica. Supoño que haberá de todo, unha serán preguntas eternas ás que en cada momento se lle dará unha resposta diferente e outras serán cuestións propias de cada época.

Pensándoo ben, inda vai ser mellor ser simple, non tes que pensar moito e así tes máis tempo para pásalo ben. Nada de pensamentos profundos, ningún. Así é todo, se casas e non eres feliz, supoñendo que Sófocles tivera razón, estarás destinado a converterte en filósofo e acabaráseche o de ser simple coma a mosca do vinagre. Conclusión particular: vai ser mellor non casar, non vale a pena correr riscos. Creo que teño moitas posibilidades de acabar sendo filósofo e eso si que non, son migrañoso e teño que evitar os factores desencadéantes da dor de cabeza, entre eles, pensar moito. Xa se sabe, a prevención é moi importante.

Na Lareira sempre poñen frases moi complicadas, deben ser para xente moi sesuda, claro, debe ser eso. Eu dende aquí, vou aproveitar para reivindicar o sinxelo, o saber popular. Como mostra un exemplo, pasa a compartir con vos unha frase que me dixo onte unha amiga: “os homes son coma os váteres públicos, ou están ocupados ou están sucios” ¡ja, ja!