** Feísmo arquitectónico por culpa dun teléfono
C ousas da vida….
Antes era moi normal escoitarlle dicir a alguén:
- “Vou chamar por teléfono. ¿Tés cambio deste billete de mil en moedas?”
O que acabades de escoitar pódevos sonar un pouco raro ou, incluso, extravagante, pero iso de chamar por teléfono meténdolle moedas ó susodito “aparato” é o que se facía a cotío ata hai so uns anos. E digo se facía, porque cada vez é máis infrecuente atopar a clientes de cabinas telefónicas. Aínda que habelos hainos….Ou iso din. Desde que se xeralizou o uso dos móviles o panorama mudou de aspecto. A cultura deu unha salto no medio do camiño, ¿un salto positivo ou negativo? ¿Qué outros danos colaterais trouxo consigo?.
O móvil é un trebello que foi gañando adeptos a pasos axigantados,namentres o seu irmán maior, o teléfono de cabina -das cabinas de toda a vida como dirían os de Gomaespuma- os perdía na mesma proporción, tamén a pasos axigantados. Cal regra de tres inversa que se estudiaba de pequeño no colexio.
A principios deste ano pasei por un lugar e unha cidade que sempre, sempre me cautivou, e aínda o segue facendo. A santiaguesa Rúa do Vilar. Ben, pois nese incomparable percorrido baixo os seus milenarioe fermosos soportais (recomendo visitalos sobre todo cun Santiago de Compostela con choiva) albisquei ó lonxe unha cousa que me chamou a atención. Era unha cabina telefónica incrustada nos soportais. Chamoume a atención por dous motivos. Paso a explicalos:
1- Porque me preguntei ¿e quen raios usa agora estas cabinas con tanto móvil solto pola sociedade adiante? Por certo, antes para poder falar cunha persoa que non estaba nun sitio onde houbera teléfono fixo era difícil. Agora co móbil é máis sinxelo, Aínda que iso ten o seu lado bo e o seu malo. Como todo na vida…
2- Deume en pensar senón sería o de aquela minicabina telefónica un caso de feísmo arquitectónico, tan característico da nosa Galicia, pero “á inversa”. ¿Qué pintaba unha “modernidade” telefónicia apegada a aqueles soportais antigos, pero de tanto valor artístico e histórico? E digo inversa, porque postos a pensar, o feísmo provocábao o propio teléfono xa non so porque rompía a arte do lugar, senón porque, gracias da vida, a cabina telefónica case é un obxecto en perigo de extinción por mor dos móviles. Visto desta maneira tanto os soportais como a cabina pasarían a ser reliquias. Pero non. A arte é arte, e a cabina desentona tanto como ver o CGAC ó lado do Museo do Pobo Galego. Ou iso me pareceu a min. Non había excusas…
Entón que fai a cabina alí ¿afear? Pois si. Creo que pór un teléfono hoxendía nun casco histórico debería ser case un delito. E como se dentro da Catedral puxeramos un ciber ou outra cabina telefónica. ¿¿Non é moi lóxico non?? E nos teempos que corren, con tanto móvil, pois aínda debía ser máis delito. Un feísmo arquitectónico en toda regra provocado por un medio de comunicación, en plan vestixio telefónico. Vamos que o aparello desentona completamente. Quizás o turista que recorre a Rúa do Villar xa traia un móvil no bolsillo –senón dous- e, en caso contrario, a zona nova de Santiago, está a un pasiño. Non amolémola paisaxe e a historia arquitectónica santiaguesa…..
Voltando a reflexión do primeiro punto, é curioso: nuns poucos anos a nosa cabina telefónica de toda a vida, case parece unha reliquia comunicativa pois con tanta fartura de móviles ¿quen as vai usar?. E agora, ó mellor, é outra obra de arte a conservar. Nun futuro veremos nos museos exposicións de cabinas telefónicas. Non é coña. É verdade. Sí, aquelas cabinas tragacartos que tanto nos teñen timado pois quedábanse co cambio ou, sinxelamente, con tódalas moedas sen deixarnos nin tan sequera dicir:
- “Hola, ¿está menganito….?”
Ladroas, máis que ladroas, cantas moedas non me devolvéstedes…..E agora están en vías de extinción…..
…Cousas da vida
ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Bueno, mirade senón o que está a pasar coas cabinas telefónicas inglesas. Quen non se atopou máis de unha como obxecto decorativo en infinidade de lugares (pubs,bares, restaurantes, cafeterías ....)
Por outra parte, estou totalmente de acordo co do feísmo. Fóra de alí xa esa cabina. Se non fixo falta noutros tempos, seguro que ahora tamén se apañaban ben sen ela.
E en canto ós móviles ... que dicir. Eu fun das que me resistía a usalos e das que segue pensando que farían falta unhas regras de uso como con tantas outras cousas.
A orixe deses trebellos estaba nos altos executivos (agresivos como diría eu) que calquera pode comprender que precisan pasarse horas "ó aparato", que levan unha vida tan vertixinosa que algo tan moderno como o móvil lles facilitou enormemente a vida. Pero a cuestión é: tamén nola facilitou ós demáis? Porque iso de estar nunha reunión totalmente informal de amigos e ter que ver como un/ha a interrumpe para pasarse media hora ó aparello para contar calquera chorrada, ou como alguén se ergue do sitio e te deixa con dous palmos de narices no medio dunha conversa para atender unha chamadiña de "urxencia vital"...... Estaseme a ocorrer un que rabia da cando ..... interesantíssssimo. Marcho porme a escribir antes de que as musas (guiño a Alvariño :P) me abandonen.
¿Feísmo? Non, esto é un espanto. Non sei a quén se lle puido ocorrer a brillante idea de poñer unha cabina nos soportais da rúa do Villar. No seu momento xa tivo que ser cousa dalgún iluminado, pero agora, que siga alí é incrible. Ten moita razón Julio, que ladroas eran as cabinas, recordo que era moi raro que che devolveran o cambio. Que aproveitadas foron sempre as compañías de telefonía, polo que se ve algunhas cousas nunca cambian. Alegroume moito ler este artigo de Julio, segue conservando o seu estilo e o seu bo criterio. Espero que volva a publicar artigos seus con máis frecuencia, bótanse en falta.
Cambiando de tema, oxalá que as musas nunca abandonen a María. Pero, pensándoo ben, para qué raios quere María musas. María xa é unha delas, é certo, a min inspírame. A propósito, gustoume moito eso de que a Lareira é coma un viveiro de escritores.
E finalmente, tamén aproveito para darlle as gracias a Jessica polo comentario que me fixo o outro día. Por agora non vou a por o teléfono na Lareira, estou pensando en por unha dirección de correo electrónico, xa veremos... Non sei que pensará o noso coordinador desta nova faceta da Lareira como páxina de contactos, non sei... Por suposto, encántame a idea de facer novas amizades na Lareira. Saúdos e xa nos leremos!
Alvariño
Boing boing boing. Pelota, pelota, pelota que é o Alvariño. Musa eu???? Se non sabedes o que estou aprendendo de todos vos. Pero bueno, iso é o bo, non? Que todos poidamos aprender de todos. Seguro que cada un no seu estilo ten as súas cousas das que aprender e moito.
Ahh, e eu tamén estou de acordo en que o parón lle debe estar sentando de marabilla a Julio porque este artigo devólvenolo en toda a súa esencia. Pura esencia Julio 100%. Lémbrame os primeiros artigos del que lin alá fai un ano cando descubrín da súa man esta páxina. A min tamén me gustou moito e quero máis.
Julio, a poñerse as pilas!!!!!!!!! A poñerse bo que a ver que é iso de estar tan pachucho tanto tempo ehhh!!!!!!!! A ver se imos ter que ir falar nos co señor doutor.
Tes moita razón Julio, é difícil asociar unha estructura arquitectónica antiga cas novas metodoloxías. Pero xa vin ese detalle noutros lugares.
O que sí sorprende é o uso do móvil, que dependencia creou a sociedade.
As nova tecnoloxías: móvil, ordenador...en sí non son negativas, o contrario son moi boas, o problema é o mal uso que facemos, máis ben o abuso.
Ufff, de repente ó ler todos os vosos comentarios púxenme vermello. Isto si que é subir os ánimos!!!! Así da gusto.
María, oxalá pudera participar tanto como quero. Non podo usar o ordendador tanto como quixera, é cando podo, coma hoxe pois entro para comentar, facer un artigo, subir algún voso, poñer algo na páxina. Iso si, sen Patri administrando habitualmente o blog. Bueno, se vos fixades non o atualiza tódolos días porque é unha muller ocupada (e tamén hai que dosificar as colaboracións enviadas por vós, por temor a quedarse sen ningunha que publicar) pero sen ela non se podería estar actualizando. E sen vós, menos aínda.
Na medida en que poida escrbirei algún e cando non, tentarei escribilo a man (como se facía na antigüidade, jeje) e pasarllo a xentil Patri, que espero me perdoe polo peloteo pero é que creo que o merece porque se está a portar ben conosco e sei que é unha muller que non para porque está metida en mil cousas. Gracias Patriciña!!!
Alégrome que vos gustara o artigo da cabina. A foto hai uns meses que a quitara, pero a situación no mudou. Prometéralle a unha gran amiga que publicaría este artigo e a promesa había que cumprila. Un día tomando un café con ela en Santiago faleille do tema e a ela creo que lle gustara. Pois nada. Tarde pero falei del.
Saúdos a todos, e Carpe Diem
Publicar un comentario