** En cen palabras, como fai Polizón
É difícil escribir algo en cen palabras. É difícil escribir cando non se ten nada que contar. ¿Non teño nada que contar? ¿De verdade? Non sei…, sempre hai algo que contar. Na vida real, cando non hai que contar fálase do tempo. É un tema comodín, vale para todas as situacións, moi útil para evitar controversias. Vai frío, vai calor, cánto choveu, cándo choverá, esta noite folerpou, esta noite fixo moita calor,…as posibilidades son innumerables. Falar por falar, romper o xeo, falar sen dicir nada relevante, falar do tempo. As veces reparo nestas cousas e quedo pensativo. Quén sería o primeiro que falou do tempo, será un invento máis de Leonardo, pode ser. Xa levo 115 palabras, esto é coma todo, empezas e xa non das parado. Probade, xa veredes, vos mesmos, sen medo, é sinxelo. Como me gustaría ler algo na Lareira da xente que nos visita dende outros países, moita dela dende América. Espero que non nos teñades manía como Hugo Chavez, lembrade que en España non todos somos Aznar. Ademais, neste blog, ninguén manda calar. Polizón, son un mal imitador, necesitei 184 palabras. Vou ter que cambiar o título do artigo: “en 200 palabras”, xustas, eso si.
UN ARTIGO DE: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario