mércores, 14 de novembro de 2007

** Pontevedra empeza a documentar as rúas

Hoxe quixera facerme eco dunha cousa que me chamou moita a atención pero que coido que axuda a potenciar a cultura. Descoñezo se se fai noutros concellos. Na cidade de Pontevedra están empezando a poñer debaixo dos nomes das rúas, quen foi esa persoa. A verdade é que non acertaría moit@s deles se non mo dixeran. Ó marxe de poder estar dacordo ou non que se lle adique unha rúa a tal persoa, creo que está ben saber quen raios era. Iso axuda a coñecela e saber porqué se lle adicou dita rúa. ¿Acaso nunca nos preguntamos quen era a persoa que figura na placa? Incluso digo máis. ¿Non vos pasou de que estades fart@s de oír o nome da rúa pero descoñecemos totalmente quen era a persoa en cuestión?

Falo de Pontevedra porque é a única cidade ou pobo que sei que fai isto (desde hai poucos días), pero insisto: ó mellor hai máis, e senón os hai pois debería. E os que o poidan facer: PARABENS.

¿Que opinades do tema?




ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

M. dixo...

A mín paréceme moi boda idea. E ogallá que outros concellos tomen nota. Saúdos.

Julio Torres dixo...

Un saúdo a ti tamén Manuel e noraboa polo teu blog.