**QUE RABIA DA CANDO......!!!!
¡Que rabia me dan os prezos!. Non paran de subir, xa o sabemos todos, pero ademais deso está o tema do pitorreo, porque hai cousas que parecen unha tomadura de pelo. Estou farto, pero que moi farto, ¡fartísimo!. Cerca da miña casa hai un Eroski, un MaxiDía, un Gadis e un Árbol. A estes dous últimos vou pouco, parécenme caros. O anuncio do Gadis é moi bo pero non me fixo cambiar de idea. Pois, gustaríame saber por qué no MaxiDia 2kg de clementinas, moi ricas e doces, custan 1,69 euros cando no Eroski ese é o prezo dun kilo delas. Qué fenómeno paranormal será ese que nuns escasos metros provoca tal disparidade. No Eroski, as froitas e as verduras frescas son caras. Por exemplo, o kilo das mazás Royal Gala vale uns 50 céntimos máis que nunha froitería que frecuento. As verduras conxeladas envásanas en bolsas de 750 gramos e, curiosamente, teñen o mesmo prezo que as bolsas de verduras conxeladas do Carrefour, que son de 1 kilo de peso. Seguindo cos prezos dispares, no Alcampo un kilo de chourizos de Lalín, categoría extra, custa 4.99 euros, no Eroski os chourizos pasan de 7 euros o kilo. No Alcampo por 1 euro cómprase un oso grande de xamón curado, estupendo, non é para o can, é para o cocido. No Eroski, por un euro venden un anaquiño miserable e rancio de xamón, unha puntiña chea de graxa. No Eroski, 1 kg de fabas vale pouco máis dun euro, no Alcampo duplican este prezo. Unha botella de vino Ribeiro, con denominación de orixe, vale moito menos no Eroski que no Lidl. A lixivia con deterxente e as bolsas do lixo creo que máis baratas que no Lidl non se atopan.
Outro exemplo, antes, un pack de 3 pastillas de xabrón de tocador, marca Hipercor, feito por Gal, custaba 1.15 euros. Xa vai con dúas veces que quero mercalo e non está na estantería. Debérono quitar, tiven que comprar outro, por suposto, máis caro. O xel de baño, cómproo na Farmacia que está enfronte do Hipercor. É hipoalerxénico, ven en botellas de 1000 ml e sempre está de oferta, co cal sae moito máis barato que calquera xel de supermercado, eso si, hai que comprar 3 envases. O café descafeinado Bonka Mezcla de 250 gramos no Eroski ten un prezo de 1.70 euros, no Hipercor pasa
QUE RABIA DA CANDO...!!! FEITO POR: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Alvariño estou dacordo con todo oque dis. Coido que é un caso para que sexa resolto por Mulder & Scully.
Iso lémbrame tamén outra cousiña que me aconteceu non hai moito: hai dúas semáns comprei unhas galletas que lle gustan muito a Jaime. Antonte, como xa as rematara, o moi lambón, pois fun ó mesmo hipermercado a mercalas. Cal foi a miña sorpresa que estaban de oferta na cabeceira da estantería. Que ledicia dixen eu!!!! inxenua de min: VALÍAN MÁIS CARAN QUE SEN ESTAR DE OFERTA!!!!.
E isto xa me ten acontecido muitas máis veces con outros produtos.
Claro o que pensa que as ofertas sempre son certos pois pican como xabatos.
Menuda faciana teñen!!!!!!!!!!!!!!!
Que razon levas Alvariño!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Mi madriña!!!!!!!!! Isto é un artigo de investigación e o demáis son contos. Que precisión, que coñecemento do tema a tratar, que dominio do asunto.
Jessica, o Alvariño este éche todo un partidazo. Ti viches o que controla do tema compra semanal???? Ti pensaches o que podes aforrar mandandoo a el facer a compra???
Meu deus!!! Alvariño é o soño de calquera sogra
Pois si que o Alvariño é todo un partido. O artículo excelente. E do que dicía Patri pois a min tenme pasado o mesmo. Non nos podemos deixar polas ofertas. Non todas son certas.
Deberiamos tomar máis conciencia a hora de comprar. Parece mentira pero nos tempos que corren podemos aforrar moito dun lugares a outros.....
María, rinme moito co teu comentario. Estou encantado de ser o “ídolo de Jessica”, pero o meu novo rol de “soño de calquer sogra”..., uf, dáme ata medo. Nunca reparara nesta cuestión. É máis, pensaba que con ser o soño da miña parella xa era suficiente. Creo que levas razón, é importante caerlle ben á sogra. As sogras teñen poder, non tanto como Bush, pero case. Eu prefiro non tratalas demasiado, é mellor non arriscarse, hainas que fulminan coa mirada. Non quero caer na xeneralización, pero cando o río soa... Non debería queixarme que tiven experiencias de todos os tipos, sogras entrañables e familias políticas adorables ás que cheguei a botar en falta, e tamén todo o contrario, unha sogra que nunca me aceptou. Qué bruxa era, unha auténtica “monxa brava”, creo que aínda estou traumatizado, ¡vade retro, Satanás!.
Pois se vos queixades vós das sogras Alvariño .... imaxínate o que diríamos moitas de nós. Date conta que somos nós as que lles marchamos cos seus "neniños da teta". Para as nais os seus nenos sempre teñen outra cousa que as súas nenas. Nós somos máis o olliño dereito dos pais, non? Iso din polo menos, así que ...
De todos modos, o tema das sogras é un tema interesante para un artigo. Quen se anima????
Publicar un comentario