** “Be patient, my friend” by Alvariño
D óeme a cabeza. Migraña. Qué día máis puñetero. Na vida real os malos gañan case sempre. Nas películas non, nas películas case sempre gañan os bos. Debe ser que na vida real fan falla máis heroes. Claro, ten que ser eso. Os malos son avariciosos a máis non poder, cánto noxo me dan. Hoxe estiven nun palacete en construcción, xa case rematado. ¿Pode sentirse un mal nun sitio tan suntuoso? Abofé que si, eu sentinme fatal. É normal que me doia a cabeza, foi unha situación estresante, moi estresante.
A diplomacia é así, hoxe sentinme coma se fora o embaixador do baldosín de visita nun país hostil. A misión, a priori, parecía un asunto sinxelo. Logo, o sinxelo foise complicando e empezou a prolongarse máis e máis. Máis horas, máis cuartos, máis salóns, non sei cantos baños, o despacho, a bodega, a lavandería, a chimenea, a piscina climatizada, o estanque grande, o estanque pequeno,... ¡uf! só lle falta unha estatua no xardín e un busto de bronce no oco das escaleiras. Se o tío Manolo segue delegándome este tipo de actividades voulle ter que pedir un plus de peligrosidade. Aturar tanta soberbia pode causar estragos irreparables na miña menguada psique.
Ós ollos dos testemuños foi un encontro cordial e distendido. ¡Puro teatro! Non foi un encontro cordial, foi un encontro interesado revestido de falsa cordialidade, xa sabedes, con moito sorriso falso por aquí e por alá. Ó dono do palacete gústalle que lle alaben o gusto, reflexo delirante do seu poderío económico. Sinceramente, creo que ten moita sorte, sempre está no lugar axeitado no momento apropiado. Non digo que non sexa intelixente, ser cabrón non é incompatible con ter certo grado de intelixencia. Quero dicir que ambos rasgos son perfectamente compatibles, polo menos no seu caso. Todo o luxo que o rodea procede de negocios feitos ó amparo da especulación urbanística e ó manexo de información privilexiada. Non é un segredo, presume constantemente das súas amizades e das súas “operacións”. É un luxo indecente. Detrás do enriquecemento ilexítimo está a desdicha de moita xente. Chegados a este punto seguro que vos preguntaredes que fago eu tratando con ese elemento. Eu tamén mo pregunto. Non me queda outro remedio, non teño poder para decidir con quen desexo tratar, ¿quén o ten?¿terao alguén?
Cando cheguei a miña casa tomei a medicación da migraña e púxenme a ver fotos no ordenador. Si, de sobras sei que é unha actividade totalmente contraproducente para a dor de cabeza. Pareceravos unha parvada, pero necesitaba facer urxentemente algo que me devolvese a confianza na humanidade, velo seu sorriso, recordar o seu talento, sentir que si estivera ó meu carón habíame de dar unha aperta e habíame de dicir unhas frases cheas de sabedoría que me axudaran a aceptar esta realidade tan amarga. Sei que sería así. Era unha persoa marabillosa, chea de paz, que me axudaba a non perder xamais a confianza: na xente, no futuro, na vida,... Espero non esquecelo nunca, nin a el, nin ó seu exemplo. “Hai que ter paciencia”. Estouno oíndo.
UN RELATO DE: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Un so sorriso de alguén como o último valen polas risas autosuficientes e sarcásticas de 50 como o primeiro.
E parafraseando tamén ó noso ben-querido e moi nomeado na páxina: García Márquez, desgraciadamente fan falta moitos dos primeiros para que realmente saibamos apreciar a un só dos últimos.
Pero sempre hai xente con talento especial, que os albisca ó lonxe.
Cada día gústame máis como pensa Alvariño!!!
Publicar un comentario