mércores, 14 de novembro de 2007

** Consumismo navideño en novembro ¿estamos tolos?

N ovembro, o mes que menos me gusta de todo o ano. E iso a pesar de que cada vez máis teño a sensación que xa é navidade cando se empeza este mes. ¿O motivo? O que todos sabemos. A decoración navideña en máis dun establecemento, rúas que xa están engalanadas, bombardeos de anuncios na t.v. (deberían estar prohibidos en determinadas franxas ata o mes de decembro, porque creo que é contraproducente para os cativos). En fin, que xa é nadal e eu sen enterarme. Ay, Julio, Julio que non te enteras...

O outro día preguntáballe un neno de 5 anos á súa nai en plena rúa:

- ¿E logo mamá, xa é navidad?
- Non, fillo, ata o mes que ven non. Aínda falta moito.
- ¿E entonces porque xa hai árbores de navidad nesa tenda? ¿e por qué xa puxeron tantas luces nesa calle mamá?
- Non sei fillo será que estaban aburridos e por iso os puxeron.

En fin, a inocencia dun cativo de 5 anos coas súas certeiras e inocentes preguntas deixan a calquera seco e case sen posiblidade de respostar. Se é que hai cousas que nin os adultos acadan comprender. Ó mellor máis que celebrar a Nadal queremos potenciar a chegada do consumismo de determindadas, e se se amplían estas datas mellor que mellor. Total como a xente gasta aínda que non chegue a final de mes, pois que máis da gastar en decembro que xa en novembro. Será que as hipotecas dos pisos van baratas ou que a cesta da compra sopra con vento a favor e a toda vela....

Lía hoxe que a xente se vai gastar menos no Nadal que outros anos. Se finalmente é certo noN me estraña en absoluto. Non. Porque con tanta subida de precios, nin que estiveramos nunha subasta....E a televisión bombardeando con anuncios. Que queredes o consumismo está en perigo de extinción e hai que potencialo non vaia ser que desapareza. Viva a retranca galega!!!

En fin, que nos tempos que corren e cos altosprezos en España ó mellor empezamos a pedirlles á Papá Noel ou ós Reis (ós magos, eh, que eu son deles e non de Papá Noel, falando un pouco de todo): tomates, froita, aceite, pan, porque tal e como están os precios para dicir que non. Ah, ó mellor ata é bo o carbón, que con tanto frío, non ven mal. Ou postos a pedir casi cambio o carbón por un barril de petróleo, que casi non gañamos para gasoil....E é que como xa dixen no seu momento neste mesmo blog: " Se Isaac Newton levantara a cabeza", voltaría a baixar porque non todo o que sube baixa, por desgracia....



UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Penso o mesmo, cada vez o Nadal empeza máis cedo. Os da Lareira debemos ter telepatía, eu tamén teño escrito un artigo da mesma temática. Fáltame teclealo no pc, en canto o faga xa o enviarei. Tituleino: “Yellowfin and christmas business”. O dos títulos en inglés non é unha nova extravagancia miña, e que estou facendo un curso de inglés e sáenme sos. A min parécenme axeitados, creo Shakespeare pensaría o mesmo. Ademais, agora, que estamos na época da globalización e da sociedade multicultural, non me parece mal mesturar un pouco as linguas. Un día téñome que lanzar e escribir un artigo enteiro en Galenglish.

Toupeira dixo...

Cada año me gustan menos las navidades.