** O retorno dos Olé Olé .....¿un acerto ou un erro?
Olé Olé é un dos grupos españoles máis famosos e un dos meus favoritos. Xurdiu no ano 1982 e desfíxose en 1993. Na súa primeira etapa a súa cantante foi Vichy Larraz. Dos seus beizos puideoms escoitar temas musicais tan inesquecibles como "No Controles" ou "Voy a mil". Logo Vicky optou por cantar en solitario (chegou a representar a España no Festival de Eurovisión co tema "Bravo Samurai" no ano 1987), e os Olé Olé apostaron a finais dos 80 por unha tal Marta Sánchez, daquela descoñecida. "Lili Marlen", "Soldados del Amor" ou "Con solo una mirada" foron algunha das cancións famosas desta segunda etapa, sen dúbida a máis lembrada deste grupo.
Houbo unha terceira etapa, logo de que marchara do grupo Martiña para emprendar a súa propia carreira (hoxe aínda triunfa, a diferencia de Vicky Larraz que xa non). Nesta terceira etapa outra cantante foi a vocalista. Seleccionará nun casting. A elixida foi a canaria Sonia del Rosario Santana(¿será familair da tamén canaria Raquel del Rosario, de "El Sueño de Morfeo"?), pero que pasou practicamente desapercibida baixo o meu punto de vista. E iso que a súa canción "No mueras posibilidad" gustoume.
14 anos despois, voltan. A idea era ter volto tódolos compoñentes que botaran a andar ó grupo: catro máis Vicky Larraz. Pero desavenencias de última hora, deron ó traste con esta fermosa idea dun regreso mitómano. So dous dos seus compeñentes orixarios voltaron: Gustavo Montesano (único que permaneceu nas tres etapas anteriores) e Luis Carlos Esteban. E a vocalista é unha descoñecida Marta.....pero Marta Domínguez. E de novo unha canaraia. Nesta ocasión unha Miss Tenerife que renunciou -según din- ó seu título para aceptar a proposta dos Olé Olé.
Quitaron un disco que leva por título "Grandes éxitos y otras terapias de grupo". Tres son os temas novos e o resto son versións de cancións antigas.
Temas nuevos:
1- Amor de aire (Gustavo Montesano)
2- Perdidos en el mal (Luis Carlos Esteban)
3- Sol del lupanar (Marcelo Montesano)
Grandes éxitos:
4- Voy a mil
5- Adrenalina
6- Yo soy infiel
7- Pasos de mujer
8- Lili Marlen
9- Con sólo una mirada
10- Soldados del amor
11- Sola
12- No controles
Non sei cómo nin canto durará esta cuarta entrega dos Olé Olé. Particularmente penso que é unha mágoa que non tivese voltado Vicky Larraz. Que non sexa ela senón unha cantante de 20 anos, pois non é o mesmo. Máis que unha retorno mesmo se podería dicir que é unha formación nova, na que permanecen dous dos compoñentes dos Olé Olé inciais. Están no seu dereito de voltar, o que non me parece tan ben e que versionen as súas cancións de sempre, as que os fixeron famosos. Non por nada, senón porque non deixa de ser unha violación do seu propio recordo. Polo menos para min. Entendo que é lóxico que o fagan, pero coido que un disco dunha formación moi remodelada debería ser un disco enteiramente novo e non amapararse en vellos temas. Outra cousa é que nos concertos cantase eses temas famosos, pero un disco novo non poden ser so 3 cancións novas e as outras 9 versións....É unha media estafa desde o meu punto de vista.
Oxalá triunfen de novo e non sexa flor de un día, pero dame que non van durar moito. Deixovos un vídeo da súa nova canción "Amor de Aire" que non está nada mal, outro dunha remezcla dos seus éxitos. En todos eles canta Marta Domínguez.
** "Amor de aire" (Con Marta Domínguez)
** Medley (con Marta Domínguez)
Para os nostálxicos, coma un servidor, tamén vos deixo os vídeos de:
** "No Controles" (Olé Olé. Cantante: Vicky Larraz). Actuación no programa de TVE Estudio Abierto no ano 1983
** "Bravo Samurai" (Vicky Larraz en solitario. Ano 1987, representando a España no Festival da OTI)
** "Lili Marlen (Olé Olé xa con Marta Sánchez de cantante, unha actuación do ano 1987 no Un, Dos Tres)
** "Soldados del amor" (Olé Olé con Marta Sánchez. Ano 1990)
** "Desesperada" (Marta Sánchez en solitario. Ano 1993)
** "No mueras posibilidad" (Olé Olé con Sonia del Rosario. Ano 1992)
MOITA SORTE OLÉ OLE!!!! ¿un acerto ou un erro a vosa volta? Oxalá triunfedes, aínda que o vexo difícil, por desgracia. Ademais a sombra da outra Marta, a Sánchez é mo alongada. Unha petición: ¿por que non facedes un disco novo de todo? Non estaría de máis. Que manía teñen os grupos musicais e os cantantse de recopilar periodicamente e intercalar temas novos e vellos nun mesmo disco...
Artigo elaborado por: Julio
A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Olé Olé é tamén un dos grupos que marcaron a miña infancia e primeira adolescencia. Lembro como meu pai nos mercaba a miña irmá e máis a min tódalas súas cintas para despois vernos canturrear e bailotear ó son da voz de Vicky e máis tarde Marta. Calquera das dúas moi boas voces. Pero hoxe vou facer de avogada do demo, posto que, primeiro, non é que Marta aínda continúe triunfando mentras Vicky xa non o fai. Diso nada Juliño. Vicky leva anos a traballar nos Estados Unidos cunha carreira importante ás costas, só que, se cadra (tampouco é que siga a súa carreira ó detalle) faino dun xeito máis á sombra do que o fixo Marta. Que alguén non esté tódolos días na TV ou nos papeis non significa que triunfe máis ou menos, só que é máis ou menos famosa, termos que como ti xa sabes, non son sinónimos.
Por outro lado, a canción aquela de “No mueras posibilidad”, xa a cantaba tamén Marta, non?
O que non sabía era o desa terceira vocalista, esa etapa do grupo debinma perder.
Qué pasará agora co novo Olé Olé, pois non o sei, poida que triunfen, poida que non. A min paréceme máis unha estratexia de marketing para vender e punto. Imaxino que isa é tamén a resposta á pregunta que te fas ti, Julio. Que porqué non sacan disco novo en vez de recurrir ós éxitos seguros? Pois por iso: cartos. Para que arriscar cando xa teñen os cartos asegurados no peto??? En calquera caso, creo que, marketing a parte, debemos darlle unha oportunidade á nova vocalista. Lembrade que cando Vicky marchou para deixar paso a Marta, ninguén daba un peso por ela. O que máis e o que menos prefería fixarse na súa dianteira en lugar de na súa voz, e sen embargo, ahí está Marta anos despois, compatibilizando a súa vida familiar e profesional ó parecer con bastante éxito á vista do seu último cd. Marta foi quen de calar todas aquelas bocas que pensaban que non pasaba de ser unha cara bonita e un corpo espectacular. Non só e unha gran cantante senón, polo menos na miña modesta opinión, un exemplo para moitos e moitas en canto ó mundo do cuore se refire. Ela foi capaz de equilibrar o peso da fama e pese a etapas como aquela na que se viu obrigada a posar medio espida no interviu de man dunha chantaxe, ahora é unha dama respetada no mundo da música española que ademáis ten pouco con quen comparala.
Nótase moito que son fan???
Estou de acordo con case todo que dis María. É certo que máis ben tería que ter dito que non tivo tanta repercusión a carreira en solitario de Vicky Larraz e non o que dixen sobre que non triunfou. Rectifico e douche as gracias por darme o toque para que matizara.
Sobre o de que "No mueras posibilidad" é canción de Marta Sánchez estás errada. Pertence ó último traballo de Olé Olé previo ó seu silencio durante os últimos 14 anos. E neste disco lanzado a finais de 1992 xa estaba de vocalista Sonia Santana.
E sí, nótase moito que tamén che gusta Olé Olé. Olé por ti María!!!! jeje.
Carpe Diem
¿E ó resto non lle gustaba Olé Olé? ¿Gústanvos os videoclips do grupo ou das súas excompoñentes que puxen? ¿Con que canción de todas as de Olé Olé vos quedariades se solo puiderades escoller unha?
Gracias polo breve recordo do grupo ole-ole. Moitas cancións escoiteinas, gustáronme, pero non sabía que pertencían a este grupo. Tampouco sabía, quenes foron as súas vocalistas, agás Marta Sánchez. Son inculta nestes aspectos, pero nesta vida estamos para aprender día a día.
Non son fan, pero son cancións que me gustan e algunhas traen gratos recordos.
Estou dacordo con vos en todo o que comentades, chámame a atención que se volva a mesma formación, con xente nova, excepto dous, case poderíamos decir que estamos falondo dun novo grupo (creo que o mencionabas Julio).
E como di María, gran parte é cuestión de marketing.
De todos modos, normalmente cando coñeces dúas versións dunha mesma canción. eu prefiro a primeira.
Bo día a todos.
Publicar un comentario