luns, 28 de setembro de 2009

** Xa é oficial: A Lareira Máxica, finalista nos 20 Blogs

Hoxe produciuse a confirmación oficial dos resultados dos Premios 20 Blogs 2009 (organizado polo xornal "20 Minutos") que xa vos adiantaba o pasado venres 18 de setembro. A Lareira Máxica quedou 4ª na categoría VERSIÓN ORIXINAL (blogs escritos en lingua distinta ó castelán). O gañador foi un blog escrito en francés, segundo quedou outro blog galego "Cinema Friki", e de terceiro un microblog escrito en inglés. Parabéns a todos eles, en especial a Cinema Friki, que se ben non gañou, a punto estivo.

Na xeral, A Lareira Máxica quedou nun posto 96º, cos 26 votos xa ditos. No concurso participaron máis de 5.000 blogs. No tocante á categoría de Deseño A.L.M. tivo 3 votos e rematou no posto 61ª.

Agora, cada un dos 5 primeiros blogs (agás en tres categorías nas que pasan 6, ó haber empate no 5ª posto entre dúas bitácoras) das 20 categorías pasan á gran final, na que un xurado de expertos elixirá o mellor blog 2009. O/s gañador/es daranse a coñecer o 22 de octubre na festa de entrega de premios en Madrid. En total serán 99 blogs na final, xa que nunha das categorías (Mellor Deseño) os 5 primeiros clasificados xa o foron tamén noutra. Ou sexa: 5 x 20= 100 blogs -5 que coinciden= 95 + 4 blogs empatados mp 5ª posto (nas categorías de cine/televisión; deportes; humor; e latinoamericano) - 99 blogs finalistas.

Ougallá haxa sorte, pero dame que o xurado se vai inclinar por elixir o mellor blog entre os gañadores das 20 categorías. Ó sumo podería entrar nas deliberacións algún segundo. Espero equivocarme e que A Lareira Máxica sexa un serio candidato ó triunfo final, pero dado que está en galego coido que o xurado tirará por algún escrito en castelán. Senón tempo ó tempo.

Aquí tedes o cadro completo de finalistas e a clasificación definitiva nas distintas categorías.

No meu nome e no de todos @s colaboradores/as que fan posible A Lareira Máxica: gracias ós participantes nos Premios 20 Blogs 2009 que votástedes polo noso blog. Alédome que vos gustara o blog. Son 26 votos na categoría V.O. (e 3 na de Deseño) que animan a continuar,xa que máis dunha vez me reprantexei seguir adiante co blog. Algo que a tódolos bloggers lles pasou, pasa ou pasará en varias ocasións.

9 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dixo...

Noraboa!!!!!!! Felicidades a todos!!!!

sonia dixo...

Felicidades a todos, e con respecto a Lareira, pasé o que pasé, sempre será ese recuncho cercano e preto, sempre será a un Blog positivo, un gañador.

Anónimo dixo...

Enhorabuena, muchas felicidades. Es un premio merecido. :-D

Alvariño dixo...

¡Estupendo, quedamos bastante ben! Julio, se che apetece seguir adiante co blog xa sabes que aquí tes un colaborador. Se algún día decides darlle un descanso, tamén entenderei a túa decisión. Supoño que son etapas da vida, os intereses van mudando e as aficións tamén. ¡Saúdos!

Julio Torres dixo...

Gracias ós catro.

María, Alvariño e Sonia: lembrade que vos sodes colaboradores habituais do blog, ó igual que Mariam, O Moucho, Jose, Patricia Loureiro, en especial, aínda que hai algunha e algunha colaboradora máis. E ougallá aumenten.

Alvariño: tranquilo, o día que peche o blog será porque non me quede máis remedio e non por falta de ideas ou artigos que vos podo asegurar que teño bastantes. Polo de agora, reducirei a periodicidade cando o precise (que será cando a reducción do tempo se teña que impoñer necesariamente por diversos motivos persoais ou laborais). Como xa pasou noutras ocasións.

Gracias, de todo corazón, a volos tres e tamén a Markos, ó que lle dou a benvida a A Lareira Máxica e o convido a seguir participando nela en forma de comentarios e/ou artigos.

Im-Pulso dixo...

Noraboa.
Unha aperta.

Meiguiña dixo...

Noraboa Julio.

Mil biquiños amigo.

Julio Torres dixo...

Félix, Meiguinha, Oscar: moitas gracias polos vosos parabéns!!!

Oscar: benvido a A Lareira Máxica, blog no que estás convidado, ó igual que tod@s que o visitan, a participar nel en forma de comentarios ou os teus artigos.

O moucho dixo...

Alegrome Julio que sigas tendo ese espiritu periodistico que te apasiona. Neste blog vese que tes moito gancho coa xente, o que se traduce en que tes unha enorme humanidade e un corazon aberto a todos. É por iso que todos estan tan ledos contigo. Que siga así por moitos, moitos moitos anos.